Fernando Pessoa
escritor portugués From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
escritor portugués From Wikipedia, the free encyclopedia
Fernando António Nogueira Pessoa, nado en Lisboa o 13 de xuño de 1888 e finado na mesma cidade o 30 de novembro de 1935, foi un poeta e escritor portugués. O seu libro máis coñecido é Mensagem. Pessoa é considerado, en conxunto con Camões, un dos máis importantes poetas de lingua portuguesa. O crítico literario Harold Bloom considerouno, no seu libro The Western Canon ("O canone occidental"), o máis representativo poeta do século XX, xunto con Pablo Neruda.
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
(1914) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (pt) Fernando António Nogueira Pessoa 13 de xuño de 1888 Lisboa, Portugal |
Morte | 30 de novembro de 1935 (47 anos) Lisboa, Portugal |
Causa da morte | cirrose hepática |
Lugar de sepultura | Mosteiro dos Xerónimos |
Relixión | Neopaganismo |
Educación | Universidade de Lisboa Universidade de Suráfrica |
Actividade | |
Lugar de traballo | Durban |
Ocupación | Poeta, escritor, tradutor, Correspondente comercial |
Período de actividade | 1912 – 1935 |
Xénero artístico | Poesía,ensaio, teatro, ficción |
Movemento | Modernismo |
Pseudónimo literario | Alberto Caeiro Ricardo Reis Álvaro de Campos Bernardo Soares |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | sen valor |
Parella | Ofélia Queiroz |
Pais | Joaquim de Seabra Pessoa e Maria Magdalena Pinheiro Nogueira |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Tiña ascendencia galega por parte materna, con raíces en Outes e Negreira.[1] Aínda que naceu en Lisboa, Fernando Pessoa viviu toda a súa infancia e adolescencia en Durban, Suráfrica, o que lle proporcionou un profundo contacto coa lingua inglesa. Perdeu a seu pai, vítima de tuberculose, cando tiña cinco anos de idade e a súa nai casou novamente cando tiña sete. Terminou os seus estudos naquel país na Universidade do Cabo (onde recibirá o Queen Victoria Memorial Price ao mellor ensaio). Mentres estudaba, regresou a Portugal durante un ano para reencontrar as familias paterna (en Tavira) e materna (na Illa Terceira).
Regresou definitivamente a Lisboa en 1905, frecuentando durante dous anos o curso Superior de Letras da Universidade de Lisboa. Pasa a se dedicar, no entanto, á tradución de correspondencia comercial.
Pessoa foi internado o día 29 de novembro de 1935, no Hospital de São Luís dos Franceses, vítima dunha crise hepática. O 30 de novembro morreu. Nos últimos momentos da súa vida pide os anteollos e clama polos seus heterónimos.
Na conmemoración do centenario do seu nacemento en 1988 o seu corpo foi trasladado ao Mosteiro dos Xerónimos, confirmando o recoñecemento que non tivo en vida.
Considérase que a gran creación estética de Pessoa foi a xénese heteronómica practicada na súa obra. Os heterónimos, diferentes dos pseudónimos, son personalidades poéticas completas: identidades, que, en principio falsas, tórnanse verdadeiras a través da súa manifestación artística propia e diversa do autor orixinal. Entre os heterónimos, o propio Fernando Pessoa pasou a ser chamado ortónimo, xa que era a personalidade orixinal. Entre tanto, coa madureza de cada unha das outras personalidades, o propio ortónimo tornouse apenas máis un heterónimo entre os outros. Os tres heterónimos máis coñecidos (e tamén aqueles con maior obra poética) foron Álvaro de Campos, Ricardo Reis e Alberto Caeiro.
A través dos heterónimos, Pessoa conduciu unha profunda reflexión sobre a relación entre verdade, existencia e identidade.
A obra ortónima de Pessoa pasou por diferentes fases, mais envolve basicamente a procura dun certo patriotismo perdido, a través dunha actitude sebastianista reinventada. O ortónimo foi profundamente influenciado, en varios momentos, por doutrinas relixiosas como a teosofía e sociedades secretas como a masonaría. A poesía resultante ten un certo ar mítico, heroico (case épico, mais non na acepción orixinal do termo), e por veces tráxico.É un poeta universal, na medida en que nos foi dando, mesmo con contradicións, unha visión simultaneamente múltipla e unitaria da Vida. É precisamente nesta tentativa de ollar o mundo dunha forma múltipla (cun forte substrato de filosofía racionalista e mesmo de influencia oriental) que reside unha explicación plausible para ter criado os celebres heterónimos: Alberto Caeiro, Álvaro de Campos e Ricardo Reis, sen contarmos aínda co semiheterónimo Bernardo Soares.
A principal obra de "Pessoa el-mesmo" é Mensagem, unha colección de poemas sobre os grandes personaxes históricos portugueses. O libro foi, tamén, o único a ser publicado en canto foi vivo.
Entre todos os heterónimos, Campos foi o único a manifestar fases poéticas diferentes ao longo da súa obra. Era un enxeñeiro de educación inglesa e orixe portuguesa, mais sempre coa sensación de ser un estranxeiro en calquera parte do mundo.
Comeza a súa traxectoria como un decadentista (influenciado polo Simbolismo), mais logo se adhire ao Futurismo. Despois dunha serie de desilusións coa existencia, asume unha vea nihilista, expresa naquel que é considerado un dos poemas máis coñecidos e influentes da lingua portuguesa, Tabacaria.
O heterónimo Ricardo Reis é descrito como sendo un médico que se definía como latinista e monárquico. De certa maneira, simboliza a herdanza clásica na literatura occidental, expresa na simetría, harmonía, un certo bucolismo, con elementos epicúreos e estoicos. A fin inexorable de todos os seres vivos é unha constante na súa obra, clásica, depurada e disciplinada.
Segundo Pessoa, Reis mudouse para o Brasil en protesta á proclamación da República en Portugal e non se sabe o ano da súa morte.
José Saramago, en O ano da morte de Ricardo Reis continua, nunha perspectiva persoal, o universo deste heterónimo, despois da morte de Fernando Pessoa, cuxo fantasma establece un diálogo co seu heterónimo, sobrevivente ao criador.
Caeiro, polo seu lado, tería sido un campesiño sen estudos formais, mais considerado o mestre entre os heterónimos (polo ortónimo, inclusive). Tamén é coñecido como o poeta-filósofo, mais rexeitaba este título e pregaba unha "non-filosofía". Acreditaba que os seres simplemente son, e nada máis: irritábase coa metafísica e calquera tipo de simboloxía para a vida.
Posuía unha linguaxe estética directa, concreta e simples, mais aínda así, bastante complexa do punto de vista reflexivo. O seu ideario resúmese no verso Hai metafísica bastante en non pensar en nada. A súa obra está agrupada no compilatorio Poemas Completos de Alberto Caeiro.
Pessoa escribiu a novela curta O banqueiro anarquista (1922).
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.