From Wikipedia, the free encyclopedia
A dos erinaceomorfos (Erinaceomorpha) é unha orde de mamíferos placentarios laurasiaterios que inclúe unha soa familia, a dos erinaceidos (Erinaceidae),[1] antes incluída na antiga orde dos insectívoros, hoxe desbotada.[1]
Erinaceomorfos Erinaceomorpha Ourizos e ximnuros | |||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Erinaceus europaeus (erinaceino) | |||||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
Subfamilias | |||||||||||||||||||||||||||
|
A orde inclúe os coñecidos ourizos de Eurasia e África (subfamilia dos Erinaceinae) e os menos coñecidos en occidente ximnuros, do sueste asiático (subfamilia dos Galericinae).
Os erinaceidos teñen un corpo xeralmente semellante, na súa forma, ao das musarañas, co fociño longo e a cola curta. Porén, son moito máis grandes, xa que o tamaño do seu corpo varía normalmente desde 10 a 15 cm de lonxitude, e alcanzan de 40 a 60 g de peso (no caso do ximnuro de cola curta, Hylomys suillus, o maior dos ximuros ou ratas lunares, a lonxitude chega a de 26 a 45 cm, e o peso, de 1 a 1,4 kg).
Todas as especies teñen cinco dedos en cada pata, nalgúns casos dotados de fortes garras para escavar. As orellas e osollos son grandes. Os ourizos teñen os pelos modificados en espiñas afiadas, que forman unha cuberta protectora sobre a parte superior do corpo e os flancos, mentres que os ximnuros teñen só pelo normal.
A maioría das especies teñen glándulas anais odoríferas, que están moito máis desenvolvidas nos ximnuros, que desprenden cheiros que se perciben a gran distancia.[2]
Os erinaceidos son omnívoros, aínda que a maior parte da súa dieta está composta por insectos, vermes e outros pequenos invertebrados. Pero tamén comen sementes e froitos e, ocasionalmente, ovos de aves, así como calquera prea que estea ao seu alcance.
Os seus dentes son afiados e adecuados para atravesar ás presas invertebradas. A fórmula dentaria é: 2-3.1.4.3 / 3.1.2-4.3.
Os ourizos son de hábitos nocturnos; en cambio os ximnuros son menos nocturnos, e poden ser activos tamén durante o día.
Moitas especies viven en tobos simples, mentres que outras constrúen niños temporais sobre a superficie do solo con follas e herbas, ou se refuxian en ocos de troncos das árbores ou en agochos similares.
Os erinaceidos son animais solitarios fóra da temporada de cría, e o pai non desempeña ningún papel na crianza da prole.[2]
As femias dos erinaceidos paren tras un período de xestación de ao redor de seis a sete semanas. As crías acabadas de nacer son cegas e carecen de pelo, aínda que aos ourizos empezan a brotarlle as espiñas ás 36 horas do nacemento.
A orde dos Erinaceomorpha foi descrita en 1910 polo paleontólogo estadounidense William King Gregory.
Pol súa parte a familia dos Erinaceidae fora descrita anteriormente, en 1814 polo anatomista e paleontólogo alemán, nacionalizado ruso, Johann Fischer von Waldheim na súa obra Gotthelf Fischer (1814): Zoognosia tabulis synopticus illustrata, in usum praelectionum, Editio tertia, Volumen tertimum. Mosquae, Typis Nicolai Sergeidis Vsevolosky, editada pola Academia Médico-Cirurxica Imperial de Moscova.[3]
O nome Erinaceomorpha está formado polos elementos do latín científico erinace-, de Erinaceus, nome de xénero, derivado do latín ericĭus, "ourizo cacho", coa desinencia -āceus, "semellante a", e -morpha, forma neutra derivada do grego antigo μορφή morphé, "forma", unidos ambos os elementos pola vogal de unión -o-. Literalmente: "os semellantes aos ourizos".
O nome da familia Erinceidae está formado, como é usual, coa raíz do nome do xénero tipo da familia, Erinaceus, e a desinencia ´-idae, derivada do grego εἶδος eîdos, "forma", usada para formar os nomes da familias de animais.
Erinaceomorfos e erinaceidos son, obviamente, as adaptacións ao galego dons nomes latinos correspondentes.
Ximnuro é un termo orixinado a finais do século XIX, derivado do latín científico Gymnura (antigo nome de xénero), tirado do grego antigo γυμνόσ gymnós, "espido, espida" e ουρά ourá, "cola de animal", "rabo".[4]
Describíronse 12 xéneros e 43 especies de erinaceomorfos, algúns deles e delas fósiles. Na actualidade, a orde comprende os seguintes taxons:[1][3]
Orde Erinaceomorpha Gregory, 1910
O dos erinaceidos é un grupo relativamente primitivo de mamíferos placentarios, que cambiaron moi pouco desde a súa orixe no eoceno. O chamado 'ourizo xigante' (realmente un ximnuro) Deinogalerix †, do mioceno do Gargano,[5] era do tamaño dun coello grande, e podía comer vertebrados ou prea, en lugar de insectos.[6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.