O Instituto da Lingua Galega (ILG) é un instituto universitario pertencente á Universidade de Santiago de Compostela creado en 1971[1][2] para promover o uso e normalización da lingua galega e estudala sincrónica e diacronicamente. Ten a súa sede en Santiago de Compostela, no número 4 da Praza da Universidade, edificio cuxa construción data de 1640[3].

Datos rápidos Tipo, Data de fundación ...
Instituto da Lingua Galega
Thumb
Sede do ILG
Tipoinstituto de investigación e regulador lingüístico
Data de fundación1971
Director/aXosé Luís Regueira, Ernesto Xosé González Seoane, Rosario Álvarez Blanco, Antón Santamarina, Constantino García e Elisa Fernández Rei
PremiosPremio Otero Pedrayo e Medalla de Ouro de Galicia
SedeSantiago de Compostela
EnderezoPraza da Universidade, 4. 15782
PaísGalicia
Na rede
http://ilg.usc.es/
Twitter: ilg_usc Instagram: ilg_usc BNE: XX128341 Editar o valor en Wikidata
[ editar datos en Wikidata ]
Pechar
Thumb
Placa na sede da institución.

Historia

O seu primeiro director foi Constantino García González, estando á fronte da sección de lexicografía Antón Santamarina Fernández, quen o substituíu no cargo (1991-2005). Sucedéronos Rosario Álvarez (desde finais do 2005 a marzo de 2013), Ernesto González (marzo de 2013-xuño de 2018)[4], Xosé Luís Regueira[5] (2018-maio 2023) e Elisa Fernández Rei, desde o 30 de maio de 2023.[6]

Tivo un papel destacado na elaboración das normas da lingua galega de 1982 de forma conxunta coa Real Academia Galega, como nas reformas de 1995 e 2004 aprobadas pola RAG [7]. Ademais, leva a cabo diferentes traballos coas novas tecnoloxías da información, coma o Tesouro Medieval Informatizado da Lingua Galega (TMILG, en colaboración co Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades) ou o Tesouro Informatizado da Lingua Galega (TILG).

Acolle no seu seo conferencias, congresos, simposios, xuntanzas e encontros sobre diferentes temas relacionados coa lingua e literatura galegas (normalización lingüística, historia da lingua galega, ensino, sociolingüística etc.)

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.