Proboscídeos

From Wikipedia, the free encyclopedia

Proboscídeos

Os proboscídeos (Proboscidea) son unha orde taxonómica que abeira unha única familia existente, Elephantidae, e moitas familias extintas. Esta orde, descrita por vez primeira por J. Illiger en 1811, abarca ós mamíferos con trompa.[1][2] Os proboscídeos modernos distínguense polos seus longos cairos e trompas musculares. Estas características eran menos desenvolvidas ou ausentes nos primeiros proboscídeos.

Máis información Proboscídeos Rango fósil: Paleoceno – Actualidade, Clasificación científica ...
Proboscídeos
Rango fósil: Paleoceno – Actualidade

Elefante africano de sabana, Loxodonta africana
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Orde: Proboscidea
Familias
  • Elephantidae
  • Gomphotheriidae
  • Mammutidae
  • Stegodontidae
  • Barytheriidae
  • Deinotheriidae
  • Moeritheriidae
  • Numidotheriidae
  • Palaeomastodontidae
  • Phiomiidae
Pechar

O proboscídeo máis antigo que se coñece é o Eritherium,[3] seguido polo Phosphatherium, un pequeno animal do tamaño dun raposo. Ambas especies pertencen ó Paleoceno tardío e foron atopados en Marocos.

Mamut laúdo e Mastodonte americano.

Os proboscídeos diversificáronse durante o Eoceno e o Oligoceno. Moitas familias foron descritas dese período, incluíndo os Numidotheriidae, Moeritheriidae e Barytheriidae en África, e os Anthracobunidae do subcontinente indio. Estes foron seguidos polos Deinotheriidae, que prosperaron durante o Mioceno e no Cuaternario. Os proboscídeos do Mioceno tamén inclúe ós Stegolophodon, un xénero da familia en disputa Stegodontidae; a diversa familia dos Gomphotheriidae, como os Platybelodon e Amebelodon; e os Mammutidae e mastodontes.

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.