José Rey-González, nado en Bemil (Caldas de Reis) o 21 de agosto de 1874 e finado en Vigo o 21 de marzo de 1957,[1] foi un mestre e poeta galego.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
José Rey-González
Thumb
Biografía
Nacemento21 de agosto de 1874
Bemil, España
Morte21 de marzo de 1957 (82 anos)
Vigo, España
Actividade
Ocupaciónmestre, escritor
Familia
FillosJacobo Rey Porto

Descrito pola fonteDiccionario de escritores en lingua galega
Diccionario bio-bibliográfico de escritores
Pechar

Traxectoria

Exerceu como mestre en Sabarís e desde 1934 na escola Graduada do Grupo Areal de Vigo, da que foi director. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi suspendido de emprego e soldo, aínda que posteriormente foi reposto.

Publicou varios libros de poesía e algúns dos seus poemas apareceron en Tierra Gallega. Deixou inédito un volume titulado Contando cuentos.

Vida persoal

Foi pai de Jacobo Rey Porto.

Obras

  • Frangullas, 1910, con prólogo de Enrique Labarta Pose.
  • Lira gallega, 1911.
  • Fume de pallas, 1912.
  • Frores murchas, 1914.
  • A musa da terra, 1915
  • Latexos. Cántigas da terriña, 1925 (poemario bilingüe).

Notas

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.