Remove ads
escritor e xornalista galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Evaristo Correa Calderón, nado na Pena (Baralla) o 11 de febreiro de 1899 e finado na Pobra de Trives (Ourense) o 11 de xullo de 1986,[1] foi un escritor e xornalista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de febreiro de 1899 Baralla, España |
Morte | 11 de xullo de 1986 (87 anos) A Pobra de Trives, España |
Formación profesional | Filosofía e Letras, sección Historia |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | profesor e catedrático |
Xénero artístico | novela, poesía |
Influencias | ultraísmo, surrealismo |
Obra | |
Obras destacables Margarida a da sonrisa da aurora, La noche céltica, Cómo se comenta un texto literario | |
Familia | |
Cónxuxe | ("2ª nupcias") María Luísa Maldonado Alvarado, VII marquesa de Castellanos e III de Trives. |
Pai | Antonio Correa Fernández |
Irmáns | Asunción Correa Calderón Juan Antonio Correa Calderón |
Fillo do médico e escritor Antonio Correa Fernández.[2] Fundou en Baralla o semanario El Eco e dirixiu en Lugo El Chiste Semanal e De Todo un Poco, no que publicou os seus primeiros versos. Membro das Irmandades da Fala,
Colaborou en La Idea Moderna, o xornal máis prestixioso de Lugo, cando só contaba con 16 anos.[2] Adheriuse ás Irmandades da Fala, creando a sección de Lugo, e comezou a súa colaboración con A Nosa Terra en 1917.
Ese mesmo ano trasladouse a Madrid para estudar Filosofía e Letras na Universidade Central, que non conseguiu rematar, e somérxese nos ambientes vangardistas do momento, entrando en contacto dende a Residencia de Estudiantes con moitas figuras emerxentes da cultura como Alberti, García Lorca, Buñuel, Maruxa Mallo, Ramón Gómez de la Serna ou Huidobro. Malia estar lonxe, non perdeu o contacto con Lugo pois foi un dos organizadores da I Asemblea Nacionalista,[3] celebrada nesa cidade en 1918 e, mesmo, fundou na capital a "Mocedade Céltiga de Madrid"[4].
En 1923, regresou a Lugo e de 1925 a 1926 converteuse en redactor-xefe de El Pueblo Gallego.[5] Dirixiu Ronsel (1924) e integrouse no Seminario de Estudos Galegos.[6] En 1927, licenciouse en Filosofía e Letras (sección Historia) na Universidade de Santiago de Compostela, e marchou a Tolosa e París (onde entrou en contacto con André Bréton e Louis Aragon e o ambiente surrealista). Neste período, publicou os libros de contos Luar (1923), Conceición singela do Ceo (1925) e Margarida a da sorrisa de aurora (1927) que é o primeiro conto infantil da literatura galega.[4]
Participa en diversos medios xornalísticos europeos e americanos e tamén en La Gaceta Literaria, creada por Giménez Caballero no mesmo 1927. Nesta publicación promove un certo "lusitanismo" no que Galicia aparece coma ponte entre España e Portugal.
En 1930 ditou un curso de Literatura Española na Universidade de Bucarest. Dende 1931 foi profesor de Lingua e Literatura españolas en diversos institutos de España; en primeiro lugar en Almería, e despois en Lugo (no Instituto Masculino). Alí fundou, en outubro de 1931, co seu irmán Juan Antonio, Vanguardia Gallega (reflexo da ideoloxía republicana). Pasou despois a ser profesor en Santander, As Palmas de Gran Canaria, Valladolid, Salamanca e Alcalá de Henares, onde se xubilou en 1969, e comezou o seu arredamento da ideoloxía galeguista.
A partir da Guerra civil española, xa en Galicia colaborou cos sublevados e, influído polos seus amigos Euxenio Montes e Filgueira Valverde,[7] desde o primeiro día ingresou na Falange Española[4], e foi xefe local de Prensa e Propaganda de Lugo e redactor-xefe de Escuela Azul.
De seguido, a través de Giménez Caballero integrouse na intelectualidade do réxime franquista. Euxenio Montes facilitoulle comezar a colaborar con ¡Arriba! e despois uniuse ao chamado grupo de Escorial integrado por Dionisio Ridruejo e José María Alfaro. Colaborou no libro Laureados de España (1939) con "Honra del bien morir".
Dende ese momento adicouse á crítica literaria de autores clásicos españois e non volveu escribir en galego. Desde finais da década de 1940, xa residindo en Salamanca, colaborou con Fernando Lázaro Carreter na redacción de libros de texto e na creación da Editorial Anaya. Entre a súa obra en castelán salientan os ensaios Arte Métrica (1938), Baltasar Gracián: su vida y su obra (1970), as edicións críticas de Baltasar Gracián e as novelas La noche céltica (1955) e De aquí a la primavera: novela de la montaña gallega (1983). Esta última, comezáraa a traducir en 1986 ao galego por influencia de Ramón Piñeiro e Isaac Díaz Pardo.[4]
Fotografía 1 | |
Fotografía 2 |
Casou con María de la Asunción de Polanco Drake de la Cerda, que morreu en 1937 con 26 anos, e coa que tivo unha filla, María Asunción Correa de Polanco.[8] Volveu casar con María Luísa Maldonado e Alvarado, VII marquesa de Castellanos e III de Trives.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.