From Wikipedia, the free encyclopedia
Harald Ertl, nado en Zell am See o 31 de agosto de 1948 e finado o 7 de abril de 1982, foi un piloto de carreiras, automóbiles e xornalista austríaco. Ertl asistiu á mesma escola que os pilotos de Gran Premio Jochen Rindt e Helmut Marko.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de agosto de 1948 Zell am See, Austria |
Morte | 7 de abril de 1982 (33 anos) Gießen, Alemaña |
Causa da morte | morte accidental, accidente de aviación |
Actividade | |
Ocupación | piloto de Fórmula Un, xornalista |
Nacionalidade deportiva | Alemaña |
Deporte | automobilismo |
Ertl lucía un impecable bigote e barba estilo inspector Clouseau. Xornalista, abriuse paso a través da Fórmula Vee e Super Vee alemá, e logo na Fórmula Tres, antes dun exitoso cambio para os Vehículos de Turismo. Durante este período, logrou o patrocinio suficiente para entrar na Fórmula Un, con varios equipos entre 1975 e 1980. Ertl é recordado como un dos catro pilotos que axudou a sacar a Niki Lauda do seu coche Ferrari en chamas no Gran Premio de Alemaña de 1976.[1][2]
En 1969, comprou un coche de Fórmula 5, gañou seis carreiras, pero tamén rodou en Nürburgring. Foi segundo na Copa de Europa cun chasis Kaimann en 1970, e participou tamén nunha rolda do Championnat de France cun March-Ford 703, no circuíto Aéroport Dijon-Longvic.Continuou na F3 na seguinte tempada, disputando unha selección de carreiras en Inglaterra, sendo o seu mellor resultado noveno no Circuíto de Brands Hatch.[3][4]
En 1971, tamén participou no Campionato Europeo de Turismos, pilotando un Alfa Romeo, obtendo un terceiro lugar en Monza nas 4 horas de Monza. Para 1972, pasouse ao equipo BMW-Alpina no Deutsche Rennsport Meisterschaft. O mellor resultado da tempada, foi un cuarto posto na primeira carreira, Internationale ADAC-Eifelrennen, que tivo lugar no circuíto de Nürburgring.[5][6]
1973 viu a Ertl continuar mesturando a Fórmula 3 e Touring Cars, con pouco éxito, ata que en setembro, xunto a Derek Bell gañaron o RAC Tourist Trophy, con ambos pilotos gañando cada un a súa respectiva eliminatoria, para lograr unha vitoria global.[7][8]
Para 1974, o seu obxectivo principal era o Deutsche Formel 3 Polifac Trophy. Unha vez máis, o seu mellor resultado foi en Nürburgring, onde terminou en cuarto lugar. Mentres tanto, tamén competiu no Formal Super Vee Gold Pokal, quedando 19º na clasificación final. Durante esta tempada, Ertl fixo a súa estrea na F2, competindo nos eventos da Campionato europeo de pilotos de F2 en Hockenheim.[9][10]
En 1975 Ertl asinou con Fred Opert Racing para seguir competindo na F2. Na terceira carreira co equipo, logrou o podio. Un terceiro lugar na Internationales ADAC-Eifelrennen, celebrada no circuíto de Nürburgring permitiulle reunir o diñeiro suficiente, así como o patrocinio de Warsteiner para empezar a competir na F1.[8][11]
En 1975, o patrocinio de Warsteiner permitiulle pilotar un Hesketh 308 na Fórmula Un, preparado por Hesketh coa súa librea de ouro. Na súa estrea no Gran Premio de Alemaña, terminou oitavo. Na seguinte carreira en casa retirouse, e logo terminou noveno en Monza.[12]
Alentados por estes resultados, estaba prevista unha tempada completa con Hesketh no ano 1976. No Gran Premio de Suráfrica clasificouse na última fila e rematou 15º. Nas seguintes carreiras ou non logrou cualificar, ou cualificou no fondo da grella, con retiradas anticipadas debido a fallas mecánicas. Malia non estar satisfeito co rendemento do equipo aportoulle cartos, e case anota un punto cando rematou en sétimo lugar no Gran Premio do Reino Unido de 1976, aínda que a tres voltas do primeiro.[13]
Dúas semanas máis tarde no Gran Premio de Alemaña de 1976, Ertl foi un dos catro pilotos que axudou a sacar a Niki Lauda do seu Ferrari en chamas logo do grave accidente de Lauda durante a segunda volta da carreira. O resto da tempada viuno acabar en oitavo lugar outras dúas veces, en casa e no chuvioso Gran Premio do Xapón.[13]
Ertl continuou con Hesketh unha terceira tempada, participando nalgunhas carreiras europeas, finalizou 9º no Gran Premio de Bélxica de 1977. Deixou Hesketh logo do Gran Premio de Francia de 1977 onde unha vez máis non puido clasificarse para a carreira.
