Centre Nacional Catalá

From Wikipedia, the free encyclopedia

O Centre Nacional Catalá (en galego, Centro Nacional Catalán) foi un grupo político catalanista fundado en Barcelona o 3 de setembro de 1899[1] promovido pola revista La Veu de Catalunya,[2] creada ese mesmo ano, e por ex-membros de Unió Catalanista contraria ao apoliticismo[3] e ao radicalismo verbal desta organización,[4] que contrastaba coa falta de actuación pública ou organizativa.[5] Finalmente, en 1901, acabarían integrándose na Lliga Regionalista.

Datos rápidos Tipo, Ideoloxía ...
Centre Nacional Catalá
Tipoorganización política
IdeoloxíaCatalanismo
Data de fundación3 de setembro de 1899
Data de disolución25 de abril de 1901
Presidente/aNarcís Verdaguer i Callís (-)
PaísEspaña
[ editar datos en Wikidata ]
Pechar

Traxectoria

Contexto

A crise en Cuba dende 1868 fixera perder o 60% do seu mercado á industria catalá. Para comezar, a renovación era indispensable deter o declive do Estado, e Prat de la Riba foise achegando ao xeneral Camilo García de Polavieja y del Castillo, que apostaba por unha descentralización como a ferramenta para acadar a modernización necesaria.[6]

O seu programa político xa fora descrito nas Bases de Manresa de 1892, e definiu o nacionalismo catalán non como un partido político, senón como unha causa política nacional aberta a tódolos cataláns, independentemente da súa ideoloxía.

Creación

Entre os fundadores había conservadores como Ramon d'Abadal i Calderó, Lluís Domènech i Montaner, Josep Puig i Cadafalch, Lluís Duran i Ventosa, Francesc Cambó, Enric Prat de la Riba ou Narcís Verdaguer i Callís, e liberais e republicanos como Jaume Carner Romeu, Ildefons Sunyol ou Joaquim Casas i Carbó. O seu portavoz foi o xornal La Veu de Catalunya.[1]

O presidente da CNC foi o avogado Narcís Verdaguer i Callís, vice-presidente Jaime Carner Romeu e o secretario Enric Prat de la Riba. Foi a expresión do movemento burgués catalán progresista, traídos polos industriais que se atopaban na periferia xeográfica dun imperio centralizador prisioneiro da oligarquía agraria conservadora, ben conectada coa administración central corrupta.[6]

Disolución

Eses mesmos industriais que apoiaban o rexeneracionismo de Polavieja crearan en 1898 Unió Regionalista, un partido moderado e catalanista pero non nacionalista.[2] Progresivamente, fóronse achegando até que o 25 de abril de 1901, o Centre Nacional Catalá, fusionouse co Unió Regionalista para forma-la Lliga Regionalista.[3][7][8]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.