Remove ads
escritor e xornalista galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Amador Manuel Joaquín de la Concepción Montenegro L. de Saavedra, chamado Amador Montenegro, nado en Santiago de Compostela o 30 de abril de 1864 e finado en Lugo o 22 de setembro de 1932, foi un escritor e xornalista que fundou o periódico A Monteira en 1889.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de abril de 1864 Santiago de Compostela, España |
Morte | 22 de setembro de 1932 (68 anos) Lugo, España |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Membro de | Real Academia Galega (académico de número) (1909–1932) Real Academia Galega (membro correspondente) (1905–1909) |
Familia | |
Pai | Siro Montenegro López |
Amador era fillo de Siro Montenegro López, nobre terratenente de San Xiao de Mos, en Castro de Rei, que foi alcalde de Lugo en 1852; e de Pilar Saavedra Costas, tamén natural de Lugo.
Estudou a carreira de dereito na Universidade de Santiago de Compostela, rematando os estudos na de Valladolid. A súa carreira profesional foi breve: comezou de pasante dun avogado parente da familia en Monforte e encargáronlle un preito entre dous labregos. Como conseguiu que se amañasen sen chegar ao xuízo, o parente díxolle que así non lle interesaba e despediuno. Desde entón, Amador Montenegro dedicouse á agricultura e ó movemento agrarista.
Casou con Pura López Saavedra,[1] a súa curmá, que residía en Moaña (Pontevedra), dunha familia de grandes propiedades agrícolas que chegaban ata Vilafranca do Bierzo (León) e que pasou a administrar el, o que o levou a fixar a residencia en Vigo, onde naceron os seus nove fillos. Nesta cidade traballou tamén como profesor no colexio La Concepción, formou parte da Liga de Defensores de Vigo e ocupou diversos cargos no Concello e na Cámara de Comercio.
Sen chegar a militar nunca en ningún partido político, tivo nun principio certa ideoloxía nacionalista e combateu o caciquismo imperante na época e, sobre todo, o sistema de foros imperante. Tamén desenvolveu certo papel no movemento galeguista cultural da súa época.
Amador Montenegro foi así mesmo divulgador de temas agrícolas (entre os seus títulos, Causas generales de la decadencia agrícola en Galicia, Lugo, 1903; Contra el mildiu, el oídio y el black-root, Vigo, 1917).
Foi membro de número da Real Academia Galega[2] e o seu discurso, Alma da poesía galega (Santiago, 13/12/1909), así como a súa contestación, a cargo de Juan Barcia Caballero, foron os primeiros lidos en galego na douta institución.[3][4]
Da súa ocupación como administrador de terras agrícolas veu a publicación de diversos estudos neste eido, como Causas generales de la decadencia agrícola en Galicia (1903) ou Contra el mildiu, el oídio y el 'black-root' [5] (1917).
As súas publicacións, escasas, foron obras de poesía e fábulas:
Ás anteriores obras hai que engadir numerosas colaboracións xornalísticas non só n'A Monteira, senón tamén noutros xornais da época, como Galicia Humorística, Galicia Recreativa, Galicia. Revista Regional, Aires da Miña Terra, O Gaiteiro de Lugo, El Eco de Galicia, Galicia Moderna, O Tio Marcos d'a Portela ou Vida Gallega, por citar uns poucos exemplos. Nestes traballos asinaba de forma directa, co seu nome completo ou as iniciais; ou con pseudónimos, como os de El Vate de la Raposeira ou Esperanza Roca.
O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CIRP) publicou no 2007 unha recompilación: Obra narrativa en galego de Amador Montenegro Saavedra.[7]
A obra pola que realmente é recoñecido foi o semanario A Monteira, que fundou xunto a Manuel Pardo Becerra e que dirixiu durante toda a súa edición, desde outubro de 1889 a decembro de 1890.
Nas mesmas datas creou outro xornal en Vigo: La Razón (1889-1894).
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.