Josep Puig i Cadafalch

arquitecto catalán From Wikipedia, the free encyclopedia

Josep Puig i Cadafalch

Josep Puig i Cadafalch, nado en Mataró (Maresme) en 1867 e finado en Barcelona en 1956, foi un arquitecto, historiador da arte e político catalán.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Josep Puig i Cadafalch
Thumb
Biografía
Nacemento17 de outubro de 1867
Mataró, España
Morte23 de decembro de 1956 (89 anos)
Barcelona, España
Lugar de sepulturaCementiri dels Caputxins (en)
Presidente da Mancomunitat de Catalunya
1 de agosto de 1917 – 30 de xaneiro de 1924
 Enric Prat de la RibaCarlos de Lossada y Canterac (pt)  
6º Presidente do Institut d'Estudis Catalans
1915 – 1956
 Pompeyo FabraPere Coromines i Montanya 
Deputado provincial de Barcelona
1913 – 1924
Deputado no Congreso dos Deputados
29 de abril de 1907 – 14 de abril de 1910
Circunscrición electoral: Districte electoral de Barcelona (en)
Concelleiro de Barcelona
1901 – 1906
Datos persoais
EducaciónEscola Técnica Superior de Enxeñaría Industrial de Barcelona
Escola Técnica Superior de Arquitectura de Barcelona
Universidade de Madrid
Universidade Politécnica de Cataluña
Actividade
Lugar de traballo Madrid, Spain
Ocupaciónarquitecto, político, historiador da arte, catedrático
EmpregadorUniversidade de Barcelona
Partido políticoCentre Nacional Catalá
Lliga Regionalista
Solidaritat Catalana
Membro de
MovementoModernismo catalán
Influencias
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeDolors Macià i Monserdà
PaisJoan Puig i Bruguera   e Teresa Cadafalch i Bogunyà
Premios
Sinatura Thumb

Descrito pola fonteEnciclopedia universal ilustrada europeo-americana (1908-1930) (pt) , (vol:XLVIII, sec:Puig y Cadafalch (José), p.430-433)
Pechar

A súa obra máis coñecida é a Casa de les Punxes (1903-1905). Era un especialista en arte románica de fama internacional e promoveu as escavacións de Empúries.

Traxectoria

Naceu en Mataró o ano 1867. Sendo un estudante entrou no Centre Escolar Catalanista (1887). Alí comezou a formar parte do grupo Renaixença. Traballou logo na súa cidade natal, chegando a ser arquitecto municipal. En 1891 acabou os seus estudos de arquitectura en Barcelona. Foi nomeado profesor da Escola de Arquitectura de Barcelona, onde desenvolvería as súas cualidades como arquitecto. Simultaneamente interesouse pola política, implicándose en actividades catalanistas.

Discípulo de Domènech i Montaner foi o último representante do modernismo e o primeiro do Noucentisme (Novecentismo).

Na súa evolución poden distinguirse tres etapas diferenciadas:

  • A primeira, ou época rosa (Modernismo), recolle como símbolo a casa "patrucial" aristocrática catalá e busca a súa inspiración en modelos nórdicos. A esta etapa pertence a Casa de les Punxes (1905), a casa Amatller e a Casa Martí (1896).
  • A segunda etapa é a época branca (Racionalismo), que corresponde aos gustos da nova elite burguesa, práctica e ordenada. Aquí pertencen a Casa Trinxet, a Casa Muntades e a Casa Company.
  • A terceira é a época amarela (Monumentalismo). Desenvóvese durante o período da Exposición Universal de 1929 en Barcelona, da que vai ser o primeiro arquitecto. Esta caracterízase polo monumentalismo, a cor amarela nas fachadas e mais pola imitación da arquitectura romana que se mestura co tipismo valenciano e andaluz. Tamén proxectará a Casa Pich inspirándose no arquitecto americano Louis Sullivan.

En 1917 foi nomeado presidente da Mancomunidade de Cataluña (Mancomunitat de Catalunya) en substitución do finado Enric Prat de la Riba, creando durante o seu mandato escolas e institucións culturais, favorecendo a mellora das infraestruturas e a explotación agraria de Cataluña. Ocupou o cargo até que o xeneral Primo de Rivera, durante a ditadura militar, disolveu a Mancomunitat (20 de marzo de 1925) e temtou desfacer a obra realizada.

Ademais das actividades descritas, tamén desenvolveu un enorme traballo como historiador da arte, especialmente da arte románica, sobre a cal escribiría unha obra fundamental: L'arquitectura romànica a Catalunya e mais outros títulos.

Foi membro da Real Academia Catalá de Belas Artes de Sant Jordi e en 1942 foi nomeado presidente do Institut d'Estudis Catalans, o equivalente catalán das academias lingüísticas, presidencia que ocupou até a súa morte en 1956.

Principais obras

  • Casa Macaya (Barcelona)
  • Casa Amatller (Barcelona, Paseo de Gracia, 41) (1898 - 1900)
  • Casa Company (Barcelona)
  • Casa Trinxet (Barcelona; c/Còrcega, 268 – desaparecida)
  • Casa Serra (Barcelona)
  • Casa Llorach (Barcelona R/ Muntaner, - desaparecida)
  • Casa Martí (Barcelona; R/Montsió, 3 bis – aquí se acha o local Els Quatre Gats)
  • Casa Muley-Afid (Barcelona)
  • Casa Muntades (Barcelona)
  • Casa de les Punxes/Casa Terrades (Barcelona; Avenida Diagonal, 416–420) (19031905)
  • Casa Sastre Marquès (Barcelona)
  • Fábrica Casaramona (Barcelona)
  • Pazo do Barón de Quadras (Barcelona; Avenida Diagonal, 373 e R/Rosselló, 279) (19041906)
  • Torre Pastor de Cruïlles (Barcelona)
  • Casa Garí (Argentona)
  • Casa Puig i Cadafalch (Argentona)
  • Casa Furriols (La Garriga)
  • Casa do Concello (Mataró)
  • Casa Coll i Regàs (Mataró)
  • Casa Parera (Mataró)
  • Casa Sisternes (Mataró)
  • El Rengle (Mataró)
  • La Beneficiència (Mataró)
  • Caves Codorniu (Sant Sadurní d'Anoia)
  • "La telegrafia" (El Prat de Llobregat)
  • Igrexa de Santo Estevo de Andorra la Vella (Andorra la Vella), restauración

Galería de imaxes

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.