23 de xaneiro: os gobernos do Perú e Colombia dan a coñecer a súa decisión de defender os seus dereitos para fixar a extensión dos seus mares territoriais.
23 de febreiro: en Georgetown (Guïana), o gobernador xeral británico proclama o nacemento da República de Guïana, con sir Edward Luckhoo como presidente.
9 de setembro: accidente ferroviario en Rande (Redondela)[4]. O expreso 2745 Santiago de Compostela-Vigo chocou cunha locomotora. O balance oficial do accidente foi de 15 persoas mortas e 35 feridas, se ben outras fontes sinalaron vinte mortos[5].
15 de setembro: aparece Teima, primeira revista editada integramente en galego en Galicia.
25 de outubro - Asínase en Madrid o Pacto da Moncloa, un acordo entre o Goberno de España (representado por Adolfo Suárez), os principais partidos políticos con representación parlamentaria, as asociacións empresariais e o sindicato Comisións Obreiras, co obxectivo de estabiliza-lo proceso de transición ó sistema democrático.
16 de marzo - Decreto-Lei polo que se crea o réxime preautonómico de Galicia.
3 de maio - O responsable de mercadotecnia da sociedade informática estadounidense DEC (hoxe desaparecida) enviou un correo electrónico con publicidade a unhas 400 persoas. Nace así o spam, ou correo lixo[6].