From Wikipedia, the free encyclopedia
Os Xogos Olímpicos de Inverno son un grande evento deportivo organizado polo Comité Olímpico Internacional que se celebra cada 4 anos dende 1924. Os deportes que teñen acollida nesta competición son aqueles que se practican sobre neve ou sobre xeo, e que polo tanto son máis propios do inverno. Disciplinas como o esquí de fondo, a patiaxe de velocidade, a patinaxe artística, o hóckey sobre xeo, o bobsleigh e os saltos de esquí forman parte dos xogos olímpicos de inverno dende a súa primeira edición, que tivo lugar na localidade francesa de Chamonix.
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Tipo | evento deportivo recorrente |
---|---|
Deporte | Deporte de inverno |
Organizador | Comité Olímpico Internacional |
Localización e Datas | |
Vixencia | 1924 – |
Calendario da tempada | febreiro – febreiro |
Período de ocorrencia | 4 |
Deporte | Anos | Nº de probas |
Probas programadas para Vancouver 2010 |
---|---|---|---|
Bíatlon | Dende 1960 | 10 | Sprint (masculino: 10 km; feminino: 7.5 km), individual (masculino: 20 km; feminino: 15 km), persecución (masculino: 12.5 km; feminino: 10 km), relevos (masculino: 4x7.5 km; feminino: 4x6 km), saída en masa (masculino: 15 km; feminino: 12.5 km). |
Bobsleigh | 1924–1956 1964–presente |
3 | a 4 masculino, a 2 masculino, a 2 feminino. |
Combinada nórdica | Dende 1924 | 3 | 10 km e salto en trampolín normal, 10 km e salto en trampolín largo e equipos todos eles só en categoría masculina. |
Curling | 1924 1998–presente |
2 | Torneo masculino e feminino. |
Esquí acrobático | Dende 1992 | 6 | Probas masculina e feminina de moguls, aerials e skicross. |
Esquí alpino | Dende 1936 | 10 | Descenso, Superxigante, Xigante, Slálom e Combinada alpina, todas en categoría masculina e feminina. |
Esquí de fondo | Dende 1924 | 12 | Sprint masculino, sprint por equipos masculinos, 30 km persecución masculina, 15 km masculinos, 50 km masculinos e 4x10 km relevos masculinos; sprint feminino, sprint por equipos femininos, 15 km persecución femininos, 10 km femininos, 30 km (feminino) e 4x5 km relevos femininos. |
Hóckey sobre xeo | Dende 1924 | 2 | Torneo masculino e feminino. |
Luge | Dende 1964 | 3 | Individual masculino e feminino, dobres masculinos. |
Patinaxe artística | Dende 1924 | 4 | Individual masculino e feminino; parellas e danza. |
Patinaxe de velocidade | Dende 1924 | 12 | Masculino e feminino 500 metros, 1000 metros, 1500 metros, 5000 metros e persecución por equipos. 3000 metros femininos e 10000 metros masculinos. |
Patinaxe de velocidade en pista curta | Dende 1992 | 8 | Masculino e feminino 500 metros, 1000 metros, 1500 metros; 3000 metros relevos femininos; e 5000 metros relevos masculinos. |
Saltos de esquí | Dende 1924 | 3 | Trampolín normal, trampolín longo e equipos, todas en categoría masculina. |
Skeleton | 1924; 1948 Dende 2002 |
2 | Probas masculina e feminina. |
Snowboard | Dende 1998 | 6 | Slálom xigante paralelo masculino e feminino, half-pipe e snowboard cross. |
As edicións dos xogos olímpicos de inverno celebráronse sempre cada 4 anos con 2 excepcións: Entre a edición de 1936 e a de 1948 pasaron 12 anos por mor da segunda guerra mundial, que provocou a suspensión das edicións de 1940 e 1944. Entre as edicións de 1992 e 1994 pasaron só 2 anos por mor da decisión do COI de que deixasen de coincidir no mesmo ano os xogos de verán e os xogos de inverno. Os Estados Unidos acolleron catro edicións dos xogos olímpicos de inverno, mentres que Francia o fixo en tres ocasións, as mesmas que terá celebrado Italia para 2026.
