Remove ads
orde de mamíferos From Wikipedia, the free encyclopedia
Os monotremos,[2] ou monotremados,[3] é unha orde de mamíferos, a única da subclase dos prototerios.[4] os únicos con reprodución ovípara. Están moi pouco estendidos, tan só nalgunhas zonas do continente de Oceanía, en Australia, Papúa-Nova Guinea e Tasmania.
Monotremos ou monotremados Monotremata Rango fósil: Xurásico inferior[1] – Holoceno | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Equidna de fociño curto | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Subordes, Familias e Xéneros actuais | |||||||||||||||||||||
|
A orde inclúe as especies actuais de mamíferos máis primitivas, que teñen diversas características reptilianas, como a reprodución ovípara (son os únicos mamíferos que poñen ovos), e a presenza de cloaca, orificio onde conflúen os tractos dixestivo, urinario e reprodutor; o seu nome fai referencia a esta característica e significa "un só orificio". Existen poucas especies de monotremos; entre elas, son ben coñecidos o ornitorrinco e os equidnas.
Inclúense nos mamíferos debido a que as crías son aleitados, por medio dunhas glándulas mamarias parecidas ás sudoríparas, entre outras características propias deste tipo de animais: gran presenza de pelo, sangue quente etc.
Durante moito tempo, os monotremos estiveron clasificados como un grupo de réptiles cubertos de pelo, até que despois de 200 anos identificáronse inequivocamente como mamíferos, pois neles se encontran todas as características que definen a clase:
A orde foi descrita en 1837 polo naturalista francés Charles Lucien Bonaparte.[4]
O termo científico Monotrēmata está formado polos elementos do latín científico mono-, calco do grego antigo μονο-, derivado de μόνος mónos, 'único', e -trēmat, derivado do grego antigo τρῆμα -ατος trẽma -atos, 'abertura', 'orificio', coa adición da desinencia -a, indicando plural. Literalmente, 'os que teñen un só orificio'.[5]
A orde comprende as subordes, familias, xéneros e especies seguintes: (Só se inclúen os taxons actualmente viventes)
Orde Monotremata Bonaparte, 1837
Árbore filoxenética dos monotremas (inclúense os taxons extintos):
--o Monotremata Bonaparte, 1837 (~Prototheria Gill, 1872) |-o Kollikodontidae Flannery, Archer, Rich & Jones, 1995 (†) | `-o Kollikodon Flannery, Archer, Rich & Jones, 1995 (†) | `- K. ritchiei Flannery, Archer, Rich & Jones, 1995 (†) |-o Platypoda Gill, 1872 | `-o Ornithorhynchidae Gray, 1825 | |-o Monotrematum Pascual & al., 1992 (†) | | `- M. sudamericanum Pascual & al., 1992 (†) | |-o Obdurodon Woodburne & Tedford, 1975 (†) | | |- O. dicksoni Archer, Jenkins, Hand, Murray & Godthelp, 1992 (†) | | `- O. insignis Woodburne & Tedford, 1975 (†) | |-o Ornithorhynchus Blumenbach, 1800 | | |- O. anatinus (Shaw, 1799) | | `- O. maximus - (†) | |-o Teinolophos Rich, Vickers-Rich, Constantine, Flannery, Kool & van Klaveren, 1999 (†) | | `- T. trusleri Rich, Vickers-Rich, Constantine, Flannery, Kool & van Klaveren, 1999 (†) | `-o Steropodon Archer, Flannery, Ritchie & Molnar, 1985 (†) | `- S. galmani Archer, Flannery, Ritchie & Molnar, 1985 (†) `-o Tachyglossa Gill, 1872 |-o Kryoryctes Pridmore, Rich, Vickers-Rich & Gambaryan, 2005 (†) | `- K. cadburyi Pridmore, Rich, Vickers-Rich & Gambaryan, 2005 (†) `-o Tachyglossidae Gill, 1872 |-o Megalibgwilia Griffiths, Wells y Barrie, 1991 | `- M. ramsayi (Owen, 1884) (†) |-o Tachyglossus (Shaw, 1792) | `- T. aculeatus `-o Zaglossus Gill, 1877 |- Z. attenboroughi Flannery & Groves, 1998 |- Z. bartoni (Thomas, 1907) |- Z. bruijni (Peters & Doria, 1876) |- Z. hacketti (Glauert, 1914) (†) |- Z. harrisoni Scott & Lord, 1922 (†) |- Z. owenii (†) `- Z. robusta Dun, 1895 (†)
O clado Australosphenida foi proposto por Luo et al. (2001)[6] aínda que se deixou sen rango por non gardar a xerarquía de Linneo. Benton (2005) clasifícao como superdivisión, algúns niveis por debaixo da subclase.[7]
McKenna e Bell (1997) dividiron a orde en Platypoda e Tachyglossa, aínda que a data de diverxencia non está concretada.[8][9]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.