Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Centre Català foi unha entidade catalanista fundada en Barcelona en xuño de 1882,[1] a partir das ideas xurdidas do Primeiro Congreso Catalanista, para defender os intereses materiais e morais de Cataluña e para acadar a unión de tódolos cataláns.[2]
Centre Català | |
---|---|
Dirixentes e organización | |
Líder | Valentí Almirall |
Historia | |
Fundación | 1882 |
Disolución | 1888 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Catalanismo |
A cerimonia de apertura tivo lugar no Teatro Romea en Barcelona o 17 de xuño de 1882. Escolleuse como presidente a Frederic Soler (escritor que adoitaba asinar como Serafí Pitarra), e como vicepresidente a Valentí Almirall,[1] que era, en realidade, a alma e o líder principal. Tamén participou na fundación Manuel de Lasarte i Rodríguez-Cardoso. O seu lema era Cataluña i avant! (traducido como Cataluña e adiante!)[1] e pretendía ser unha plataforma unitaria e ampla que agrupara a tódolos catalanistas, tanto carlistas como federalistas. Nesta primeira etapa, apolítica, intentaron atraer aos compoñentes de La Renaixença e nos estatutos prohibíase debater de temas políticos e relixiosos.[2]
En abril de 1883, presentou un programa de sete puntos, entre os que destacan:
Valentí Almirall procurou que mudara a actitude política inicial e conseguiu que o Centre organizara o Segundo Congreso Catalanista (xuño de 1883), e pretendeu que se debatera. Porén, os enfrontamentos entre os partidarios de Almirall e os de Pi i Margall impediron a súa aprobación,[3] pero si se chegou a condenar a participación de cataláns en partidos de obediencia estatal.
O 19 de xaneiro de 1884, converteuse en partido político, propoñendo o fomento do asociativismo comarcal catalán e artellar unha ampla fronte reivindicativa catalá que tentou se presentar nas eleccións en 1886. En 1885, integráronse os conservadores carlistas Eusebi Güell i Bacigalupo e Ferrán Alsina, procedentes do Centre Escolar Catalanista, feito que debilitará o liderado de Almirall. O momento máis relevante do Centre será, cando en 1885 exercitou o dereito de presentación, recoñecido na constitución, e foi Almirall o redactor e quen presente, perante o rei Afonso XIII, o Memorial de greuges (Memorial de agravios).[4]
Porén, non se puido manter durante moito tempo a unión de grupos tan heteroxéneos e nas eleccións ao consello de administración do Centre Català en xuño de 1887, Almirall venceu a Ferrán Alsina. O sistema de maiorías e minorías, entre conservadores e liberais segundo o lugar do grupo non era moi realista e provocou as protestas no Centro de Sabadell, e acusouse aos conservadores de separatistas. O 19 de agosto, o Consello Xeral de Barcelona disolveu a delegación de Sabadell e advirtiu á do Masnou de face-lo mesmo. Estes feitos máis a oposición de Almirall á Exposición Universal de Barcelona de 1888[5] que os conservadores crían que podería ser unha boa plataforma de espallamento catalanista, provocaron que L'Arc de Sant Martí e La Renaixença abandonaran o grupo. Ao mesmo tempo, as delegacións disidentes disolvéronse e refundáronse como centros independentes.
En 1887, os elementos socialmente máis conservadores, como Joan Josep Permanyer, Àngel Guimerà ou Lluís Domènech i Montaner, abandonaron o partido para formar a Lliga de Catalunya e, con eles, tamén marchan os procedentes do Centre Escolar[4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.