Universidade de Alemaña From Wikipedia, the free encyclopedia
A Universidade de Múnic (Ludwig-Maximilians-Universität - LMU) é a universidade da cidade de Múnic, a capital de Baviera. É de orixe medieval, coñecida nun principio co nome de Universidade de Ingolstadt. O seu nome débese ao seu fundador, o duque Lois IX e o rei Maximiliano I Xosé.[1]
Universidade de Múnic | |
---|---|
Datos xerais | |
Fundación | 1472 (como Universidade de Ingolstadt até 1802) |
Datos actuais | |
Profesores | 700 (2010) |
Datos de contacto | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Universidade de Múnic foi especialmente considerada desde o século XIX como unha das universidades máis prestixiosas de Alemaña e de Europa; con 34 premios Nobel, ocupa o posto número 5 en todo o mundo en canto a laureados, incluíndo Wilhelm Röntgen, Max Planck, Werner Heisenberg, Otto Hahn, Thomas Mann e moitos outros (consulta a lista extensa a continuación). O Papa emérito Bieito XVI foi estudante e profesor da universidade.
No semestre académico de inverno 2010-2011 o número total de alumnos matriculados alcanzou os 46 000, unha cifra coa que esta universidade (en canto ao número de estudantes) se situou como a segunda máis grande de Alemaña. Arredor de 700 profesores imparten clases nas 18 facultades do Ludwig-Maximilian. [2] [3] Cos seus 150 cursos, a Universidade de Múnic ofrece un espectro particularmente amplo en termos de áreas de coñecemento, incluíndo algúns cursos que non se ofrecen en ningún outro lugar da zona xeográfica de fala alemá.[2] En ciencias naturais, a LMU está en competencia directa coa Universidade Técnica de Múnic. A Ludwig-Maximilian é unha das tres primeiras universidades que foron seleccionadas no marco da liña "concepción do futuro", unha iniciativa dirixida a promover a excelencia académica definindo universidades de elite. A universidade participa na "rede de elite bávara".[4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.