O 2 de xaneiro é o 2º día do ano do calendario gregoriano . Quedan 363 días para finalizar o ano , 364 nos anos bisestos .
Ata 1900
69 - As lexións da Xermania rebélanse nomeando emperador a Vitelio .
366 - Os alamáns cruzan o xeado río Rin invadindo o Imperio Romano .
533 - Mercurio é proclamado Papa, e como o seu nome evocaba un deus pagán é o primeiro en trocar de nome para o papado adoptando o de Xoán II
1482 - Establécese a Inquisición en Sevilla
1492 - Os Reis Católicos entran en Granada , que fora conquistada polos árabes.
1519 - Celébrase por primeira vez en Granada a procesión do Día da Toma, segundo o disposto no testamento do rei Fernando o Católico.
1521 - Real Cédula da raíña Xoana de Castela pola que se lle concede o título de vila a Mijas (provincia de Málaga ).
1536 - Chega a Santa Marta (Colombia ) a expedición do sevillano Pedro Fernández de Lugo que saíra de Tenerife en novembro do ano anterior.
1702 - Ten lugar en Tarifa (Cádiz ) unha das máis grandes inundacións da súa historia. A riada ocorreu durante o día e non houbo que lamentar perda ningunha de vidas humanas.
1705 - Créase o corpo dos "Escopeteros Voluntarios de Getares" para vixilancia do contrabando na baía de Alxeciras. Tiña a súa sede na cidade de Tarifa (Cádiz) con corenta homes escollidos da veciñanza. O seu mando foille outorgado a Gaspar Salado, capitán das Milicias Urbanas Andaluzas.
1757 - O Reino Unido captura Calcuta , capital da India .
1762 - Inglaterra declara a guerra a España , temerosa do Pacto de Familia entre os Borbóns franceses e españois.
1776 - Xosé II de Austria establece a abolición da tortura.
1782 - Xosé II de Austria promulga o Edicto de Tolerancia onde garante dereitos e obrigacións cidadás ós non cristiáns no seu país, incluíndo os xudeus.
1790 - Estrea da obra de teatro Cosi fan tutte en Viena de Wolfgan A. Mozart.
1791 - Ante o acollemento do primeiro número do xornal Mercurio peruano, este segue a editarse semanalmente cun número extra.
1814 - A Asemblea Representativa de Venezuela outorga a Simón Bolívar poderes absolutos.
1829 - Decrétase a expulsión dos españois residentes en México .
1833 - Gran Bretaña apodérase do arquipélago arxentino das illas Malvinas coa entrada da corveta Cleo en Puerto Soledad.
1839 - Louis Daguerre tira a primeira fotografía da Lúa .
1866 - O Goberno español pecha as cátedras do Ateneo.
1868 - A cidade de Asunción entrégase ós rebeldes que loitan contra o ditador de Paraguai , Francisco Solano López.
1870
1901 - 1950
Estrada Palma é elixido presidente de Cuba .
Convócase unha folga do metal en Barcelona .
O Goberno búlgaro denuncia o tratado comercial que o une a Austria-Hungría.
Cuba: Publícase na "Gaceta Oficial" o decreto número 1, para a creación da Xunta Superior de Sanidade da illa de Cuba.
1904 - Os herdeiros sublévanse contra os colonos europeos en Windhoek e Okahuadja.
1905 - Durante a Guerra ruso-xaponesa Port Arthur cae en poder dos xaponeses .
1906 - María Tareixa de Borbón, infanta de España, celebra o seu casamento co infante Fernando de Baviera e Borbón.
1908
Suspéndense as garantías constitucionais en Barcelona e Xirona a causa dunha vaga de terrorismo.
Estréase en Viena a ópera Ein Wintermärchen de Karl Goldmark.
1909 - Pío Baroja publica a novela La ciudad de la niebla .
1910 - Cuba : Por primeira vez aplícase a "fórmula 606", na Quinta de Hixiene.
1912
Inaugúrase en Alemaña o novo alumeado de gas de neon.
