Enrique Labarta Pose
escritor e xornalista galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Enrique Labarta Pose, nado en Baio (Zas) o 22 de xullo de 1863 e finado en Barcelona o 13 de maio de 1925, foi un escritor e xornalista galego en lingua castelá e lingua galega. Fundou e dirixiu xornais e revistas. A súa obra, fundamentalmente poesía e contos, caracterízase por unha sátira humorística moi marcada.[1] O profesor Ricardo Carballo Calero encadrouno entre Os epígonos, xunto con Manuel Lugrís Freire, Salvador Cabeza de León e Juan Armada Losada, entre outros.[2] Foi coñecido polo sobrenome de Quevedo galego.[3]
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Labarta.
![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de xullo de 1863 Baio, España |
Morte | 13 de maio de 1925 (61 anos) Barcelona, España |
Causa da morte | morte accidental, accidente ferroviario |
Formación profesional | dereito |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | funcionario de facenda |
Membro de | |
Xénero artístico | Poesía e narrativa |
Familia | |
Cónxuxe | Elisa Martínez del Río Felipa Genovés |
Fillos | Buenaventura Labarta Martínez Enrique Labarta Martínez |
Descrito pola fonte | Ensayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (1903-1904), (sec:Labarta Posse (Enrique), p.217) |
![]() ![]() |
Traxectoria
Descendente, por parte materna, dos condes de Andrade, naceu Enrique nun pazo do século XVIII. Foi o derradeiro fillo de Francisco Labarta Raña, farmacéutico, e Ramona Pose, que xa tiñan tres fillas. Estudou en Santiago de Compostela. Alí cursou o bacharelato de 1873 a 1877.[4] En Santiago participou nos faladoiros da Academia de la Juventud Católica e coñeceu a Valle-Inclán, Augusto González Besada, Juan Barcia Caballero, Juan Vázquez de Mella, Salvador Cabeza de León, Alfredo Brañas, Manuel Casás Fernández e Alejandro Pérez Lugín.[2] Licenciouse en 1884 en dereito civil e canónico pola Universidade Compostelá.
Ese mesmo ano casou con Elisa Martínez del Río, estanqueira santiaguesa, e publicou o seu primeiro libro: Última novedad. Noventa y nueve céntimos de versos de todas clases y arreglados a todos los gustos, escrito en castelá, agás un poema en galego, "Meu orfiño",[5] no que amosa influencias de Manuel Curros Enríquez.[4] Ao rematar a carreira, e por consello de Alfredo Brañas, ingresou na administración pública como empregado de Facenda, da man do deputado Eduardo Vincenti, a quen lle dedicou o libro Bálsamo de Fierabrás. Colección de versos en gallego y castellano (Madrid, 1889, 281 pp.). Outras composicións poéticas en galego incluídas nos seus libros son: a terceira en Un café flamenco en Galicia—A mi aldea—Sátira de costumes contemporáneas (Santiago, 1892, 52 pp.); todas, dezaoito, en Millo miúdo (Pontevedra, 1896, 156 pp.) e A festa da patrona de Tabeirón (Caldas de Reis, 1904, 22 pp.).
Residiu en Pontevedra ata 1904, cando foi destinado, primeiro a Barcelona (1904), despois a Burgos (1905) e máis tarde a Valladolid, onde contraeu matrimonio con Felipa Genovés; de novo Barcelona, Ourense (1911), Toledo (1912), outra vez Barcelona (1913), A Coruña (1919) e para rematar, dende 1920, a Cataluña.[4]
Fundou Galicia Humorística (Santiago, 1888), El País Gallego (Santiago, 1888), La Pequeña Patria (Santiago, 1890-1891), Extracto de Literatura (Pontevedra, 1893) e Pasatiempos (Pontevedra, 1893-1894); e dirixiu Galicia Moderna (Pontevedra, 1897-1898). En 1896 fixo unha recompilación dos seus poemas galegos máis coñecidos e publicounos no libro Millo miúdo, dedicado a Laureano Salgado Rodríguez. No ano 1900 publicou El carnaval de 1900 en Pontevedra, que inclúe "Recuerdos del carnaval de 1900" e "Pontevedra en 1900. Despropósito bufo, lírico, fantástico … dividido en 2 actos y 10 cuadros". Este último fora estreado o día 1 de marzo no Teatro Principal, con música de Isidro Puga.

A súa produción sobresae polo humor, que se manifesta sobre todo nos contos. Como poeta encádrase na liña costumista de finais do século XIX, aínda que incorporou elementos modernistas.
Colaborou en Gaceta de Galicia, Galicia Liberal, A Gaita Gallega, Café con Gotas, Galicia Revista Regional, Galicia Recreativa, El Eco de Galicia, La Actualidad, Fray Prudencio, El Cínife, El Grito del Pueblo, El Eco de Mugía, Coruña Moderna, Galicia en Madrid, Aires d’a Miña Terra, Mi Tierra, Suevia, Galicia en Cataluña, Don Quijote e outras publicacións.[6][7] Empregou o pseudónimo de Antón de Rabodegalo.
