Ю, ю (cursiva Ю, ю) é unha letra do alfabeto cirílico. É a vixésimo novena letra no alfabeto búlgaro, a trixésimo primeira no alfabeto belaruso, e a trixésimo segunda no alfabeto ruso e ucraíno.
Orixes
Á parte da forma I-O, en manuscritos primitivos en antigo eslavo eclesiástico a letra aparece tamén na súa forma reflectida O-I (Ꙕ, ꙕ). É esta a forma que probablemente sexa a orixinal, representando fielmente a combinación grega οι (ómicron-iota). Nos tempos nos que o alfabeto grego foi adaptado ao antigo eslavo eclesiástico (dando lugar ao alfabeto cirílico), este dígrafo representaba a vocal pechada anterior redondeada /e/ no grego culto. O dígrafo οι era tan básico para os falantes de grego que a letra υ (ípsilon) que representaba o mesmo son pasou a chamarse υ ψιλόν (e psilon), υ "simple" en contraste con οι "complexa".
Probablemente, de maneira análoga ás outras letras iotizadas "de Iota, Ѥ, ІА (cirílico), Ѩ (cirílico) e Ѭ (cirílico), que cumprían funcións similares no antigo eslavo eclesiástico, esta ligadura OI foi pronto reflectida á súa forma actual ю.
Uso
Representa a vogal iotizada /ju/, ou /ou/ despois dunha consoate palatalizada.
Táboa de códigos
Codificación de caracteres | Tipo | Decimal | Hexadecimal | Octal | Binario |
---|---|---|---|---|---|
Unicode | Maiúscula | 1070 | 042E | 002056 | 0000 0100 0010 1110 |
Minúscula | 1102 | 044E | 002116 | 0000 0100 0100 1110 | |
ISO 8859-5 | Maiúscula | 206 | CE | 316 | 1100 1110 |
Minúscula | 238 | EE | 356 | 1110 1110 | |
KOI 8 | Maiúscula | 224 | E0 | 340 | 1110 0000 |
Minúscula | 192 | C0 | 300 | 1100 0000 | |
Windows 1251 | Maiúscula | 222 | DE | 336 | 1101 1110 |
Minúscula | 254 | FE | 376 | 1111 1110 |
Os seus códigos HTML son: &1070
; ou Ю para a minúscula e &1102
; ou &x44E
; para a minúscula.
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.