Roedores
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os roedores (Rodentia) representan a rama máis abundante e distribuída dentro dos mamíferos. Actualmente hai entre 2.000 e 3.000 especies de roedores.
Roedores Rodentia Rango fósil: Paleoceno – Actualidade | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Funambulus palmarum | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
![]() de tódalas especies de roedores Distribución combinada de tódalas especies de roedores | |||||||||||||
Subordes | |||||||||||||
|
Recoñécense facilmente pola presenza dun único par de incisivos superiores de crecemento continuo cunha grosa capa de esmalte na parte dianteira. Os machos posúen un óso peneano e as femias útero dobre.
Inclúe especies coñecidas como esquíos, marmotas, castores, ratos, hámsteres, lemmings, ratas, leiróns, cobaias, maras, agutís, pacas, chinchillas etc.
Morfoloxía
A maioría dos roedores teñen pata curtas, son cuadrúpedes e son relativamente pequenos. A súa característica común principal son os dous incisivos, de gran tamaño e crecemento continuo, situados nos maxilares inferior e superior, e que só están cubertos de esmalte na parte frontal. Na parte interior a dentina queda exposta.[1] A pesar das súas características comúns, os roedores desenvolveron unha gran variedade de formas segundo o seu hábitat e o seu estilo de vida.
Anatomía exterior
O tamaño dos roedores varía entre as especies ananas como Mus minutoides ou o Micromys minutus, que con frecuencia pesan menos de cinco gramos; e o Hydrochoerus hydrochaeris, o roedor máis grande do mundo, que ten unha lonxitude da cabeza á cola de entre 100 e 130 centímetros, e que pode chegar a pesar entre 50 e 60 kg.[2][3] Outros roedores de gran tamaño son o castor, a pacarana ou a paca. Aínda así, a maioría dos roedores teñen un tamaño entre o dun rato e o dunha rata, e miden entre 8 e 30 centímetros de longo.
Os roedores normalmente teñen unha pelaxe espesa, con pelos longos e curtos. Só a cola é case calva nalgunhas especies e só existe unha especie que é case calva en todo o corpo, a Heterocephalus glaber.[4]

Na maioría dos casos, a coloración do pelo é de cores pouco rechamantes que axudan a camuflarse. Normalmente son grises ou castaños, mais os roedores que viven no deserto poden ser de cor amarela. De todos os xeitos tamén hai pelaxes con moitas cores, como é o caso dalgúns esquíos tropicais.
A maioría dos roedores teñen cola e só nalgunhas formas de grandes dimensións ou de estilo de vida subterráneo a cola é rudimentaria e non sobresae ao exterior. Nalgunhas especies arborícolas, a cola é prénsil,[5][6] e no caso dos castores exerce como un leme, aplanado e calvo. En numerosas especies a cola pode separarse do corpo con facilidade, para facilitar a fuxida dos predadores;[7] na maioría dos casos a cola medra de novo parcialmente.
Os roedores adoitan ter un nariz curto e redondeado na punta do fociño. O rinario é rudimentario ou nalgúns casos ausente. A cavidade bucal está dividida en dúas partes por unha abertura; a parte interior inclúe os incisivos e a parte posterior inclúe os premolares e os molares. O diastema que hai no medio permite pasar ao labio.[8]
Ademais, a pel peluda da cara colócase detrás dos incisivos (Inflexum pellitum). As dúas adaptacións evitan que no momento de roer se introduzan obxectos estraños non dixeribles na boca. O labio superior normalmente está dividido, de xeito que os incisivos son visibles mesmo cando o animal ten a boca pechada. A lingua é curta e compacta cunha punta obtusa, que nunca sobresae por riba dos incisivos. As papilas gustativas, presentes ata a punta da lingua, son pequenas e semellantes a un fío. No caso dos Hystricidae, tamén están un pouco agrandadas e duras. Na maioría das especies, a raíz da lingua posúe tres papilas caliciformes.
Moitas especies teñen grandes bolsas nas faceiras que chegan ata as orellas e están cubertas de pelo. Estas bolsas poden sacarse de dentro cara a fóra para limpalas.[9] No caso dos hámsteres, as súas aberturas atópanse nos ángulos da boca, mentres que nos Geomyoidea se atopan na parte exterior das meixelas.
Clasificación
A antiga subdivisión da orde dos roedores en dúas subordes, Sciurognathi e Hystricognathi foi descartada hai tempo. Na actualidade, os roedores divídense en cinco subordes, segundo o seguinte esquema:[10]
Suborde Anomaluromorpha
- Familia Anomaluridae
- Familia Pedetidae
Suborde Castorimorpha
- Superfamilia Castoroidea
- Familia Castoridae
- Superfamilia Geomyoidea
- Familia Geomyidae
- Familia Heteromyidae
- Superfamilia Castoroidea
Suborde Hystricomorpha
- Familia Diatomyidae
- Infraorde Ctenodactylomorphi
- Familia Ctenodactylidae
- Infraorde Hystricognathi
- Familia Bathyergidae
- Familia Hystricidae
- Familia Petromuridae
- Familia Thryonomyidae
- Parvorde Caviomorpha
- Familia Heptaxodontidae†
- Familia Abrocomidae
- Familia Capromyidae
- Familia Caviidae
- Familia Chinchillidae
- Familia Ctenomyidae
- Familia Cuniculidae
- Familia Dasyproctidae
- Familia Dinomyidae
- Familia Echimyidae
- Familia Erethizontidae
- Familia Myocastoridae
- Familia Octodontidae
Suborde Myomorpha
- Superfamilia Dipodoidea
- Familia Dipodidae - xerbos
- Superfamilia Muroidea
- Familia Calomyscidae -
- Familia Cricetidae - hámsteres, ratas e ratos do Novo Mundo
- Familia Muridae - ratos e ratas verdadeiras
- Familia Nesomyidae -
- Familia Platacanthomyidae
- Familia Spalacidae
- Superfamilia Dipodoidea
Suborde Sciuromorpha
- Familia Aplodontiidae - Aplodontia rufa
- Familia Gliridae - leiróns
- Familia Sciuridae - esquíos, cynomys e marmotas
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.