Nun taller mecánico da Praza de las Vizcaínas da cidade de México, realízase o primeiro avión feito no país. Os seus construtores son o mexicano Juan Guillermo Villasana e o ruso inmigrante Santiago Poveregsky.
Real Decreto polo que o rei Afonso XIII concede á vila de Adra (Almería) o título de cidade.
O marco alemán volve sufrir unha forte caída.
Inglaterra e Francia non chegan a ningún acordo na Conferencia de Reparacións celebrada en París .
1924 - Celébrase en Madrid un gran combate de boxeo entre Morgan e Ambrosini.
1926 - Comenzan a emitirse en España os diarios radiofónicos, chamados "La palabra".
1928 - Arxentina : Fúndase o Clube Atlético Victoriano Arenas
1929
Anúnciase a creación dun concurso de beleza, que permitirá a elección de "Miss España".
Efectúase unha división territorial de Chile , quedando o país dividido en 16 provincias, e suprímense sete das existentes.
O presidente panameño Arosemena é destituído polo movemento nacionalista da Acción Comunal Patriótica.
Un accidente ferroviario en Kazán (URSS) causa a morte de 65 persoas.
Vaga de frío en toda España; en Madrid alcánzanse 7 graos baixo cero e 14 en Burgos.
1934 - O poeta español Vicente Aleixandre gaña o primeiro premio do Concurso Nacional de Poesía.
1937 - Acordo italobritánico sobre o mantemento do statu quo no Mediterráneo.
1938 - A poboación da Arxentina estímase en 12 761 500 habitantes segundo algúns xornais.
1939 - O físico atómico italiano Enrico Fermi exíliase en Nova York .
1940
Dende 1857 ata 1940 foron chegando á Arxentina 2 111 397 españois.
O segundo continxente de tropas canadenses desembarca na Gran Bretaña.
1951 - 2000
O Tribunal Supremo español confirma as penas de morte impostas aos dous delincuentes que asasinaron unha anciá, á que roubaron 175 pesetas.
A RDA négase a que unha comisión da ONU prepare a organización de eleccións libres no seu territorio.
Dítanse en España novas normas de reorganización das Brigadas de Investigación Criminal, Político-social e Móbil.
1954 - O día antes do comezo das emisións da televisión italiana, o papa Pío XII advirte dos perigos que entraña a televisión para a familia.
1955 - Jose Antonio Remón , presidente de Panamá é asasinado a tiros.
1956 - Estréase en Barcelona a película Johnny Guitar , dirixida por Nicholas Ray .
1958 - O Goberno de Caracas anuncia a rendición dos sublevados en Maracai.
1959
Buques pesqueiros mexicanos son apresados pola mariña guatemalteca.
Fidel Castro faise co poder en Cuba e Manuel Urrutia é nomeado presidente de Cuba polo Movemento 26 de Xullo .
Os tres días de disturbios en Léopoldville causan 42 mortos.
Lánzase a sonda rusa Lunik I, primeiro trebello mandado a Lúa.
1960 - Estatísticas do tráfico de 1959: 983 vítimas en 10 347 accidentes.
1961
A URSS pon en circulación o novo rublo soviético .
Fúndase en Sevilla a Agrupación Provincial de Canaricultores, nomeando primeiro presidente a Diego Muñoz Vega.
1963 - Conséguese con éxito en Shanghai (China) a reimplantación dunha man.
1965
Ayub Khan elixido presidente de Paquistán .
Son liberados 23 misioneiras españolas e un crego que foran secuestrados polos rebeldes congoleses.
1966 - René Barrientos Ortuño inicia o seu terceiro mandato como presidente de Bolivia .
1968 - O doutor Christiaan Barnard leva a cabo o primeiro transplante de corazón. Ese mesmo día parece ser que o dentista Philip Blaiberg é a segunda persoa en recibir, no hospital Groote-Schuur de Cidade do Cabo, un corazón alleo.
1971 - 66 mortos pola rotura das bancadas durante o partido de fútbol entre o Rangers F.C. e o Celtic F.C. en Glasgow , Escocia .