Nalgunhas carreiras en 1978, Ertl participou con Ensign, pero as cousas aí aínda foron peor, os coches non terminaban ou ata peor, cando non precualificaron en Monza. No mesmo evento, que tivo outra oportunidade co coche de reserva do equipo alemá ATS, pilotado habitualmento por Jochen Mass lesionouse na proba pre-Monza uns días antes. Non logrou pasar o corte.
Dous anos máis tarde, Ertl probou unha vez máis con ATS no Gran Premio de Alemaña de 1980 co mesmo resultado. O último Gran Premio de Fórmula 1 no que participou foi no seu país de orixe no Gran Premio de Austria de 1978.
Cando non participaba en carreiras de F1, Ertl seguía competindo en F2 aínda que con moi pouco éxito. Nestas tres tempadaa, só terminou unha vez entre os seis primeiros. cando deixou os monoprazas, Ertl volveu a Deutsche Rennsport Meisterschaft [DRM] en 1977, agora que a serie cambiara a Grupo 5.[14]
En base a súa experiencia co seu BMW, Schnitzer Motorsport desenvolveu un Toyota Celica Turbo LB para Ertl en 1977. Schnitzer volveu de novo con BMW na tempada 1978, contratando os servizos de Ertl. Este movemento converteuno nun dos principais candidatos ao título. Como o Porsche Kremer Racing de Bob Wollek estaba lonxe da cabeza, os representantes de Ford, o Escort de Zakspeed era obsoleto, e o Ford Capri Turbo non era fiable. Ertl gañou cinco das 11 carreiras durante a tempada, cun segundo lugar no final da tempada, un evento de Super Sprint en Nürburgring, co que gañou o campionato.[15]
Malia lograr o título con Schnitzer, Ertl cambiouse a Zakspeed para as seguintes dúas tempadas. 1979 comezou cunha prometedora vitoria na primeira rolda no Zolder, e na seguinte carreira logrou un terceiro posto en Hockenheim. Malia que gañou unha vez máis en Mainz-Finthen, a tempada converteuse en miserable con seis abandonos ou retiradas antes de empezar das 11 carreiras, co Ford Capri Turbo de Zakspeed. Mentres tanto, Zakspeed tamén desenvolveu un Lotus Europa con motor central para os 1000 km de Nürburgring. Tampouco terminou a carreira. A tempada seguinte foi igual que a anterior, Ertl seguía tendo mala sorte: 8 poles, 4 vitorias e 6 retiradas.[16][17][18]
Harald Ertl non competiu internacionalmente en 1981, pero planeaba volver na Copa Renault 5 Turbo de 1982. Lamentablemente, antes de que estes plans chegaron a bo porto, Ertl morreu nun accidente de aviación á idade de 33 anos. Viaxaba nun Beechcraft Bonanza pilotado polo seu cuñado o Dr. Jörg Becker-Hohensee de Mannheim á súa casa de vacacións en Sylt no norte de Alemaña para unhas vacacións de Pascua. Cando levaban menos dunha cuarta parte da distancia do voo, fallou o motor bacedo que o avión se estrelara cerca Giessen. A esposa de Ertl Vera e o seu fillo Sebastián resultaron feridos, pero Becker-Hohensee, Ertl e a súa sobriña morreron.
