Histricognatos

From Wikipedia, the free encyclopedia

Histricognatos
Remove ads

A dos histricognatos (Hystricognathi) é unha infraorde de roedores da suborde dos histricomorfos,[1]

Máis información HistricognatosHystricognathi Rango fósil: eoceno tardío - actualidade, Clasificación científica ...

Esta ampla infraorde comprende, entre outras especies, as hutías, as cobaias, a capibara, as maras, as vizcachas, as chinchillas, os agutís, os porcos espiños, os degús, un certo número de ratos e ratas, e outras.

Remove ads

Descrición

Os histricognatos distínguense dos outros roedores pola estrutura ósea do seu cranio. O masetero medio (un músculo mandibular) pasa parcialmente a través do forame infraorbital e conecta co óso contralateral. Isto, xunto á súa falta da lámina infraorbital e do tamaño relativo do forame infraorbital, distingue aos histricognatos doutros grupos de roedores.

A infraorde dos histricognatos comprende 17 ou 18 familias, segundo os autores, que algúns dividen en dúas parvordes, Phiomorpha e Caviomorpha.

Os Caviomorpha son maioritariamente nativos de América do Sur, cunhas poucas especies en Norteamérica, mentres que os Phiomorpha son propios do Vello Mundo.

Remove ads

Taxonomía

Infraorde

A infraorde foi descrito por primeira vez en 1855 por Johann Friedrich von Brandt (1802-1879), un naturalista alemán que fixo a súa carreira en Rusia.

O dos Hystricognathi é un taxon que foi orixinariamente denominado por Tycho Fredrik Hugo Tullberg en 1899 como unha tribo clasificada entre os Glires (clado pertencente á superorde Euarchontoglires que coprende ás ordes dos roedores e os lagomorfos), e despois reclasificado como infraorde en 2010 por Coster et al..[1]

Algúns autores clasifican esta infraorde na soborde dos Hystricognatha, pero máis xeralmente está admitida desde 2012 a súa clasifiocación dentro dos Hystricomorpha.[1]

Familias

Segundo o MSW e máis o SIIT, a infraorde comprende as seguintes 17 familias:[1][2]

Thumb
Rata toupa espida (Heterocephalus glaber), Bathyergidae).
Thumb
Agutí brasileiro (Dasyprocta leporina) , Dasyproctidae).
  • Familia Abrocomidae Miller & Gidley, 1918 - ratas chinchilla
  • Familia Bathyergidae Waterhouse, 1841 - ratas toupa
  • Familia Capromyidae Smith, 1842 - hutías
  • Familia Caviidae Fischer de Waldheim, 1817 - cobaias, maras a capibara
  • Familia Chinchillidae Bennett, 1833 - chinchillas e viscachas
  • Familia Ctenomyidae Lesson, 1842 - tuco tucos
  • Familia Cuniculidae Miller & Gidley, 1918 - pacas
  • Familia Dasyproctidae Bonaparte, 1838 - agutís e acuchís
  • Familia Diatomyidae Mein & Ginsburg, 1997 - a rata de rocha laosiana (segundo o ITIS, descoñecida en MSW, sinón. de Laonastidae segundo o NCBI)
  • Familia Dinomyidae Peters, 1873 - a pacaraná
  • Familia Echimyidae Gray, 1825 - ratas espiñentas
  • Familia Erethizontidae Bonaparte, 1845 - porcos espiño do Novo Mundo
  • Familia Hystricidae Fischer de Waldheim, 1817 - porcos espiño do Vello Mundo
  • Familia Myocastoridae Ameghino, 1902 - o coipú
  • Familia Octodontidae Waterhouse, 1840 - degús e especies relacionadas
  • Familia Petromuridae Tullberg, 1899 - a rata das rochas africana
  • Familia Thryonomyidae Pocock, 1922 - a rata das canas

Porén, o NCBI separa á capibara (Hydrochoerus hydrochaeris), da familis dos Caviidae para formar a súa propia familia, a dos Hydrochaeridae.[3]

Familias de Phiomorpha

Familias de Caviomorpha

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads