obra literaria de Alejandro Pérez Lugín From Wikipedia, the free encyclopedia
A Casa da Troia,[2] orixinalmente La casa de la Troya. Estudiantina,[3] é unha coñecida e exitosa novela romántica do escritor Alejandro Pérez Lugín publicada en 1915, da que se fixeron múltiples reedicións, varias adaptacións ao teatro, cine e televisión e foi traducida a varias linguas. A acción desenvólvese en Santiago de Compostela. Na súa primeira edición a cuberta foi ilustrada por Castelao.[1] A obra, escrita en lingua castelá, está dedicada polo autor, fillo de santiaguesa e madrileño de nacemento, "A miña nai"[sic] (escrito así, en lingua galega).
A casa da Troia Estudiantina | |
---|---|
PDF da 65ª edición | |
Título orixinal | 'La casa de la Troya |
Autor/a | Alejandro Pérez Lugín |
Cuberta | Castelao (1ª ed.) [1] |
Orixe | España |
Lingua | lingua castelá |
Xénero(s) | novela |
Editorial | Librería de la Viuda de Gregorio Pueyo, Madrid. |
Data de pub. | 1915 |
Páxinas | 448 |
Tradución | Ao galego: M. Pacheco (2020) |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A obra narra a historia dun mozo da época, Gerardo Roquer, que leva unha vida desordenada en Madrid e é obrigado polo seu pai a estudar a carreira de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, algo que el interpreta como un desterro. Aínda que ao principio lle resulta difícil adaptarse á vida na que el ve como unha simple cidade de provincias, acabará establecendo boas relacións cos seus compañeiros de pensión (a chamada Casa de la Troya), e mesmo coñecerá o amor da súa vida, Carmiña de Castro Retén, unha moza que ten o pazo familiar en Sada.
Varios dos personaxes están baseados en persoas reais, como Enrique Labarta Pose, Carlos Pardo Pallín, Jacobo Gil Villanueva, Javier Puig Llamas ou Camilo Bargiela.[4]
A obra de Pérez Lugín foi un grande éxito na súa época. En 1925 as edicións do libro eran xa trinta e en 1946 existían setenta. En 1970 vendíanse en España 10 000 exemplares anuais da novela. En 1991 foi incluída na Biblioteca 114 (volumes 9 e 10). En 2004 foi incluída na Biblioteca Gallega de Autores en Castellano de La Voz de Galicia (vol. 7). En total foi reeditada máis dun cento de veces e traducida ao inglés, ao portugués, ao francés, ao italiano e ao danés.[5] En 2020 foi publicada por Auga Editora a tradución ao galego, de Mercedes Pacheco Vázquez.[2]
Foi adaptada a outros medios en varias ocasións: ao teatro, cinco veces ao cine (tres en España, unha nos Estados Unidos de América e unha en México)[6] e á televisión dúas veces (unha na Arxentina e outra en TVE):
Unha polémica contribuíu á popularidade da obra. En 1924 Pérez Lugín denunciou o xornalista José Signo, quen nun artigo no xornal vigués La Concordia afirmara que o autor da novela era o, daquela xa finado, Camilo Bargiela. O xornalista, defendido polo avogado Valentín Paz-Andrade, foi xulgado na Audiencia de Pontevedra en agosto de 1924 e condenado por inxurias. Pérez Lugín estivo defendido polo avogado Prudencio Landín Tobío, quen en 1925 publicou a obra La paternidad de La Casa de la Troya ante los tribunales de justicia.[12][13]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.