Remove ads
escritor español From Wikipedia, the free encyclopedia
Manuel Carlos Vidal Rodríguez, nado en Maceda en 1871 e finado en Compostela o 3 de maio de 1941, foi un sacerdote, docente, escritor e investigador galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1871 Maceda, España |
Morte | 3 de maio de 1941 (69/70 anos) Santiago de Compostela, España |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Pertencía a unha familia acomodada con facenda e caseiros que rexentaba unha botica na agora rúa principal da vila. Fixo carreira eclesiástica, acadou o doutoramento en Filosofía e Letras coa memoria Estudio del Régimen Gramatical en Latín por medio de cuadros sinópticos.
No Madrid de comezos do século XX inseriuse na órbita dos cregos galegos destacados nos medios eclesiásticos da Corte, con Basilio Álvarez e Javier Vales Faílde. Os tres conduciron a revista Galicia que se imprimiu entre 1906 e 1909. As reivindicacións antiforais, o Valle-Inclán das Sonatas, colaboradores novos (Castelao) e a corrente agraria arredor do que despois sería Acción Gallega, farían que Vidal se movese en primeira liña naquel círculo elitista.
Marcha a Compostela onde obtén a cátedra de Literatura. No curso 1914-15 xa exercía como profesor de Lingua Castelá no Instituto de 2ª Ensinanza. Vencellado a Emilia Pardo Bazán, Vidal residiu no Pazo de Meirás cinco veráns -de 1914 a 1918-, como capelán protexido da condesa.
Cando se instaurou a República, Vidal foi ratificado como vicedirector por un período de cinco anos máis. Asinou en 1932, xunto con outros intelectuais, un manifesto a prol do Estatuto de Autonomía, sendo, xunto con Salustiano Portela Pazos, o primeiro que deu tal naquela época. Mantivo tamén amizade co arcebispo Lago González.
Finou no seu domicilio compostelán o 3 de maio de 1941.
Colaborou en moitas publicacións periódicas: Airiños da Miña Terra, da Habana, Galicia; o semanario escolar compostelán Maruxa; Ultreya e El Ideal Gallego cunha sección fixa titulada "Narraciones compostelanas".
Ten unha enorme produción vencellada co mundo da docencia: ademais da memoria de doutoramento, Historia de la Literatura española, Lecciones de Preceptiva general literaria, Lecciones de Preceptiva especial de los géneros literarios, Nociones de Estética, Proyecto de organización del bachillerato, Al margen de la reforma del bachillerato: observaciones, Lengua y Literatura española. Plan cíclico, Antología de apólogos castellanos de cien escritores y poetas moralistas, Cancionero de Navidad. Villancicos y diálogos pastoriles de poetas castellanos de los siglos XV, XVI y XVII, Ortografía de la Lengua castellana, Lecciones de Gramática elemental de la Lengua castellana.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.