Remove ads
símbolos ou signos gráficos dun sistema de escritura From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha letra é cada un dos símbolos ou signos gráficos dun sistema de escritura. Os signos de certas escrituras, como algunhas moi antigas, son chamados silabogramas se describen unha sílaba, ideogramas se reflicten unha idea (ás veces parte dunha palabra) ou logogramas se reflicten unha palabra ou oración, como algúns xeroglíficos. Unha palabra é o conxunto formado por unha ou máis letras con significación semántica. Os nomes das letras son masculinos en galego. As letras divídense en vogais e consoantes segundo o tipo de son que representan.
Como símbolos que denotan un segmento do discurso, as letras vencéllanse coa fonética. Nun alfabeto fonético puro, un fonema simple é denotado por unha letra simple, aínda que tanto na historia como na práctica non haxa unha correspondencia biunívoca entre fonemas e letras. Unha parella de letras que designan a un fonema simple reciben o nome de dígrafos. Algúns exemplos de dígrafos en portugués son ch, nh e lh; mentres que en galego atopamos ch, nh, rr e ll. Un fonema tamén pode ser representado por tres letras, que reciben o nome de trígrafo. Un exemplo disto último é a combinación "sch" en alemán.
As letras tamén teñen nomes específicos asociados a elas. Estes nomes poden diferir coa lingua, o dialecto e a historia.
As letras, como elementos dos alfabetos, teñen unha orde prescrita. Isto, xeralmente, coñécese como "orde alfabética", aínda que a clasificación alfabética é a ciencia dedicada á tarefa complexa de ordenar e clasificar as letras nos diferentes idiomas. En galego, por exemplo, o ñ é unha letra separada no canto dun "n" que necesita doutro "n" para predecer ao ñ na clasificación alfabética. En inglés, tanto n como ñ son clasificados da mesma forma.
As letras, ademais, poden ter un valor numérico. É o caso dos números romanos e as letras doutros sistemas de escritura. En galego e na maioría dos idiomas, empréganse hoxe en día os numerales arábigos no canto dos romanos.
A creación das letras viuse precedida pola escritura semítica occidental, que apareceu en Canaán arredor do -1000. Estímase que hai antecedentes na escritura proto-canita, que se remonta cara ao 1800 adC. Na última instancia, todos os alfabetos teñen as súas orixes neste sistema.
Como exemplos de "alfabetos" pódense mencionar:
Alfabeto arábigo: ﺍ, ﺏ, ﺕ, ﺙ, ﺝ, ﺡ, ﺥ, ﺩ, ﺫ, ﺭ, ﺯ, ﺱ, ﺵ, ﺹ, ﺽ, ﻁ, ﻅ, ﻉ, ﻍ, ﻑ, ﻕ, ﻙ, ﻝ, ﻡ, ﻥ, هـ, ﻭ, ﻱ
Alfabeto cirílico: А, Б, В, Г, Ґ, Д, Е, Є, Ж, З, И, І, Ї, Й, К, Л, М, Н, О, П, Р, С, Т, У, Ф, Х, Ц, Ч, Ш, Щ, Ю, Я, Ъ, Ь, Ђ, Љ, Њ, Ћ, Џ
Alfabeto grego: Α, Β, Γ, Δ, Ε, Ζ, Η, Θ, Ι, Κ, Λ, Μ, Ν, Ξ, Ο, Π, Ρ, Σ, Τ, Υ, Φ, Χ, Ψ, Ω.
Alfabeto hebreo: א, ב, ג, ד, ה, ו, ז, ח, ט, י, כ, ל, מ, נ, ס, ע, פ, צ, ק, ר, ש, ת.
Alfabeto latino: A, B, C, D, E, F, G, H, I, J, K, L, M, N, O, P, Q, R, S, T, U, V, W, X, Y, Z.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Letra |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.