Ano | Evento | Sede | Datas | Países | Deportistas | Probas | |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1924 | I Xogos Olímpicos de Inverno | 25 de xaneiro 5 de febreiro |
16 | 292 | 16 | ||
Chamonix | Francia | ||||||
1928 | II Xogos Olímpicos de Inverno | 11 de febreiro 19 de febreiro |
25 | 464 | 14 | ||
Sankt Moritz | Suíza | ||||||
1932 | III Xogos Olímpicos de Inverno | 4 de febreiro 15 de febreiro |
17 | 252 | 14 | ||
Lake Placid | Estados Unidos | ||||||
1936 | IV Xogos Olímpicos de Inverno | 6 de febreiro 16 de febreiro |
28 | 668 | 17 | ||
Garmisch-Partenkirchen | Alemaña | ||||||
1948 | V Xogos Olímpicos de Inverno | 30 de xaneiro 8 de febreiro |
28 | 669 | 22 | ||
Sankt Moritz | Suíza | ||||||
1952 | VI Xogos Olímpicos de Inverno | 14 de febreiro 25 de febreiro |
30 | 694 | 22 | ||
Oslo | Noruega | ||||||
1956 | VII Xogos Olímpicos de Inverno | 26 de xaneiro 5 de febreiro |
32 | 820 | 24 | ||
Cortina d'Ampezzo | Italia | ||||||
1960 | VIII Xogos Olímpicos de Inverno | 18 de febreiro 28 de febreiro |
30 | 665 | 27 | ||
Squaw Valley | Estados Unidos | ||||||
1964 | IX Xogos Olímpicos de Inverno | 29 de xaneiro 9 de febreiro |
36 | 1.091 | 34 | ||
Innsbruck | Austria | ||||||
1968 | X Xogos Olímpicos de Inverno | 6 de febreiro 18 de febreiro |
37 | 1.158 | 35 | ||
Grenoble | Francia | ||||||
1972 | XI Xogos Olímpicos de Inverno | 3 de febreiro 13 de febreiro |
35 | 1.006 | 35 | ||
Sapporo | Xapón | ||||||
1976 | XII Xogos Olímpicos de Inverno | 4 de febreiro 15 de febreiro |
37 | 1.123 | 37 | ||
Innsbruck | Austria | ||||||
1980 | XIII Xogos Olímpicos de Inverno | 13 de febreiro 24 de febreiro |
37 | 1.072 | 38 | ||
Lake Placid | Estados Unidos | ||||||
1984 | XIV Xogos Olímpicos de Inverno | 8 de febreiro 19 de febreiro |
49 | 1.272 | 39 | ||
Saraxevo | Iugoslavia | ||||||
1988 | XV Xogos Olímpicos de Inverno | 13 de febreiro 28 de febreiro |
57 | 1.423 | 46 | ||
Calgary | Canadá | ||||||
1992 | XVI Xogos Olímpicos de Inverno | 8 de febreiro 23 de febreiro |
64 | 1.801 | 57 | ||
Albertville | Francia | ||||||
1994 | XVII Xogos Olímpicos de Inverno | 12 de febreiro 27 de febreiro |
67 | 1.737 | 61 | ||
Lillehammer | Noruega | ||||||
1998 | XVIII Xogos Olímpicos de Inverno | 7 de febreiro 22 de febreiro |
72 | 2.176 | 68 | ||
Nagano | Xapón | ||||||
2002 | XIX Xogos Olímpicos de Inverno | 8 de febreiro 24 de febreiro |
78 | 2.399 | 78 | ||
Salt Lake City | Estados Unidos | ||||||
2006 | XX Xogos Olímpicos de Inverno | 10 de febreiro 26 de febreiro |
80 | 2.508 | 84 | ||
Turín | Italia | ||||||
2010 | XXI Xogos Olímpicos de Inverno | 12 de febreiro 28 de febreiro |
82 | 2.566 | 86 | ||
Vancouver | Canadá | ||||||
2014 | XXII Xogos Olímpicos de Inverno | 7 de febreiro 23 de febreiro |
88 | 2.873 | 98 | ||
Sochi | Rusia | ||||||
2018 | XXIII Xogos Olímpicos de Inverno | 9 de febreiro 25 de febreiro |
92 | 2.922 | 102 | ||
Pyeongchang | Corea do Sur | ||||||
2022 | XXIV Xogos Olímpicos de Inverno | 4 de febreiro 20 de febreiro |
91 | 2.861 | 109 | ||
Pequín | China | ||||||
2026 | XXV Xogos Olímpicos de Inverno | 6 de febreiro 22 de febreiro |
Por definir | Por definir | Por definir | ||
Milán e Cortina d'Ampezzo | Italia | ||||||
A Galipedia ten un portal sobre: Xogos Olímpicos |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.