O retrato de Labarta Pose feito por Francisco Zagala, ilustrando a portada do semanario Extracto de Literatura, que el mesmo dirixía, está documentado como a primeira fotografía aparecida nun medio impreso galego, o 7 de xaneiro de 1893.[8]
O personaxe central, Casimiro Barcala, da obra de Pérez Lugín, La casa de la Troya (1915), está inspirado na persoa de Labarta.[2][9][10]
Faleceu en Barcelona despois dunha intervención cirúrxica[2] a consecuencia do accidente ferroviario ocorrido na tarde do 9 de abril de 1925, Xoves Santo, entre as estacións de Les Planes e Sarrià, da capital catalá,[11] no que morreron máis de vinte persoas.[12] Foi soterrado na cidade condal.[13]
Obras
Poesía
- Última novedad. Noventa y nueve céntimos de versos de todas clases y arreglados a todos los gustos, 1884:
- "Prologo"
- "Ante todo"
- "Introducción"
- "Una noche en la luna"
- "Polvo eres y al polvo te has de volver"
- "El amor definido por sus efectos"
- "El cesante suicida"
- "Amarse en vida y unirse en muerte"
- "La noche de San Juan"
- "A Aurora Pardiñas"
- "¡Destino igual!"
- "Preguntas sin respuestas"
- "Epigrama"
- "Cálculo de un avaro"
- "A un amigo dormido a la orilla de un río"
- "La carcajada de un viejo"
- "Poder de una lágrima"
- "El placer fugitivo"
- "Al corazón de una coqueta"
- "¡Ella!"
- "Las dos yerbas"
- "¡Triste es la vida!"
- "¡¡¡Venid a mí!!!"
- "Las aspiraciones del hombre"
- "A una mujer"
- "¡Risa y llanto!"
- "Los dos tesoros"
- "¡Madre infeliz!"
- "Examen de conciencia del pasado, que hace un hombre…"
- "Una noche de recuerdos"
- "¡A Raquel!"
- "Hielo y fuego"
- "Despedida"
- "En pos de la gloria"
- "¡Meu orfiño!" [14]
- "Dedicatoria"
- "Prólogo"
- "El Carmen del Briño"
- "La feira de Verdillo"
- "La última hora"
- "¡¡La medicina ante la veterinaria!!" [17]
- "!Tormenta!"
- "Los dos estremos se juntan"
- "El nido del ruiseñor"
- "A Rosalía"
- "A Rosalía"
- "Bécquer y yo"
- "¡¡¡El último romano!!!"
- "El llanto de una guitarra"
- "Cartas que un hombre ex-chiflado"
- "Soneto"
- "¡Las mujeres!"
- "Ser santa por fatalidad"
- "A rey muerto, rey puesto"
- "Un secreto"
- "El canto del expatriado"
- "¿Es conveniente el baile?"
- "¡¡¡Pontevedra!!!"
- "¡Una es el clavo y mil en la herradura"
- "Ortografía"
- "¿Quién soy yo?"
- "¡¡¡El último brindis!!!"
- "Ó Padre Feixoo"
- "¡Meu orfiño!" [14]
- "¿Por que fago estes versos?"
- "Defensa das mulleres"
- "Un café flamenco en Galicia", en castelán, dedicado ao Marqués de Figueroa.
- "A mi aldea", en castelán, dedicado a Consuelo, irmá.
- "Sátira de costumes contemporáneas", en galego, dedicado a Gerardo Álvarez Limeses.[19]
- Millo miúdo. Versos galegos, 1896, Pontevedra. Imp. de la Viuda e Hijos de Carragal.[20]
- "¡Facer versos!"
- "Unha reunión de confianza" [21]
- "Revista dunha corrida ¿de touros?"
- "Vaiche boa"
- "A fonte do demo" [22]
- "¿Veñen eses cartos?"
- "A festa de San Palanquín" [23]
- "Sátira de costumes contemporáneas" [19]
- "¡O prémeo gordo de navidá!"
- "Os caprichos da moda" [24]
- "O Carmen do Briño"
- "A feira de Verdillo"
- "Carta que dende a súa aldea manda un abogado…" [25]
- "Epigrama"
- "¡¡¡Probe gaiteiro de Bayo!!!"
- "Canto a Pontevedra"
- "¡Que hermosa é a patria!"
- "A hirmán da Caridade"
- "Dedicatoria"
- "Adormideras"
- "En el álbum de una maestra de párvulos"
- "El poeta y su parodia"
- "Carta abierta a los habitantes del planeta Saturno"
- "El país de los grandes hombres"
- "¡Quiero ser gallo!"
- "A duro la manera de hacerse rico"
- "La reunión de Cachemir"
- "La petición de un peregrino"
- "¡Yo carterista!"
- "Los reyes Magos"
- "Un café flamenco en Galicia"
- "El cerdo y el hombre"
- "Don Juan de la Coba y yo"
- "¡La felicidad de los pobres!"
- "Un invento prodigioso"
- "Máximas inmorales"
- "¡Dos prohijados!"
- "El robo de las cerezas"
- "Adiós... siglo"
- "¿Que vería?"
