From Wikipedia, the free encyclopedia
A dos didelfimorfos (Didelphimorphia) é unha orde de mamíferos,[1] que agrupa á maior parte dos marsupiais que habitan na actualidade o continente americano.
Didelfimorfos Didelphimorphia Rango fósil: cretáceo superior - actualidade | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Sarigüé de Virxinia (Didelphis virginiana) | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Familias, Subfamilias e Xéneros | |||||||||||||||||||||||
|
Inclúe 92 especies vivas, todas na familia dos didélfidos,[1] e moitas máis extintas.
A xulgar polos rexistros fósiles, son dos marsupiais máis antigos que chegaron até os nosos días, e fixérono sen sufrir grandes variacións anatómicas, polo que poden considerarse como fósiles viventes.
Aínda que non hai datos da existencia destes animais en Australia e na Antártida, suponse que deberon habitalas, pois ambos os continentes estaban unidos aínda a Suramérica, no antigo continente e Gondwana, cando os marsupiais apareceron na Terra.
Colonizaban practicamente todos os ecosistemas e entre eles había especies con todo tipo de hábitos alimenticios.
A orde foi descrita en 1872 polo paleontólogo estadounidense Theodore Nicholas Gill.[1]
O nome científico Didelphimorphia está formado pola unión á raíz do nome do xénero tipo da sñua máis importante familia (e única con especies vivas na actualidade) Didelphis, co elemento do latín científico -morphia, plural de -morphus, tirado do grego antigo μορφή morphḗ, 'forma', 'aparencia', 'aspecto'.
Pola súa parte Didelphis está formado polo elemento di-, calco do grego δι-, 'dous', e o termo do grego antigo δελφύς delphýs, 'útero'.
A orde dos Didelphimorphia inclúe dúas familias, pero só unha, a dos Didelphidae contén especies actuais (ademais da maioría das especies fósiles). A clasificación dos xéneros e especies restantes non está terminada de aclarar, existindo algúns de clasificación incerta.
Porén, dúas das máis prestixiosas bases de datos, o MSW e o ITIS, dan as seguintes clasificacións para a familia dos didélfidos:
Como vemos, só hai unhas pequenas diferenzas na subfamilia dos Caluromyinae
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.