O 3 de setembro é o 246º día do ano do calendario gregoriano e o 247º nos anos bisestos . Quedan 119 días para finalizar o ano .
401 a.C. - Batalla de Cunaxa: Ciro , príncipe pretendente ao trono persa, malia a axuda de mercenarios gregos, é vencido e morto polas tropas do xa Artaxerxes II . Os gregos emprenden, á consecuencia da derrota, a retirada ao seu país, narrada por Xenofonte na Anábase .
32 - México : primeiros documentos escritos de América nas estelas da época Olmeca tardía (ver Tres Zapotes )
301 - Fundación da república de San Marino .
1189 - Ricardo Corazón de León é coroado rei de Inglaterra na Abadía de Westminster .
1539 - Apróbanse os estatutos que Ignacio de Loiola presentara ao papa Paulo III para a fundación da Compañía de Xesús .
1783 - Inglaterra recoñece a independencia dos Estados Unidos de América a través dun Tratado de Paz asinado en París .
1791 - en Francia proclámase a primeira Constitución escrita da súa historia.
1813 - O pobo do Perú invade edificios públicos contra a demora na abolición da Inquisición .
1816 - O comandante ecuatoriano Carlos de Montúfar , fillo do prócer Juan Pío de Montúfar , é fusilado en Colombia .
1821 - Chiapas declárase independente de España .
1854 - Bartolomé Mitre funda o Instituto Histórico-Geográfico del Río de la Plata na Arxentina .
1864 - Prodúcese unha explosión na fábrica de Alfred Nobel para a elaboración de glicerina, elemento esencial para a produción de dinamita.
1873 - En España , Santiago Ramón y Cajal é destinado, como tenente militar, a Burgos
1900 - Gran Bretaña anéxase Natal.
1914 - O cardeal Giacomo della Chiesa é nomeado Papa Bieito XV .
1925 - Xógase o primeiro partido internacional de balonmán .
1930 - Un furacán devasta Santo Domingo , na República Dominicana , e causa a morte de máis de 800 persoas.
1930 - Os pilotos franceses Dieudonné Costes e Maurice Bellonte aterran preto de Nova York , despois de cruzar o Atlántico nun voo de 37 horas.
1935 - Malcolm Campbell convértese no primeiro home en conducir un automóbil a máis de 300 mi por hora.
1939 - Chega a Valparaíso no navío Winnipeg , que transporta emigrantes españois sacados de Francia polo cónsul especial chileno, o poeta Pablo Neruda .
1939 - Francia e Inglaterra declaran a Guerra a Alemaña, tras a invasión de Polonia por parte desta.
1944 - As tropas aliadas liberan Bruxelas da ocupación alemá.
1947 - Estados Unidos entrega isótopos radioactivos a científicos de países amigos.
1950 - O Racing Club de Avellaneda , Arxentina, inaugura o Estadio Presidente Juan Domingo Perón .
1953 - Entra en vigor a Convención Europea de Dereitos Humanos .
1954 - É canonizado San Pío X .
1955 - Inauguración do estadio Ramón de Carranza , pertencente ao equipo andaluz Cádiz Club de Fútbol .
1967 - Suecia adopta a man dereita para a circulación.
1971 - Na Arxentina , Juan Domingo Perón recibe dos militares o cadáver da súa segunda esposa, Evita .
1976 - A nave Viking II aterra en Marte .
1978 - Comeza oficialmente o pontificado de Xoán Paulo II .
2004 - Masacre nunha escola da cidade de Beslan (Rusia ), con 344 mortos, entre profesores e alumnos.
Fritz Pregl.
1834 - Luís Otero Pimentel , militar e escritor galego (m. 1920 ).
1854 - Isidoro Bugallal , político galego (m. 1914 ).
1869 - Fritz Pregl , químico austríaco, Premio Nobel de Química (m. 1930 ).
1870 - Federico Maciñeira , historiador e xeógrafo galego (m. 1943 ).
1875 - Ferdinand Porsche , proxectista de automóbiles austríaco (m. 1951 ).
1888 - Nereu Ramos , presidente do Brasil (m. 1958 ).
1898 - Marcial Fernández Vázquez , mestre e político galego (m. 1963 ).
1899 - Frank Macfarlane Burnet , biólogo australiano, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina (m. 1985 ).
1900 - Urho Kekkonen , presidente de Finlandia (m. 1986 ).
1900 - Maurice Dobb , economista inglés (m. 1976 ).
1905 - Carl David Anderson , físico estadounidense (m. 1991 ).
1926 - Irene Papas , actriz grega.
1928 - Renán Flores Jaramillo , escritor ecuatoriano.
1930 - Xoán Bautista Andrade , escritor galego (n. 1879 ).
1938 - Ryoji Noyori , químico xaponés, Premio Nobel de Química o 2001 .
1940 - Eduardo Galeano , xornalista uruguaio (m. 2015 ).
1942 - Levy Mwanawasa , presidente de Zambia .
Iván Turguiéñef.
1658 - Lord Oliver Cromwell , líder político e militar inglés (n. 1599 ).
1883 - Iván Turguiéñef , escritor ruso (n. 1818 ).
1911 - Pancho Rodríguez , agrarista galego.
1927 - Luís Amado Carballo , poeta galego (n. 1901 ).
1936 - Juan Abramo Dios , mestre e político galego (n. 1908).
1948 - Edvard Beneš , presidente de Checoslovaquia (n. 1884 ).
1951 - Manuel Rodríguez González , guerrilleiro antifranquista galego.
1959 - Manuel García Rodríguez , guerrilleiro antifranquista galego.
1986 - Tomás Barros , pintor e escritor galego (n. 1922 ).
1991 - Frank Capra , director de cine estadounidense (n. 1897 ).
2017 - John Ashbery , escritor estadounidense (n. 1927).
Santoral: San Gregorio Magno.
Os 366 días do ano