1973 - Reanúdanse en París as conversacións sobre Vietnam .
1976 - A Unión Soviética dificulta a súa política migratoria a pesar de asinar o acordo de Helsinqui de 1975 , que avoga por un movemento máis liberal de persoas e ideas en Europa.
1978 - A igrexa católica amosa o seu descontento coa aconfesionalidade do anteproxecto constitucional de España.
1979 - Son asasinados un comandante do exército e un cabo da policía armada no País Vasco.
1981 - Peter Sutcliffe , o Destripador de Yorkshire, é arrestado.
1983
Constitúese no Perú o segundo goberno do presidente Belaúnde Terry.
O presidente francés François Mitterrand asegura que o seu país non reducirá o número de mísiles nucleares e sinala que as conversacións sobre o desarmamento entre os Estados Unidos e a Unión Soviética "non son asunto noso".
Despedida da comedia musical "Annie" no Alvin Theater de Nova York (despois de 2377 representacións).
Renfe pecha cerca de 1000 quilómetros de liñas férreas en España, dos que 750 corresponden a servizos de viaxeiros e proximidades.
Kenya e Israel establecen relacións diplomáticas.
Toma posesión do seu cargo o novo Gobernador de Porto Rico , Rafael Hernández Colón.
O Goberno italiano autoriza a construción dunha ponte entre Sicilia e a península, a través do Estreito de Messina .
Apróbase a Lei Electoral de Andalucía que ten por obxecto establecer o marco xurídico adecuado para a convocatoria e celebración de eleccións ó Parlamento de Andalucía.
Decrétase o peche da emisora nicaraguana "Radio Católica", por negarse a transmitir, o día anterior, a mensaxe dirixida ó país polo presidente Daniel Ortega .
1988 - Isabel Preysler e Miguel Boyer contraen casamento civil na intimidade.
1990
O presidente do Estado checoslovaco, Václav Havel visita Berlín oriental e Múnic.
Estatísticas do tráfico de 1989: 6054 vítimas en 5005 accidentes.
1991 - Rebeldes salvadoreños derriban un helicóptero estadounidense, perecendo os tres tripulantes, un polo choque e os outros dous aparentemente ultimados por guerrilleiros.
1992
Retirada masiva de depósitos dos clientes de Banesto trala intervención do banco por parte do Banco de España.
Alfredo Sáenz, do Banco Bilbao-Vizcaya, faise cargo da entidade.
1995 - Barrionuevo pide o amparo do CGPJ e acusa o xuíz Baltasar Garzón de deixalo "indefenso".
1996 - Sindicatos e CEOE pactan somete-las folgas a unha mediación obrigatoria previa.
1997
Ernesto Zedillo , presidente de México , destitúe o ministro do Interior, Emilio Chuayffet , como responsábel da matanza de Chiapas o 22 de decembro .
O Goberno exclúe os sindicatos do plan de restitución dos bens incautados polo ditador Franco.
O secretario xeral do sindicato abertzale LAB vincula unha tregua de ETA co fin da dispersión dos presos.
Michael, o segundo fillo de Robert Kennedy , morre nun tráxico accidente na neve.
Un morto e cinco feridos tras un atentado nunha taberna católica do norte de Belfast.
Soben os prezos da gasolina, transporte por estrada, Correos e as primas de seguros.
Malaisia di que expulsará un millón de traballadores estranxeiros para protexer o traballador malaio por mor da crecente crise financeira en Asia.
O Papa condena o uso do diñeiro público con fins privados.
A Orquestra Filharmónica de Viena rebasa os 1000 millóns de audiencia no tradicional Concerto de Aninovo.
Un total de 349 aventureiros cubriu a primeira etapa do Rally París-Dakar.
Comandos integristas asasinan 412 persoas en tres aldeas de Relizan (Alxeria ).
Juan José Ibarretxe toma posesión coma novo lehendakari do Goberno vasco .
O goberno estuda conceder o terceiro grao aos 22 ex dirixentes de ETA, membros da mesa de Herri Batasuna.
Cuba celebra o 40 aniversario do triunfo da Revolución.