Tempada | Series | Posición | Equipo | Coche |
---|---|---|---|---|
1971 | European Touring Car Championship [19] | 31º | Alfa Romeo Hähn Autodelta SpA |
Alfa Romeo GTAm |
1972 | Deutsche Rennsport Meisterschaft [20] | 27º | BMW-Alpina | BMW 2002 |
1973 | Formula Super Vee Europe [21] | 12º | Maco-Volkswagen | |
Deutsche Rennsport Meisterschaft [22][23] | 40º | Auto-Fox-Racing Team | Alfa Romeo 2000 GTAm | |
1974 | Polifac Formel 3 Trophy [24][25] | 13º | Caravanbau Günther Hennerici Hannen Alt Racing Team |
Rheinland-Toyota 374 |
Formal Super Vau Gold Pokal [26] | 19º | Horag-Volkswagen | ||
Formula Super Vee Europe [27] | 21º | Horag-Volkswagen | ||
1975 | European Championship for Formula 2 Drivers [28][29] | 19º | Fred Opert Racing | Chevron-BMW B27 |
Interserie[23][30] | 25º | Rex-Auto-Racing-Team | Rex-Cosworth SP1 | |
1976 | European Championship for Formula 2 Drivers [31][32] | 15º | Motor Racing Company Fred Opert Racing |
March-BMW 752 Chevron-BMW B35 |
1977 | Deutsche Rennsport Meisterschaft [23][33] | 25º | Optische Werke Rodenstock Toyota Deutschland |
BMW 2002 Turbo Toyota Celica LB Turbo |
1978 | Deutsche Rennsport Meisterschaft [23][34][35] | 1º | Sachs-Sporting | BMW 320 Turbo |
1979 | Deutsche Rennsport Meisterschaft [23][36] | 10º | Sachs-Sporting | Ford Capri Turbo |
Interserie – Div. 2[23][37] | 18º | Minolta Camera Team | Lotus Europa Turbo | |
1980 | Deutsche Rennsport Meisterschaft [23][38] | 7º | Sachs-Sporting | Ford Capri Turbo |
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1975 | Warsteiner Brewery | Hesketh 308 | Cosworth V8 | ARX | BRA | RSA | ESP | MON | BEL | SWE | NED | FRA | GBR | ALE 8 |
AUT Ret |
ITA 9 |
USA | NC | 0 | |||
1976 | Hesketh Racing | Hesketh 308D | Cosworth V8 | BRA | RSA 15 |
USW NSC |
ESP NSC |
BEL Ret |
MON NSC |
SWE Ret |
FRA Ret |
GBR 7 |
ALE Ret |
AUT 8 |
NED Ret |
ITA 16 |
CAN NTS |
USA 13 |
XPN 8 |
NC | 0 | |
1977 | Hesketh Racing | Hesketh 308E | Cosworth V8 | ARX | BRA | RSA | USW | ESP Ret |
MON NSC |
BEL 9 |
SWE 16 |
FRA NSC |
GBR | ALE | AUT | NED | ITA | USA | CAN | XPN | NC | 0 |
1978 | Sachs Racing | Ensign N177 | Cosworth V8 | ARX | BRA | RSA | USW | MON | BEL | ESP | SWE | FRA | GBR | ALE 11 |
AUT Ret |
NED NSCP |
NC | 0 | ||||
ATS Engineering | ATS HS1 | ITA NSC* |
USA | CAN | ||||||||||||||||||
1980 | Team ATS | ATS D4 | Cosworth V8 | ARX | BRA | RSA | USW | BEL | MON | FRA | GBR | ALE NSC |
AUT | NED | ITA | CAN | USA | NC | 0 |
(key) (Carreiras en negra indican pole position; carreiras en itálica indicab volta rápida)
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | Pos | Pts |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1974 | Team Obermoser Jörg - Eurorace | March 742 | BMW M12 | BAR | HOC Ret |
PAU | SAL | HOC | MUG | KAR | PER | NC | 0 | ||||||
Chevron Racing Team | Chevron B27 | HOC 22 |
VAL | ||||||||||||||||
1975 | Fred Opert Racing | Chevron B27 | BMW M12 | EST | THR Ret |
HOC Ret |
NÜR 3 |
PAU Ret |
18º | 4 | |||||||||
Chevron B29 | HOC 7 |
SAL 11 |
ROU Ret |
MUG Ret |
PER 12 |
SIL Ret |
ZOL | NOG | VAL | ||||||||||
1976 | Motor Racing Company | March 752 | BMW M12 | HOC 6 |
15º | 2 | |||||||||||||
Harald Ertl | Chevron B35 | THR Ret |
|||||||||||||||||
Fred Opert Racing | VAL 12 |
SAL 17 |
PAU | HOC Ret |
ROU | MUG 15 |
PER 7 |
HOC Ret |
|||||||||||
Chevron Racing Team | EST 10 |
NOG | |||||||||||||||||
1977 | Team Warsteiner Eurorace | Chevron B35 | BMW | SIL | THR | HOC Ret |
NÜR Ret |
VAL | PAU | MUG | ROU | NOG | PER | MIS | EST | DON | NC | 0 | |
1978 | Autovermeitungen | March 782 | BMW | THR | HOC Ret |
NÜR | PAU | MUG | VAL | ROU | DON | NOG | PER | MIS | NC | 0 | |||
ICI Chevron Cars | Chevron B42 | HOC NSC |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.