Precursores

From Wikipedia, the free encyclopedia

Precursores

Denomínanse como precursores aqueles escritores que desenvolveron a súa actividade literaria entre os anos 1833 e 1863. Son as voces ilustradas e patrióticas dos galegos que denuncian a situación da lingua e a cultura galegas.[Cómpre referencia] A súa temática é máis próxima ao realismo xa que primordialmente reflicten acontecementos que lles toca vivir a eles e aos do seu redor. Reciben este nome por cumpriren o papel de iniciadores da literatura galega e o renacemento da súa cultura. Os precursores desenvolven órganos xornalistas na lingua galega e así prepararon o terreo para a chegada do Rexurdimento pleno.

Serafín Avendaño.

Descrición

Manuel Murguía (1833-1923) non destacou como escritor en galego[1] pero foi unha das figuras máis importantes deste período de cambio en Galiza. Foi un dos mellores defensores do galego e senta as bases que permiten definir a Galiza como nación.[Cómpre referencia] En 1886 publica o libro Los Precursores, obra na que fai unha descrición de varios personaxes da vida cultural galega, como Antolín Faraldo, Aurelio Aguirre, Leonardo Sánchez Deus, Félix Moreno Astray, Eduardo Pondal, Antonio Cendón, Rosalía Castro, Serafín Avendaño e por último, Benito Vicetto. Este concede a esta xeración de 1846 o “descubrimento” de Galicia.

Había por aquel entonces escritores que ensalzaban la hermosura de nuestras catro provincias, que las defendían con color de los agravios de los que eran víctimas, que interrogaba a su pasado, que trataban de infundir un novo espíritu en este pueblo, a la sazón más que muerto.

Murguía situaba a Antolín Faraldo como un dos máis importantes porque tiña unha reflexión sistemática e ordenada. Estes fundaron periódicos con cabeceiras como: El Centinela de Galicia e El Iris de Galicia. Reivindican a recuperación da unidade galega e queren unha única representación, cousa que non se cumpre pola subdivisión de provincias.

Contexto histórico

No século XIX xorde un movemento de carácter filolóxico e literario baseado na defensa do galego como lingua literaria, chamado Rexurdimento. Ocorreron acontecementos inaugurais como os Xogos Florais da Coruña (1861) e a publicación de Cantares gallegos (1863) escrito por Rosalía de Castro, que foi a primeira obra escrita en galego na súa totalidade. A aparición deste fenómeno está relacionada as ideoloxías galeguistas da época (provincialismo e rexionalismo). Está marcado tamén pola creación das primeiras gramáticas e dicionarios. Os Xogos Florais tiñan como obxectivo fomentar a literatura galega e tiveron unha importante influencia na cultura de Galiza xa que defendían a supervivencia do idioma. Neles premiábase a mellor obra escrita en galego. Coa Guerra da Independencia contra os franceses aumenta o sentimento de identidade galega e sae a palestra a primeira promoción galeguista (a cabeza de Antolín Faraldo).

Los precursores de Murguía.

Os precursores segundo Murguía

Máis información Autores, Obras ...
AutoresObras
Antolín Faraldoartigos progresistas en La Europa
Aurelio AguirreEnsayos poéticos, Poesías selectas
Eduardo PondalQueixumes dos pinos, Os Eoas
Rosalía de CastroCantares gallegos, Follas novas
Benito VicettoLos Hidalgos de Monforte, La baronesa de Frije
Leonardo Sánchez DeusIl Sottopancia
Félix Moreno AstrayEl viagero en la ciudad de Santiago
Antonio Cendón, pintor
Serafín Avendaño, pintorcolaborou na revista Blanco y Negro
Ignotus
Pechar

Segundo autores posteriores como Ricardo Carballo Calero (que inclúe na súa Historia da literatura galega contemporánea, no capítulo II titulado «O romanticismo. Precursores de Rosalía», unha ampla nómina de autores[2]) Xesús Alonso Montero[3] ou Xosé Ramón Pena[4] a listaxe correcta dos precursores é moi distinta da selección feita por Murguía.

En esquema sería así:

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.