Francisco Zagala

fotógrafo español From Wikipedia, the free encyclopedia

Francisco Zagala Pérez, nado en Verín en 1842 e finado en 1908, foi un fotógrafo madrileño que pasou toda a súa carreira en Galicia.[1]

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Francisco Zagala
Biografía
Nacemento1842
Verín, España
Morte1908 (65/66 anos)
Pontevedra, España
Actividade
Ocupaciónfotógrafo

Galiciana: 445573
Pechar

Traxectoria

Thumb
Visita da Infanta Isabel ás Ruínas de San Domingos, en 1906, foto de Zagala.

Adquiriu a súa formación fotográfica en Madrid, pero arredor de 1880 estableceuse nun estudio fotográfico en Pontevedra. Foi un dos primeiros fotógrafos españois, que substituíron os estranxeiros establecidos a mediados do século XIX.[2]

A súa actividade fotográfica coñecida ocorre en Galicia, máis concretamente en Pontevedra, onde tiña o estudio para facer retratos. Con todo, dedicouse tamén a facer fotografía ao aire libre e reproducións de arte, sendo o fotógrafo oficial da Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra[3]. Grazas á doazón de fondos para o Museo Provincial de Pontevedra pode ter moitas imaxes etnográficas da vida en Pontevedra entre os séculos XIX e XX atopadas no arquivo chamado Zagala.

En 1884 pasou a traballar coa revista La Ilustración Española y Americana para fornecer fotografías de Pontevedra.[2] Cando Pedro Ferrer en 1904 publicou a colección de fotografías titulada Portfolio de Galicia, coa colaboración de moitos fotógrafos tamén foi responsábel de achegar as imaxes de Pontevedra.[4]

O seu traballo foi exposto varias veces para amosar o seu valor documental, quizais o máis importante foi a presentación do Museo de Pontevedra, na súa honra en 1994[5], pero tamén mostras colectivas como a realizada en Vigo en 2010[6]

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.