Manuel García Paz, nado en Santiago de Compostela o 26 de maio de 1895 e finado en Pozoblanco (Provincia de Córdoba) en 1990, foi un escritor e latinista e catedrático de instituto galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de maio de 1895 Santiago de Compostela, España |
Morte | 1990 (94/95 anos) Pozoblanco, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | latinista, profesor de ensino secundario |
Descrito pola fonte | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada Dicionario biográfico de Galicia Diccionario bio-bibliográfico de escritores |
Traxectoria
Aínda novo marchou a Vigo onde traballou de aprendiz primeiro en Faro de Vigo e despois na imprenta La Nueva Prensa de Enrique Heraclio Botana. Iniciou a carreira eclesiástica, que abandonou para estudar Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela e en Madrid. Foi profesor de ensino medio en institutos galegos, casteláns e andaluces. Colaborou en Nova Galiza cun artigo sobre Jacinto Santiago.
Dominaba varias linguas (sánscrito, grego, latín, árabe, alemán, inglés, romanés, italiano, francés...).
Obra
Na revista Nós publicou en 1931 a novela O abade Mouriño, cadro rural con intención humorística.[1]
En 1935 publicou a súa obra máis destacada, IV Melodía. Desfíe de ambente galego,[2] novela prologada por Jacinto Santiago e destinada a formar parte dunha tetraloxía, permanecendo, porén, os tres volumes restantes inéditos.[3]
IV melodía é un libro estruturado en tres apartados: "¡A roda, roda! (parvadas)", "A vianesada ou a creación xeórxica (acción épico-folklórica)" e "Casamento de aldeia (cine sonoro)".[4]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.