Alejandro Pérez Lugín

escritor español From Wikipedia, the free encyclopedia

Alejandro Pérez Lugín

Alejandro Pérez Lugín, nado en Madrid o 22 de febreiro de 1870 e finado en Acea de Ama (O Burgo, Culleredo) o 5 de setembro de 1926, foi un xornalista, escritor e cineasta español.[1] En Madrid destacou como crítico taurino baixo o pseudónimo de Don Pío. A súa produción novelística localízase en dous ámbitos preferentes: Galicia e Andalucía. As súas obras máis coñecidas son as novelas La casa de la Troya e Currito de la Cruz. Estaba emparentado con Rosalía de Castro, xa que a súa avoa era irmá da nai de Rosalía.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Alejandro Pérez Lugín
Thumb
Biografía
Nacemento22 de febreiro de 1870
Madrid, España
Morte5 de setembro de 1926 (56 anos)
Acea de Ama, España
Lugar de sepulturacemiterio de Santo Amaro da Coruña
Formación profesionalDereito
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Actividade
Ocupaciónescritor, guionista, director de cinema, xornalista, correspondente de guerra
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeElvira Consuelo Sanz y Gómez
Premios
Sinatura Thumb

Descrito pola fonteObálky knih,
Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada
Diccionario enciclopédico galego universal
Galiciana: 57969 Tebeosfera: perez_lugin_alejandro
Pechar

Traxectoria

O seu nome completo era Alejandro María de las Mercedes Pedro Pérez García Lugín. Foi fillo de Antonio Pérez Serrano, natural de Cabra (Provincia de Córdoba), e de Maña Josefa del Carmen García Lugín y Castro, natural de Santiago de Compostela.[2] Dende 1883, a familia viviu en Santiago, onde os pais instalaron unha camisería, e a cuxa universidade asistiu para facer a carreira de Dereito. En 1888, tendo Alejandro dezaoito anos de idade, morreulle a nai. Durante a súa etapa universitaria comezou a colaborar en diversos diarios da cidade como El Pensamiento Gallego. Licenciouse en 1891.

Thumb
Pérez Lugín co rei Afonso XIII.[3]

En 1893 regresou a Madrid, onde comezou a traballar para a Dirección Xeral dos Rexistros e o Notariado, en varios ministerios, e como representante dunha empresa de explosivos, que lle obrigou a percorrer España. Nunha destas viaxes, durante unha estancia en Valencia, coñeceu casualmente a Elvira Consuelo Sanz y Gómez, coa que contraeu matrimonio.

É coñecido sobre todo polos seus artigos xornalísticos sobre o mundo taurino e pola súa novela Currito de la Cruz (1921) que tamén reflicte os seus coñecementos sobre o mundo da tauromaquia e foi moi popular nos anos seguintes á súa publicación. A novela foi levada ó cine en catro ocasións (1926, 1936, 1949 e 1965), a primeira destas dirixida polo mesmo Pérez Lugín e a segunda por Fernando Delgado de Lara.

Outra das súas novelas máis coñecidas é La casa de la Troya, con numerosísimas reedicións,[4] na cal recrea a vida dos estudantes da Universidade de Santiago de Compostela, levada tamén ó teatro, ó cine en cinco ocasións (1925, 1930, 1936, 1948 e 1959)[5] e á televisión (en 1960 e 1965). Traducida ao galego por Mercedes Pacheco Vázquez e publicada por Auga Editora en 2020.[6]

Thumb
Lugín no seu escritorio.

Escribiu como articulista, crítico taurino, teatral e musical para moitos diarios: El Compostelano, Por Esos Mundos, Nuevo Mundo, Arte Taurino, El Correo, El Globo, Diario Universal, El Mundo, España Nueva, La Mañana, El Liberal, Heraldo de Madrid, La Libertad, Hoy, El Eco de Santiago e La Voz de Galicia. Foi especialmente coñecido polo seu traballo para La Tribuna e enviado especial á Guerra de Marrocos por El Debate.[7]

Dúas obras súas foron publicadas tras a súa morte: Arminda Moscoso, novela que se sitúa en Galicia e foi ordenada e ampliada polo xurista Alfredo García Ramos e publicada en Madrid en 1928.[8] Lugín deixou tamén sen rematar La virgen del Rocio ya entró en Triana, que foi continuada por Manuel Siurot, baixo o pseudónimo de José Andrés Vázquez, e publicada en 1929.[9]

Foi declarado fillo adoptivo de Santiago de Compostela[10] e de Sevilla. Está soterrado no Cemiterio de Santo Amaro da Coruña, baixo unha escultura feita por Bonome. Deixou un pequeno legado para que a Asociación da Prensa da Coruña creara un premio de xornalismo que debía concederse anualmente.[11] A cidade da Coruña dedicoulle o nome dunha rúa.

Obras

Thumb
Adaptación teatral de La casa de la Troya e Currito de la Cruz.[12]
  • El torero artista. Rafael Gómez (“Gallito”) (Apuntes para la historia), Madrid, Biblioteca Renacimiento (1911).
  • De Titta Ruffo a la Fons, pasando por Machaquito. Notas de un repórter, Madrid, Librería de los Sucesores de Hernando (1912).
  • ¡¡¡Ki ki ri kí!!! Los “gallos”, sus rivales y “su” prensa, Madrid, Librería de la Viuda de Pueyo (1914).
  • La casa de la Troya. Estudiantina, Madrid, Librería de la Viuda de Pueyo (1915).[a]
  • La Amiga del Rey. Las Tiples. Romanones. La Vicaría... (Notas de un repórter), Madrid, Librería de la Viuda de Pueyo (1917).
  • Currito de la Cruz. Madrid, Librería de los Sucesores de Hernando, 2 tomos (1921).[b]
  • La corredoira y la rúa, Madrid, Alejandro Pueyo (1922).
Póstumas
  • Arminda Moscoso, Madrid, Librería y Casa Editorial Hernando (1928).[c]
  • La virgen del Rocio ya entró en Triana, Madrid, Pueyo (1929).[d]
  • Obras completas, Madrid, Fax (1945). Con prólogo de Alejandro Barreiro Noya.[e]

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.