corrente de renovación artística e literaria de finais do século XIX e comezos do XX From Wikipedia, the free encyclopedia
Modernismo é o termo co que se designa a unha corrente de renovación artística e literaria desenvolvida a finais do século XIX e principios do XX. Segundo os distintos países, recibiu diversas denominacións: Art Nouveau (en Bélxica e Francia), Sezession (en Austria), Jugendstil (Alemaña), Liberty (Inglaterra) e Floreale (en Italia). En catalán, modernisme ou Estilo modernista.
As características máis importantes de dita corrente literaria son o preciosismo, exotismo, a alusión ós nobres, mundos desaparecidos (a idade media cabaleiresca, as cortes dos Luíses en Francia, as monarquías chinesas e xaponesas). Mención dos obxectos preciosos. Símbolo: cisne.
O modernismo opón o latino ó anglosaxón. O modernismo é unha reacción que vai en contra do positivismo, e interésase pola teosofía. Na narrativa oponse ó realismo, optando pola novela histórica ou a crónica de experiencias da alucinación e a loucura; a descrición de ambientes de refinada bohemia. Introduce o personaxe da muller fatal, que leva ós homes ó pracer e a morte
De acordo con Francisco Rico, a palabra modernismo, foi un calco dunha tendencia heterodoxa con respecto ó catolicismo tradicional, condenada como modernismo por Pío X e León XII, e que foi debatido nas dúas últimas décadas. Posteriormente foi un calco despectivo do moderno. Ata que os modernistas a adaptaron como signo de identidade. (Rico, Francisco "O Modernismo como actitude" p. 46).
Todas estas denominacións fan referencia á intención de crear unha arte nova, levando a cabo unha rutura cos estilos dominantes na época, tales como o historicismo ou o eclecticismo. Trátase de crear unha estética nova, en que predominen a inspiración na natureza á vez que se incorporen novidades derivadas da revolución industrial. E así en arquitectura é frecuente o emprego do ferro e o cristal. Así a todo, é igualmente unha reacción á pobre estética da arquitectura en ferro, tan en voga por eses anos.
En gran medida as súas aspiracións baséanse nas ideas de John Ruskin e William Morris, que podemos resumir en democratizar a beleza no sentido de que ata os obxectos máis cotiáns teñan valor estético e sexan accesibles a toda a poboación (socialización da arte), grazas ás técnicas de produción masiva facilitadas pola revolución industrial. Por iso o modernismo non só se dá nas artes maiores, senón tamén no deseño de mobiliario e todo tipo de obxectos útiles na vida cotiá. A miúdo os artistas modernistas son artistas "integrais", pois non só deseñan edificios, senón os mobles e outros aparellos de uso diario. Así pois moitos arquitectos modernistas son tamén deseñadores, pois as súas creacións non se limitan ó edificio en si, dado que tamén elaboran a súa decoración e os utensilios que ha de conter.
Consecuentemente, deuse en arquitectura, pintura, escultura e nas artes decorativas e menores (mobles, lámpadas, xoias, carteis etc. ).
Unha das súas características é o uso da liña curva e a disimetría, tanto na plantas e o alzado dos edificios como na decoración. Nesta última é moi frecuente o uso da chamada "liña látego". Unha derivación deste estilo na década de 1920 é a denominada Art déco.
O modernismo entra en Galicia no ano 1900, aínda moi influenciado polo eclecticismo burgués, o modernismo puro chega a Galicia algo máis tarde ca no resto de Europa (1908-1914) seguindo o modernismo ou art nouveau europea. Salientan obras nas cidades da Coruña, Vigo, Ferrol e Santiago de Compostela. A partir de 1914, co estoupido da primeira guerra mundial a arquitectura volve ao eclecticismo para rematar no racionalismo contra o ano 1930[1] O modernismo en Galicia vén da man de burgueses enriquecidos co comercio ultramarino e pola incipiente industria naval e conserveira, que amosaba a súa prosperidade económica e cultural á sociedade do seu tempo.
O modernismo galego caracterízase polo uso de fábrica de pedra de granito e de galerías por mor da necesidade de luz no interior dos edificios, onde salienta a cidade da Coruña, coas súas belas galerías de fermosos enfeites na decoración das fachadas. Estas galerías constrúense en madeira e sempre van pintandas en cor branca e apoian en canzorros de pedra. Tamén salientan os balcóns de ferro forxado.[2].
Entra da man do arquitecto asturiano Julio Galán Carvajal, diferentes casas. Con Ricardo Boán fai a casa da rúa de Juana de Vega; e segue co Pazo de Xustiza e coa Casa Rey. Tamén salientaron os galegos Antonio López Hernández e Andrés Reboredo
Salientou Antonio López Hernández coa súa casa da Praza da Estrela ou a casa de Prudencio Landín.
Salientou Rodolfo Ucha Piñeiro, foi arquitecto municipal en 1908 despois de volver licenciado de Madrid.
O modernismo vigués caracterízase pola sinxeleza e o uso do granito, que lle proporciona características de seu. O seu representante máis salientábel foi Benito Gómez Román, que xa no seu edificio de García Barbón de 1901 inclúe elementos premodernistas. En 1906 crea o espectacular Edificio Simeón, moi influenciado pola obra viguesa de Michel Pacewicz. A morte prematura de Benito fai que a súa obra sexa rematada polo seu irmán Manuel Gómez Román. Tamén salientan Luis Vidal e especialmente o vigués Xosé Franco Montes, consciente do seu modernismo.
O vigués Xosé Franco Montes realiza unha casa na zona vella, para despois abandonar o modernismo polo eclecticismo. En Compostela o modernismo sofre a presión da Igrexa. Jesús López de Rego impuxo o seu modernismo de grande elegancia influenciado pola escola de Glasgow entre 1906 e 1912. Antonio Palacios viuse premido pola Igrexa na construción do Pavillón de Recreo Artístico e Industrial de 1909.
O modernismo chega máis tarde. Salienta Daniel Vázquez-Gulías Martínez, arquitecto municipal entre 1909 e 1914, cando usou elementos do modernismo internacional nalgúns dos seus edificios eclécticos, influenciado polo modernismo coruñés e pola obra de Otto Wagner.
Os arquitectos do grupo coruñés: Julio Galán Carvajal, Ricardo Boán e Antonio López Hernández, desenvolveron obras modernistas na vila de Sada.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.