From Wikipedia, the free encyclopedia
Robert Francis "Bobby" Kennedy, nado en Brookline (Massachusetts) o 20 de novembro de 1925 e asasinado nos Ánxeles (California) o 6 de xuño de 1968, foi unha personalidade do dereito estadounidense, e o irmán máis novo do presidente John F. Kennedy. Foi designado polo seu irmán coma fiscal xeral para a súa administración.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2021.) |
Robert Kennedy era o sétimo fillo de Joseph P. Kennedy e Rose Kennedy. Asistiu e graduouse na Universidade Harvard en 1948, tras servir durante pouco tempo na Armada. Recibiu a súa graduación en dereito polo Colexio Legal da Universidade de Virxinia en 1951 e posteriormente encargouse de asesorar (con bastante éxito) ó seu irmán John para o comezo da súa campaña ó senado en 1952.
O presidente Kennedy premiou ó seu irmán nomeándoo fiscal xeral dos Estados Unidos. Durante a administración Kennedy, "Bobby" foi asesor do presidente. Un dos problemas aos que tivo que enfrontarse foi a invasión de Baía de Cochinos en Cuba no ano 1961, así coma a crise dos mísiles de Cuba 18 meses máis tarde. Tamén se enfrontou coa escalada militar en Vietnam e cos movementos en defensa dos dereitos civís. É recordado sobre todo polos seus traballos nos dereitos civís. Tralo asasinato do presidente Kennedy en 1963, Robert permaneceu coma fiscal xeral aínda que as súas relacións co seguinte presidente, Lyndon B. Johnson, non foron boas.
Trala morte de JFK, Robert pensou que podía obter a vicepresidencia no goberno de Johnson. Porén, despois de que Johnson confirmara que non contaba con el para o cargo, abandonou o gabinete do presidente. Iniciou a campaña para conseguir unha cadeira no senado coma representante por Nova York. Foi elixido en novembro de 1964, derrotando ó seu opoñente republicano, Kenneth Keating.
Nun principio, Kennedy negou as especulacións que afirmaban que ía intentar ser o candidato demócrata ás eleccións á presidencia de 1968, enfrontándose ó seu compañeiro de partido, o presidente Johnson. Johnson obtivo unha vitoria débil nas primarias de Nova Hampshire contra o senador Eugene McCarthy, un candidato anti-guerra; pouco despois, Kennedy anunciou a súa candidatura o 16 de marzo. Dúas semanas despois, Johnson declarou nunha intervención televisada que non ía presentarse á reelección.
O 5 de xuño de 1968, Kennedy realizou un discurso de agradecemento ós seus electores no Hotel Ambassador dos Ánxeles. Mentres se dirixía por un andar cheo de xente cara ás cociñas do hotel, Sirhan Sirhan, un home de 22 anos residente nos Ánxeles e con ascendentes palestinos, apareceu disparando cun revólver do calibre 22 contra a multitude que enchía o andar. Diversas persoas resultaron feridas, entre elas o senador Kennedy ao que disparou a queimarroupa. Sirhan confesou o seu crime por ser contrario ao apoio político a Israel do senador, e condenárono a cadea perpetua.
Robert F. Kennedy faleceu a primeira hora da mañá do día 6 de xuño, aos 42 anos. Está enterrado preto do seu irmán John no cemiterio de Arlington.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Robert F. Kennedy |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.