Remove ads
ensaio de Ricardo Carballo Calero From Wikipedia, the free encyclopedia
Historia da literatura galega contemporánea é unha obra de Ricardo Carballo Calero publicada pola Editorial Galaxia en 1963.[1] En 1975 fíxose unha 2ª edición ampliada:
“ | En 1963 foi imprentada unha parte desta obra, que comprendía os primeiros oito capítulos. Estaba prevista a aparición dun segundo volume que contería o resto do traballo... Cando ao final se rematou a tarefa, estimouse preferíbel reunir nun só tomo toda a obra; así que esta é unha segunda edición daquel primeiro tomo, completada cos capítulos proxeitados inicialmente para constituír o segundo. É, logo, unha segunda edición aumentada![2] | ” |
Historia da literatura galega contemporánea | |
---|---|
Portada da edición de 1975 | |
Título orixinal | Historia da literatura galega contemporánea |
Autor/a | Ricardo Carballo Calero |
Orixe | Galicia |
Lingua | Galego |
Tema(s) | literatura galega |
Xénero(s) | Ensaio |
Editorial | Editorial Galaxia |
Data de pub. | 1975, 2ª ed. (1963) |
Páxinas | 896 |
ISBN | ISBN 84-7154-227-7 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Reeditouse en 1981[3] e 2001[4]. Galaxia tirou en 2020 unha nova edición facsímile da de 1981 (ISBN 978-84-9151-421-3).[5]
A Editora Nacional de Madrid publicou en 1976 unha tradución da primeira edición.
O estudo abrangue de 1808 a 1936
“ | Como estaba previsto desde que se planeou a obra, esta comprende a literatura galega aparecida entre 1808 e 1936, fitos importantes na evolución da mesma. Mais o editor e o autor teñen convido en non interrumpir a información sobre aqueles autores xa ben coñecidos en 1936 que continuaron en activo despois desa data. Séguese, pois, a súa carreira até o presente, no seu caso. Incluímos no noso estudo aos que en 1936 tiñan publicado libros, e prescindimos dos que por entón somente encetaran a súa carreira, por moi soados que chegaran a ser posteriormente. Realmente, damos por rematado este estudo co dos membros da derradeira promoción do Seminario de Estudos Galegos, nados arredor de 1910.[6] | ” |
“ | Acabouse de imprimir nos talleres de Artes Gráficas Galicia, de Vigo, esta segunda edición da Historia da literatura galega contemporánea, de Ricardo Carballo Calero, o día 24 de febreiro de 1975, data en que se compren cento trinta e oito anos do nacimento de Rosalía de Castro, que tivo lugar na mesma cidade de Santiago de Compostela onde o autor puxo o ramo á súa obra. | ” |
Esta monumental historia da literatura galega contemporánea é a obra máis importante do autor e unha contribución fundamental á historiografía da literatura en lingua galega, fonte na que beben os estudos posteriores.
Inclúe unha completa Bibliografía dos doce capítulos tratados. Tamén achega uns extensos Índices: onomástico, de obras, de revistas e xornais, de láminas, xeral. O índice de obras serviu de guía na exposición O libro galego onte e hoxe (1979) en Santiago de Compostela.[7]
Segundo Henrique Rabuñal: unha obra monumental que supuña un tratamento dignificador da nosa propia literatura abordada con rigor, autonomía e precisión.[8]
Carballo Calero engade nunha conversa con Carmen Blanco:[9]
... foi a obra en que invertín, efectivamente, un maior número de horas de traballo e na que consumín un maior número de anos en reunir datos, consultar textos e organizar sistematicamente a materia. Esa obra non vai máis alá da miña propia xerazón. Foi concebida desde o primeiro momento por min dentro dos límites que se me sinalaron...
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.