Manuel Martínez González

escritor español From Wikipedia, the free encyclopedia

Manuel Martínez González, nado en Azuqueca de Henares (Guadalaxara) o 21 de abril de 1849 e finado o 26 de abril de 1894, foi un poeta galego.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Manuel Martínez González
Biografía
Nacemento21 de abril de 1849
Azuqueca de Henares, España
Morte26 de abril de 1894 (45 anos)
Actividade
Ocupaciónescritor

Pechar

Traxectoria

Manuel Martínez González era fillo dun garda civil natural de Somozas, Juan Martínez, e mais dunha salmantina, Sabina González. Aos seis anos comezou os estudos primarios en Santiago de Compostela, onde fora destinado seu pai. Máis tarde pasou a cursar Dereito na mesma cidade, estudos que rematou en Madrid en 1871.

Posteriormente, Martínez fixo oposicións para notaría, exercendo a profesión, sucesivamente, en Vigo, Cangas e Padrón.

Obra publicada

Boa parte da súa obra poética está espallada por revistas e xornais da época. Só publicou un libro de poemas:

  • Poemas gallegos. Pontevedra. Tipografía de José M. Madrigal. 1883.

A pesar do seu título todas as poesías inclusas no libro están redactadas en galego, excepto precisamente, o poema introdutorio do libro: "A Galicia", que está escrito en castelán.

Temática

Os poemas incluídos no seu único libro son de temáticas variadas. Boa parte son de tipo social ou civil, e tratan de diversos aspectos da Galicia da época: "Oda a Alfonso XII" (epón ao monarca unha crítica do caciquismo político), "O pobre" (sobre a emigración) ou "A Unión Ibérica", son mostras das preocupacións de Martínez González. Tal como fora corrente na poesía galaica decimonónica, non se esquece de incluír poemas costumistas: "A romería", "Bo consello". A imitación da primeira Rosalía aparece en títulos como "Cantares da aldea" e "Cantares gallegos", e non faltan poesías intimistas e de tipo romántico: "Rimas", "Na eternidá". Hai incluso composicións historicistas ("Rodrigo Gómez") e, un bo ramallete de poemas de circunstancias, adicados expresamente a amizades distintas ("A Don Benito Losada". "No album da señorita Dª Maruxiña León").

Lingua

A escrita de Martínez González é a usual no século XIX, con abundancia de apóstrofes. Utiliza o "y" con matiz arcaicista (rey, nay, ley) e con carácter antihiático (todo o manexa / y é quen o desfay; filliño d'a yalma). Substitúe co -r- nos grupos con -l- (imposibre, puebro, groria). Usa o seseo de tipo implosivo (xues, arcás). Abundan no léxico os castelanismos popularizados xa na época (decir, puebro, carretera, gallego, diputado) e os vulgarismos (hestoria, auntamento, Madrí, eleutoral).

Vida persoal

Foi tío de Luciano Varela Martínez.

Véxase tamén

Bibliografía

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.