Remove ads
militar e escritor galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Luís Otero Pimentel, nado en Outeiro (Portodemouros, Vila de Cruces)[1] o 3 de setembro de 1834 e finado en Cádiz en 1920, foi un militar e escritor galego en lingua galega e lingua castelá. A súa obra máis destacada é Campaña da Caprecórneca, novela publicada por entregas no semanario Follas Novas en 1897.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Luis Otero y Pimentel 3 de setembro de 1834 Outeiro, España |
Morte | 1920 (85/86 anos) Cádiz, España |
Actividade | |
Ocupación | escritor, militar |
Xénero artístico | poesía, novela, ensaio |
Obra | |
Obras destacables | |
Descrito pola fonte | Diccionario bio-bibliográfico de escritores Historia da literatura galega contemporánea |
Era descendente dos Otero Bermúdez de Duxame. Pasou parte da súa infancia e xuventude nas terras de Portodemouros e como os seus antepasados, seguiu a carreira militar. Coronel de Infantaría, destinado a Cuba onde foi Primeiro Oficial do Arquivo da Capitanía Xeneral de Cuba e Gobernador da cidade de Manzanillo. Despois da perda de Cuba, regresou á península a principios de 1899, e instalouse en Cádiz, onde viviu até a súa morte en 1920.
En 1886 publicou na Habana a novela Semblanzas caballerescas o las nuevas aventuras de Don Quijote de la Mancha, na que se relata unha viaxe de Don Quixote e Sancho Panza a Cuba a fins do século XIX e as aventuras que alí lles ocorren.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.