Queda fixada a paridade irrevogable do euro en 166,386 pesetas , e a súa oficialidade nos 11 países da zona euro: Austria , Alemaña , Francia , Italia , España , Países Baixos , Bélxica , Finlandia , Portugal , Irlanda e Luxemburgo .
Forzas rebeldes derriban un avión de carga da ONU, que levaba oito persoas a bordo. É o segundo en caer na zona de guerra do altiplano angolano en oito días
O piloto español Miguel Prieto triunfa na etapa inaugural do París-Dakar.
A oposición triunfa nas Eleccións Parlamentarias de Croacia .
Un garda civil resulta ferido tras o lanzamento de cócteles Molotov contra o cuartel bilbaíno de Galdakao .
O ex axente da KGB, Vladimir Putin , exerce como presidente en funcións de Rusia tras a dimisión de Boris Eltsin .
Liberan o Airbus indio que estaba secuestrado no aeroporto afgán de Kandahar.
O Nasdaq rexistra en 1999 unha revalorización do 85%.
Nace o fillo dunha muller que levaba 47 días clinicamente morta.
2001 -
O goberno salvadoreño de Francisco Floresdecide adopta o dólar como moeda nacional.
Os españois do século XXI apoian a eutanasia, a clonación con fins médicos e os casamentos entre homosexuais.
O terrorista "demonio", fuxido en Bidart, é considerado polo Interior o novo xefe do aparello loxístico etarra.
Suecia toma o relevo de Francia na presidencia da UE.
Seis palestinos, entre eles dous nenos, morren en Cisxordania nun tráxico comezo de ano.
O Tribunal de Defensa da Competencia endurecerá as condicións da fusión entre as empresas do sector enerxético Endesa e Iberdrola.
Cinco mortos e seis desaparecidos son o tráxico resultado ocasionado polo temporal no Pireneo.
Piden rescate polos dous lenzos de Renoir e o Rembrandt roubados en Estocolmo .
Ibarretxe anunciará medidas xurídicas e sociais contra a prórroga do Concerto Económico Vasco.
O peronista Duhalde negocia co seu partido se-lo quinto presidente da Arxentina en dúas semanas.
A estrea da nova moeda, o euro, pon a proba os bancos e as caixas de aforros.
Os fortes incendios forestais en Australia avanzan cara ó centro de Sydney .
Michael Jordan despide o ano 2001 demostrando que é o mellor baloncestista da NBA
O HCR culmina a repatriación de máis de 25 000 somalís refuxiados no campo etíope de Daror.
Cinco persoas son condenadas na China a penas de entre 5 e 10 anos de cárcere por organizar motíns populares.
Berlín encarece os envases que degradan o medioambiente, pero devolverá a diferenza se se reciclan.
A noite de aninovo deixa en Filipinas un saldo de doce mortos e 423 feridos.[Cómpre referencia ]
Serbios, bosníacos e musulmáns discrepan sobor a conmemoración do asasinato do arquiduque Francisco Fernando ocorrida no 1914 .
Os inspectores da ONU visitan cinco instalacions máis en Bagdad e os seus arredores en Takrit.
Un barco con 70 000 toneladas de gasóleo choca perante a costa francesa.
O estudo de rochas nos glaciares indica que o xeo antártico occidental podería derreterse en 7000 anos.
O paro causa unha perda de 750 millóns de dólares no seu primeiro mes para o Goberno de Chávez.
Rexistrado un tremor de 5,3 graos na escala Richter en Cidade de México .
Israel ten no seu poder máis de 200 cabezas nucleares e é a sexta potecia nuclear, segundo a axencia Irna.
Un tremor de 6,3 graos sacode as illas de Balí e Lombok causando dous feridos e danos materiais.
Irlanda comenza a súa presidencia nunha UE en plena crise.
Dous mortos e 25 feridos nunha explosión de artigos de pirotecnia na Arxentina.
Ascende a 186 mortos e o menos 97 feridos polo incendio dunha discoteca, os feridos encóntranse en estado crítico en hospitais de Buenos Aires.
