From Wikipedia, the free encyclopedia
Johann Andreas Wagner, nado en Núremberg (Alemaña) o 31 de marzo de 1797, e finado en Múnic en 1861 foi un paleontólogo, zoólogo e arqueólogo alemán.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de marzo de 1797 Núremberg, Alemaña |
Morte | 17 de decembro de 1861 (64 anos) Múnic, Alemaña |
Educación | Universidade de Múnic |
Actividade | |
Campo de traballo | Paleontoloxía, zooloxía, arqueoloxía e ciencias naturais |
Ocupación | biólogo, zoólogo, entomólogo, arqueólogo, antropólogo, paleontólogo, profesor universitario |
Empregador | Universidade de Múnic |
Membro de | |
Obra | |
Abreviatura do autor en zooloxía | Wagner |
Descrito pola fonte | Allgemeine Deutsche Biographie (pt) Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
O nome de Wagner recórdase só ocasionalmente na actualidade xeralmente con respecto aos seus primeiros estudos sobre dinosauros, pterosauros e aves ancestrais. Tamén apareceron recentemente algúns traballos en Alemaña sobre a súa orientación relixiosa conservadora, e como isto podería ter afectado o seu punto de vista paleontolóxico.[1]
Wagner interesouse especialmente na distribución xeográfica das especies, e as tres partes da súa gran monografía Die Geographische Verbreitung der Säugethiere Dargestellt, publicada entre 1844 e 1846, representa un esforzo pioneiro para entender como as similitudes ecoxeográficas das faunas do Vello e o Novo Mundo poderían ser debidas ás súas similitudes climáticas, especialmente nas latitudes altas.[1]
Doutorado en 1829, foi nomeado profesor na Universidade de Erlangen en 1832.
Foi profesor de zooloxía e conservador no Zoologische Staatssammlung de Universidade de Múnic en 1836, sendo nomeado catedrático de dita universidade en 1843.
Na universidade muniquesa foi o primeiro profesor ordinario de paleontoloxía (1844-1846).
Durante eses anos publicou a súa famosa obra Die Geographische Verbreitung der Säugethiere immondis en tres partes na Abhandlungen, Bayerische Akademie der Wissenschaften, Philosophisch-Historische Klasse.
En 1845 publicou o seu Geschichte der Urwelt.
En 1855 foi nomeado membro correspondente da Academia Rusa de Ciencias.
En 1861 publicou un breve artigo sobre un espécime de Archaeopteryx.
En 1861 publicou unha breve descrición das especies de dinosauros do xénero Compsognathus.
Morreu en Múnic, Alemaña, o 17 de decembro de 1861.[1]
A abreviatura Wagner emprégase para indicar a Johann Andreas Wagner como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.