Manuel Pardo de Andrade
relixioso e escritor galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
relixioso e escritor galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Manuel Pardo de Andrade, nado no pazo de Xaz (Dorneda, Oleiros) o 21 de novembro de 1760 e finado en Francia en maio de 1832, foi un intelectual liberal e crego coñecido polos seus escritos tanto literarios como xornalísticos.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de novembro de 1760 Xaz, España |
Morte | 5 de maio de 1823 (62 anos) Francia |
Causa da morte | cólera |
Actividade | |
Ocupación | escritor, sacerdote |
Era o segundo fillo dunha familia fidalga. Testemuño directo da decadencia do Antigo Réxime, Pardo de Andrade foi un liberal convicto.
Desenvolveu un importante labor na prensa durante a guerra contra o francés (1808-1814) e a época posterior a esta. Foi moi coñecido polos seus ideais anti-inquisitoriais, os cales aparecen reflectidos na súa obra máis coñecida, o seu poema en romance Rogos dun Gallego, publicado de forma anónima en 1813 por Valentín de Foronda e xa posteriormente co nome do autor.[1] En 1841 saíu unha edición na Coruña co título de Rogos de un escolar gallego á Virxê do Bo Acerto para que libre a Terra da Inquisición.[2]
En 1814, coa chegada de Fernando VII ao trono español, caeu na obriga de exiliarse en Francia. Volveu á Coruña en 1820, coa instauración do Trienio liberal. Mais en 1823, após a intervención dos Cen Mil Fillos de San Luís e do restablecemento do absolutismo, tivo que regresar a Francia, onde morreu en 1832.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.