Un total de 511 persoas morreron en accidentes de tráfico en Israel durante o pasado ano 2004 .
Media ducia de réplicas sacoden as illas de Andamán e Nicobar.
Morren 20 persoas nun atentado o norte de Bagdad.
O número de mortes polo maremoto de magnitude 9 confirmadas é 123 365, aínda que o balance final pode supera-las 150 000. O balance estipulouse do seguinte xeito: Indonesia (80 246), Sri Lanka (28 729), India (8.955), Tailandia (4985), Somalia (200), Birmania (90), Maldivas (80), Malaisia (67), Tanzania (10), Bangladesh (2) e Kenya (1).
Hyundai inviste 860 millóns no seu proxecto turístico en Corea do Norte , que xa visitaron 800 000 persoas.
Autobuses israelís trasladan miles de palestinos a Exipto para que acodan á peregrinación á Meca.
Federico Fellini.
Paz Vega.
1566 - Luisa Carvajal Mendoza , poetisa española.
1727 - James Wolfe , xeneral británico durante a Guerra franco-india .
1758 - Juan José Paso , político arxentino.
1776 - Frei Patricio de las Torres , escritor español.
1777 - Christian Daniel Rauch , escultor alemán .
1816 - Benjamin Hobson , misioneiro na China .
1817 - José Mármol , poeta arxentino.
1822 - Rudolf Clausius , físico alemán .
1836 - Mendele Moykher Sforim , escritor belaruso .
1858 - José de Santiago Gómez , historiador, avogado e escritor galego (m. 1920).
1870 - Ernst Barlach , escultor, artista gráfico e poeta alemán .
1873 - Santa Tareixa de Lisieux , relixiosa francesa.
1880 - Rafael González Madrid , "Machaquito", toureiro español.
1886 - Florence Lawrence , inventora e actriz canadense (f. 1938).
1890 - Leónidas Anastasi , avogado e xurisconsulto arxentino.
1895 - Conde Folke Bernadotte , diplomático sueco.
1896 - Dziga Vertov , director de cine ruso .
1905 - Michael Tippett , compositor británico .
1912 - Renato Guttuso , pintor italiano .
1913 - Anna Lee , actriz británica.
1916 - Líbero Badii , escultor e pintor arxentino de orixe italiana.
1917 - Vera Zorina , bailarina e actriz alemá .
1920 - Isaac Asimov , escritor e científico estadounidense de orixe rusa .
1920 - Federico Fellini , cineasta italiano .
1920 - Vicente Palacio Atard , historiador español .
1922 - Renata Tebaldi , soprano italiana.
1922 - María Fux , escritora española.
1928 - Daisaku Ikeda , poeta, escritor e filósofo xaponés.
1932 - Edward Malefakis , historiador estadounidense
1933 - Julieta Serrano , actriz española
1934 - Víctor García de la Concha , filólogo e profesor español.
1934 - Edward L. Romero , embaixador estadounidense en España.
1935 - José Martínez de Genique , ministro español de Agricultura.
1936 - Roger Miller , músico estadounidense.
1937 - David Bailey , fotógrafo americano.
1938 - Norman Briski , actor arxentino.
1938 - Hans Herbjørnsrud , escritor noruegués .
1940 - Manuel Azpilicueta , presidente do Círculo Español de Empresarios.
1941 - Pedro Manuel Damas Rico , enxeñeiro e político español.
1943 - Emilio Disi , actor e director arxentino.
1945 - Linda Peretz , actriz arxentina.
1946 - Tomás de la Quadra Salcedo , exministro, mestre e político español .
1946 - Francisco Martín Morales , humorista gráfico español.
1947 - Elsa Baeza , cantante e actriz española de orixe cubana.
1949 - Chick Churchill , músico británico.
1951 - Jordi García Candau , director xeral de RTVE.
1953 - Juan Fernández-Amesto , presidente da CNMV.
1953 - Joan Bibilone , músico brasileiro.
1954 - Antón Lamazares , pintor galego.
1958 - Colomán Trabado Pérez , atleta español.
