Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
A dos escandentios (Scandentia) é unha orde de mamíferos placentarios de costumes arborícolas,[1] coñecidos vulgarmente na bibliografía internacional como tupaias[2] ou musarañas arborícolas.[3]
Escandentios Scandentia Rango fósil: mioceno - actualidade | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Tupaia de Xava (Tupaia javanica) | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Familias | |||||||||||||||||||||||||
Son animais de pequeno tamaño e aspecto primitivo que viven nas selvas do sueste asiático. Porén, trátase do grupo máis achegado aos primates, despois dos dermópteros.
A orde comprende dúas familias, as dos Tupaiidae e os Ptilocercidae,[1] a primeira con catro xéneros,[4] e a segunda cun.[5]
As tupaias son pequenos mamíferos arborícolas similares en aparencia aos esquíos, que viven actualmente nas selvas do sueste asiático.[6]
Presentan molares dilambodontes, e os seus incisivos superiores son fortes e de forma cónica. O seu intestino está provisto de cego. Mostran algúns trazos que os aproximan aos primates, como o encéfalo relativamente grande e os lóbulos olfactivos pouco desenviolvidos. Os testículos están sempre contidos nun escroto. Os dedos están provistos de garras, co polgar disposto en diagonal.[6]
Estes animais son xeralmente diúrnos, e teñen a visión ben desenvolvida, o que constitúe o principal medio de orientación. Aliméntanse tanto de insectos como de froitos.[6]
A orde foi descrita en 1855 polo paleontólogo e zoólogo alemán Johann Andreas Wagner,[1] na súa obra Die Säugthiere in Abbildungen nach der Natur mit Beschreibungen.[Cómpre referencia]
O nome da orde, Scandentia, está formado pola raíz latina scandent-, tirada do xenitivo do termo do latín clásico scandēns, -tis, participio do verbo scandō, scandi, scansum, scandere, "rubir", "agatuñar", e a forma -ia, indicando plural, utilizada para fomar os nomes das ordes.[7]
En canto ao nome vulgar tupaia deriva do malaio tupai "esquío" ou "pequeno animal que semella un esquío".[8]
Os membros desta orde consideráronse, en primeira instancia, como insectívoros,[9] e máis tarde foron incluídos na orde dos primates, sobre a base de certas similitudes anatómicas con estes como, por exemplo, a estrutura do cerebro,[6] e clasificados como prosimios primitivos.[1]
Porén, recentes estudos filoxenéticos moleculares puxeron de manifesto que os tupaias deben de ter a mesma categoría taxonómica (orde) que os primates, dentro do clado dos Euarchonta, que inclúe tamén aos dermópteros. De acordo con estes estudos, Euarchonta é o grupo irmán dos Glires (Lagomorpha + Rodentia), e Euarchonta + Glires forman o clado de rango superior Euarchontoglires.[10]
Porén, propuxéronse outras relacións entre ditas ordes.[11]
Euarchontoglires |
| ||||||||||||||||||||||||||||||
Segundo Mammals Species of the World, a orde comprende dúas familias,[1] cos seguintes xéneros:[4][5]
Porén, o SIIT outórgalle ao grupo a categoría sistemática de infraclase (mantendo as dúas familias citadas).[12]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.