Remove ads
parroquia civil do concello de Caldas de Reis From Wikipedia, the free encyclopedia
Santa María de Bemil é unha parroquia do concello de Caldas de Reis. Segundo o INE en 2010 tiña 842 habitantes (428 mulleres e 414 homes), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2000 cando tiña 944 habitantes. Ten tres aldeas: Follente, Outeiro e Paradela. Nos últimos anos configurouse un novo núcleo de poboación próximo á área industrial das Veigas de Almorzar.
Bemil | |
---|---|
Igrexa de Santa María de Bemil. | |
Concello | Caldas de Reis[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°37′08″N 8°39′10″O |
Poboación | 800 hab. (2017) |
Entidades de poboación | 6[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Conta cunha capela dedicada a San Lourenzo no lugar de Outeiro e outra no lugar de Paradela. A Igrexa de Santa María de Bemil foi construída a finais do século XII, aínda que do estilo románico só conserva a antiga fábrica medieval, a ábsida, o rosetón da fachada occidental e un treito do muro sur.
Na igrexa parroquial consérvanse as reliquias de San Xusto, na honra ao cal se celebra unha popular romaría o último domingo de agosto. Outra festa moi populosa é a dedicada á Virxe das Dores (fin de semana arredor do 15 de setembro) en Follente, que ten dous días festivos: o primeiro coa tradicional verbena e o segundo cunha misa e procesión campestre e unha comida de confraternidade con varios centos de veciños.
Lugares da parroquia de Bemil no concello de Caldas de Reis (Pontevedra) | |
---|---|
A Canle | Follente | A Lavandeira | Outeiro | Paradela | As Veigas de Almorzar |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.