1962 - Carmelo Gómez , actor español.
1963 - Luis Dántin , piloto español de motociclismo.
1965 - Diane Lane , actriz estadounidense.
1966 - Basilei Boli , futbolista ucraíno.
1967 - Tia Carrere , actriz hawaiana .
1968 - Cuba Gooding Jr. , actor estadounidense .
1969 - Christy Turlington , modelo norteamericana.
1970 - Arnaldo Alvarado , programador e deseñador gráfico español de orixe venezolana.
1975 - Emmanuel Horvilleur , solista suramericano.
1975 - Dax Shepard , actor estadounidense.
1976 - Paz Vega , actriz española .
1976 - Laura Alonso Padín , soprano operística galega.
1979 - Francisco Abel Segovia Vega , futbolista español.
Joan Brossa.
1557 - Jacopo da Carucci "Il Pontormo", pintor italiano
1614 - Luisa Carvajal y Mendoza , poetisa española .
1819 - María Luisa , raíña de España , muller de Carlos IV.
1830 - José Ferreiro , escultor neoclásicista galego (n. 1738 ).
1850 - Manuel de la Peña y Peña , expresidente de México .
1868 - Marcos Paz , presidente da Arxentina .
1871 - Margarita Maza de Juárez , muller de Benito Juárez , presidente de México
1873 - Napoleón III , emperador de Francia .
1890 - Julián Gayarre , tenor español .
1915 - Cayetano del Toro e Quartiellers , oftalmólogo español , alcalde de Cádiz .
1921 - Emilio Bobadilla , escritor e xornalista cubano
1948 - Vicente Gracía Huidobro , poeta chileno
1955 - Jose Antonio Remón , presidente de Panamá
1960 - Fausto Coppi , ciclista italiano
1964 - Pío Fonty Quer , botánico español
1974 - Tex Ritter , actor e músico estadounidense
1977 - Erroll Garner , pianista estadounidense de jazz
1980 - Larry Williams , músico norteamericano
1981 - David Lynch , músico británico
1982 - Paul Belmondo , escultor francés .
1984 - Sebastià Juan Arbó , escritor español .
1987 - Ramón Castroviejo , oftalmólogo español .
1991 - Edmon Jabs , poeta sefardí de orixe exipcia .
1994 - César Romero , actor estadounidense .
1995 - Mohamed Siyad Barre , presidente da República de Somalia .
1995 - Manuel Rivera Hernández , pintor español .
1997 - Joan Coromines , filólogo e escritor español .
1997 - Randy California , músico estadounidense .
1999 - Rolf Liebermann , compositor suízo .
1999 - Joan Brossa , poeta español .
2000 - Ana Martínez Sagi , xornalista e deportista española.
2000 - María de las Mercedes de Borbón-Dúas Sicilias , condesa de Barcelona e nai do rei de España , Xoán Carlos I .
2000 - Nicholas Muller , fotógrafo húngaro .
2000 - Patrick O'Brien , historiador e novelista británico .
2002 - Pablo Antonio Cuadra , poeta e xornalista nicaraguano .
2017 - John Berger , escritor inglés (n. 1926).[1]
2017 - Mercedes Bará , pintora galega (n. 1927)
Granada. A Toma, conmemoración da conquista da cidade polos Reis Católicos, o 2 de xaneiro de 1492 .
Grisuela do Páramo, Bustillo do Páramo "León" (A Circuncisión do Señor)
Valdesogo de Abajo, Villaturiel "León" (A Circuncisión do Señor)
Santoral: A vida da Nosa Señora do Pilar ; Basilio o Grande e Gregorio Nacianceno (Bispos e Doutores ); Isidoro, Martiniano e Siridión (Bispos ); Acucio, Argeo, Narciso e Marcelino (Mártires ); Macario (Abade ); Edelmira e Estefanía (Virxes ); Pedro (Abade de Armenteira ); Adelardo (Santo ).
Outros artigos
Os 366 días do ano
xaneiro , febreiro , marzo , abril , maio , xuño , xullo , agosto , setembro , outubro , novembro , decembro