- "¡¡¡Nada!!!"
- "Las grandezas humanas"
- "La ley del mundo"
- "¡Mi primer ascenso!"
- A festa da patrona de Tabeirón, 1904, Caldas de Reis, Imp. de Fray Prudencio.[27]
- "¡Non falés o gallego!", publicado en El Ideal Gallego o 7/10/1923.[28]
- Edicións póstumas
- Poesías en gallego y castellano, 1926, Barcelona.[29]
- Obra completa, 1995, Biblioteca de Autores Gallegos, Edinosa, A Coruña. Edición de X. M. Varela:
- Poesía castelá completa.
- A poesía galega completa.[30] Amais das composicións publicadas en libro en vida do autor, inclúe as seguintes:
- "Manuel Martínez e González"
- "Benito Losada"
- "Pregunta extraordinaria"
- "Carta dun candidato ó seu eleutor"
- "Xan Francisco"
- "Maruxiña do Penedo"
- "No que pensa"
- "Epístola ou cousa eisí"
- "Laureano Salgado"
- "Ó río Lérez"
- "¡¡Cen pesetas!!"
- "Triadas célticas"
- "A Pax"
- "A Foliada"
- "N'hai millos vida que a do labrego"
- "Prólogo a Frangullas" (1910) de José Rey
- "¡Morreu o poeta!"
- "Váiseme a musa"
- "Miña Pontevedra"
- "A Santiago de Compostela no Xubileo de 1920"
- "A fin do mundo"
- "¡Que me enterren aló!"
- Antoloxía poética. Enrique Labarta Pose (2023). Vigo: Galaxia. Edición de Xosé María Rei Lema e Xosé Manuel Varela Varela. 224 páxs.[31]
Narrativa
- "El problema del Sr. Cayetano
- "Un ratón ilustre"
- "El fabricante de palillos"
- "Grandezas humanas"
- "El matrimonio de doña Brigida"
- "Amor interplanetario"
- "El mártir de la opinión"
- "Plantar un robre"
- "Un loco hace ciento"
- "El hombre fúnebre"
- "Aventuras de un antropófago en Nueva Guinea"
- "Entender la Química"
- Edicións póstumas
- Cuentos humorísticos. Porto y Cía. Editores, Santiago de Compostelá 1960, con prólogo de Varela Jácome.
- Inclúe 18 contos, os da edición de 1905, en castelán, máis cinco en galego:
- "O rey que rabiou. Conto antediluviano sin pés nin cabeza" [33]
- "O tío Miseria. Conto metá deste mundo, e metá do outro" [34]
- "O secreto do tío Sanfona. Conto popular" [35]
- "Alegría que pasa. ¡Unha mala visita!"
- "A língoa pequena. Conto" [36]
- O tío Miseria e outros contos, 1968, Colección O Moucho, Edicións Castrelos:[37][38]
- "O tío Miseria. Conto metá deste mundo, e metá do outro" [34]
- "O secreto do tío Sanfona. Conto popular" [35]
- "A língoa pequena. Conto" [36]
- "O rei que rabiou. Conto antediluviano sin pés nin cabeza" [33]
- "A compaña. Conto"
- "O libro de San Ciprián"
- "Na romaría da Barca. Como se sacan os demos do corpo"
- "Alegría que pasa. ¡Unha mala visita!"
Teatro
Recoñecementos
Obtivo algúns premios, entre os que destaca a composición “Unha corrida de touros en Noya” gañadora no Certame Literario Musical de O'Galiciano de Pontevedra de 1886. Participou tamén nos Xogos florais de Betanzos.
Unha praza e o colexio público de Baio (CEIP Labarta Pose)[41] e dúas rúas, nos concellos de Carballo e Pontevedra, levan o seu nome.
Nos últimos anos, unha comisión que representa a varios colectivos da súa veciñanza, coordinada por Jorge Mira,[42] vén reclamando que se lle dedique un Día das Letras Galegas á figura de Enrique Labarta.[43]
O 24 de outubro de 2017 o Congreso dos Deputados aprobou, por unanimidade, unha proposición non de lei co texto seguinte:
... El Congreso de los Diputados manifiesta la voluntad firme de dar a conocer y promover la difusión de la figura y de la obra del intelectual, escritor y poeta baiés Enrique Labarta Pose e instar a promover la firma de convenios de colaboración con el Ayuntamiento de Zas, en el que se ubica la localidad de Baio, donde nació, y con las entidades culturales Adro y Badius, que vienen emprendiendo actualmente actividades de homenaje y conmemoración de la vida y obra del escritor".[44]
Galería de imaxes
Edicións orixinais
- Última novedad. Noventa y nueve céntimos…, 1884
- Portada interior de Bálsamo de Fierabrás, 1889
- Un café flamenco en Galicia. A mi aldea. Sátira…, 1892
- Millo miúdo, 1896
- El carnaval de 1900 en Pontevedra, 1900.
- A festa da patrona de Tabeiron, 1904
- Cuentos humorísticos, 1905
- Poesías en Gallego y Castellano, 1926
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.