Remove ads
arquitecto español From Wikipedia, the free encyclopedia
Lluís Domènech i Montaner, nado o 21 de decembro de 1850 e finado o 27 de decembro de 1923, foi un político e arquitecto catalán que destacou polas súas obras edificadas en estilo modernista catalán.
Nome orixinal | (es) Lluís Domènech i Montaner |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 30 de decembro de 1849 Barcelona, España |
Morte | 27 de decembro de 1923 (73 anos) Barcelona, España |
Q59523510 | |
1905 – 1919 ← Joan Torras i Guardiola (pt) – Joaquim Bassegoda i Amigó (pt) → | |
Deputado das Cortes | |
5 de xuño de 1901 – 17 de agosto de 1905 Circunscrición electoral: Barcelona | |
Q59523510 | |
1900 – 1900 ← Francisco de Paula del Villar y Lozano (pt) – Joan Torras i Guardiola (pt) → | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Barcelona |
Actividade | |
Lugar de traballo | Barcelona |
Ocupación | arquitecto, catedrático, político |
Empregador | Universidade de Barcelona |
Partido político | Jove Catalunya (en) Centre Nacional Catalá Unió Catalanista Centre Català Lliga Regionalista |
Membro de | |
Movemento | Modernismo catalán |
Participou en | |
27 de marzo de 1892 | Bases de Manresa (en) |
Obra | |
Obras destacables | |
Familia | |
Fillos | Pere Domènech i Roura, Fèlix Domènech i Roura |
Irmáns | Enric Domènech i Montaner Eduard Domènech i Montaner |
Naceu en Barcelona e aínda mozo manifestaría o seu interese pola arquitectura. Estudou a carreira de arquitectura, ocupando posteriormente unha cátedra no Colexio de Arquitectura de Barcelona. Desde ese cargo exerceu unha influencia considerábel sobre como debía ser o modernismo en Cataluña. Escribiu un artigo titulado En busca d’una arquitectura nacional, publicado na revista La Renaixença (O Renacemento), que marcou o camiño cara a unha arquitectura moderna e nacional catalá.
En 1892 presidiu a asemblea que redactou as Bases de Manresa, documento que puña os alicerces para a devolución das Constitucións catalás.
Como arquitecto, Domènech realizou edificios nos que se combina unha racionalidade estrutural con elementos ornamentais extraordinarios, inspirados nas correntes arquitectónicas hispano-árabes e nas liñas curvas propias do modernismo. No actual Museo de Zooloxía, construído orixinariamente como restaurante (El Castell dels Tres Dragons: O Castelo dos Tres Dragóns) con motivo da Exposición Universal de 1888, en Barcelona, Domènech utilizou estruturas de ferro a vista e cerámica, técnica que máis tarde, en 1908, perfeccionaría no Palau de la Música Catalana' (Pazo da Música Catalá). Este edificio, e os que proxectou posteriormente, incorporan unha profusión de mosaicos, cerámicas e vidro, policromados, dispostos con exquisita harmonía, que lles confiren un aspecto grandioso.
Contrariamente a outros arquitectos do modernismo, Domènech tendeu co paso do tempo a realizar edificios máis lixeiros, eliminando material nas estruturas, pero mantendo a ornamentación como elemento de primeira orde.
Domènech i Montaner faleceu en Barcelona aos 73 anos de idade.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.