Henrique Rabuñal

escritor e crítico literario galego From Wikipedia, the free encyclopedia

Henrique Rabuñal

Henrique Manuel Rabuñal Corgo, nado en Pastoriza (Arteixo) o 6 de novembro de 1962, é un profesor, escritor e crítico literario galego.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Henrique Rabuñal
Thumb
Biografía
Nacemento6 de novembro de 1962 (62 anos)
Pastoriza, España
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Actividade
Ocupaciónescritor, profesor de ensino secundario
Premios

AELG: 187 Dialnet: 860718
Pechar

Traxectoria

Licenciouse en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela, conseguindo posteriormente o doutoramento[1]. A súa tese doutoral foi publicada en 1994 co título Textos e Contextos do Teatro Galego (1671-1936). Esta obra converteuno definitivamente nun dos máis prestixiosos estudosos sobre teatro galego, se ben xa dera a coñecer esta súa faceta durante a celebración do II Congreso Internacional de Lingua e Literatura Galego-Portuguesa (organizado pola AGAL, da que é socio), ao cal acudiu co traballo: "Contribuiçom ao estudo do Entremez famoso sobre a pesca no rio Minho". Tamén é Diplomado en Lingua Portuguesa pola Universidade de Coímbra.[2]

Nacionalista galego, Henrique Rabuñal traballou desde moi novo en asociacións de corte galeguista por el mesmo fundadas (A Nova Mocidade e Xiada). Foi presidente e directivo da Asociación de Escritores en Lingua Galega. É catedrático de lingua e literatura galegas con destino no IES Agra do Orzán da Coruña logo de exercer nos Institutos de Foz, Salvador de Madariaga, Manuel Murguía, Paseo das Pontes, Rafael Dieste e Ramón Menéndez Pidal[3], e tamén foi profesor do Departamento de Galego-Portugués, Francés e Lingüística da UDC.[4] Henrique Rabuñal cultivou a narrativa e especialmente a poesía, ensaio e teatro.

Manuel Murguía, Marinhas del Valle, Carvalho Calero, o Padre Sarmiento, Lugrís Freire, Xosé María Álvarez Blazquez ou Manuel María foron obxecto dos seus estudos en moitas ocasións. Ten colaborado en numerosas revistas e xornais.[5]

Obra

Narrativa

Poesía

Teatro

Ademais doutras pezas que viron a luz en diferentes publicacións.[6]

Ensaio

Edicións

  • O marinheiro, de Fernando Pessoa (1985), Cadernos da Escola Dramática Galega.
  • La primera luz. Libro de lectura para uso de las escuelas de primeras letras de Galicia. Manuel Murguía (2000). Ed. facsímile. Edicións Xerais de Galicia, S. A. e San Luis en Vigo. Prólogo de Xesús Alonso Montero, edición e estudo de Henrique Rabunhal (en galego). ISBN 84-830-2539-6.[15]
  • Poemas coruñeses: antoloxía de textos poéticos dos séculos XIX e XX sobre a Coruña (2008). Espiral Maior. 95 páxs. ISBN 9788496475854.

Homenaxes e obras conxuntas

Premios

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.