política española From Wikipedia, the free encyclopedia
María Luísa de Parma, nada en Parma o 9 de decembro de 1751 e finada en Roma o 2 de xaneiro de 1819, foi raíña consorte de España como esposa de Carlos IV, de quen era prima carnal polo lado paterno.
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Era neta de Lois XV de Francia, irmá de Fernando I de Borbón-Parma e prima carnal dos reis franceses Lois XVI, Lois XVIII e Carlos X.
Filla de Filipe I, duque de Parma e da princesa Luísa Isabel de Francia, filla do rei Lois XV, segundo moitos historiadores recibiu unha educación discutíbel, baixo a influencia do controvertido abade sensualista francés Étienne Bonnot de Condillac (1715-1780), quen defendía certas liberdades en canto a moralidade que, naquela época, resultaban impropias das damas nobres.
En 1765 contraeu matrimonio co príncipe de Asturias, futuro Carlos IV; eran primos irmáns por vía paterna e parentes próximos pola vía materna de María Luísa.
En 1788 converteuse en raíña consorte de España tras producirse a morte do seu sogro o rei Carlos III e ser recoñecido como rei de España o seu esposo, Carlos IV.
María Luísa de Parma exerceu unha grande influencia sobre o seu marido. De carácter caprichoso, chegou a participar en numerosos episodios polos que foi considerada, xa na súa época, unha muller intrigante e, para moitos, depravada.
Sufriu unha ostensíbel deterioración física polos múltiples partos, o que lle deu un aspecto pouco grato que aumentou a súa impopularidade. Ela, porén, estaba orgullosa dos seus brazos torneados e procurou embelecerse con xoias e custosos vestidos de manga curta importados de París, tal como testemuñan diversos retratos de Goya.
Estivo enfrontada con numerosos membros da Corte española do momento. Destacou a rivalidade que mantiveron a raíña e a duquesa de Alba, musa de Goya. Tamén tivo desavinzas coa duquesa de Osuna.
Entre os numerosos amantes que se atribuíron á raíña María Luísa destaca Manuel Godoy, un antigo membro da Garda de Corps que alcanzou unha influencia política notábel porque gozou dunha elevada capacidade para manipular a María Luía e ao propio rei Carlos IV.
A sinatura do tratado de Fontainebleau e 1807, por decisión de Godoy, provocou a entrada do exército francés en España. O descontento da poboación foise estendendo, ao que se sumaron as intrigas dalgúns sectores da corte que organizaron unha conxura (realmente, un golpe de Estado) na que tomou parte o seu propio fillo, o príncipe de Asturias, Fernando, futuro Fernando VII.
O 17 de marzo de 1808 tivo lugar un levantamento popular (Motín de Aranjuez) que logrou a caída de Manuel Godoy e a primeira abdicación de Carlos IV no seu fillo Fernando.
Napoleón Bonaparte aproveitou a situación para intervir en España e forzar a abdicación de Carlos IV en Fernando e a renuncia deste aos seus dereitos de sucesión.
Napoleón obrigounos a acudir a Baiona, onde se produciu o penoso episodio que tivo lugar o 5 de maio de 1808 en dita localidade francesa e coñecido como as abdicacións de Baiona.
María Luísa acompañou o seu marido ao desterro, primeiro en Francia, confinados por Napoleón en Compiègne, e posteriormente en Roma, onde faleceu, reinando xa o seu fillo Fernando en España, o cal ordenou o traslado dos restos dos seus pais para seren enterrados no Panteón dos Reis do Mosteiro do Escorial.
María Luísa e Carlos IV tiveron catorce fillos (á parte destes, a raíña tivo 10 embarazos máis que acabaron todos en abortos espontáneos, o cal suma un total de 24 embarazos):
16. Lois XIV de Francia | ||||||||||||||||
8. Lois de Borbón, Delfín de Francia | ||||||||||||||||
17. María Tareixa de Austria e Borbón | ||||||||||||||||
4. Filipe V de España | ||||||||||||||||
18. Fernando María de Baviera | ||||||||||||||||
9. María Ana Cristina de Baviera | ||||||||||||||||
19. Henriqueta Adelaida de Savoia | ||||||||||||||||
2. Filipe de España, Duque de Parma | ||||||||||||||||
20. Renato II Farnesio | ||||||||||||||||
10. Eduardo II Farnesio | ||||||||||||||||
21. Isabel de Este | ||||||||||||||||
5. Isabel de Farnesio | ||||||||||||||||
22. Filipe Guillerme de Neoburgo | ||||||||||||||||
11. Dorotea Sofía de Neoburgo | ||||||||||||||||
23. Isabel Amalia de Hesse-Darmstadt | ||||||||||||||||
1. María Luísa de Parma, raíña consorte de España | ||||||||||||||||
24. Lois de Borbón, Delfín de Francia (= 8) | ||||||||||||||||
12. Lois de Francia, duque de Borgoña | ||||||||||||||||
25. María Ana Cristina de Baviera (= 9) | ||||||||||||||||
6. Lois XV de Francia | ||||||||||||||||
26. Vítor Amadeu II de Savoia | ||||||||||||||||
13. María Adelaida de Savoia | ||||||||||||||||
27. Ana María de Orleáns | ||||||||||||||||
3. Luisa Isabel de Francia | ||||||||||||||||
28. Rafael Leszczysnki | ||||||||||||||||
14. Estanislau I de Polonia | ||||||||||||||||
29. Ana Catalina Jablonowska | ||||||||||||||||
7. María Leszczynska | ||||||||||||||||
30. Juan Carlos Opalinski | ||||||||||||||||
15. Catalina Opalinska | ||||||||||||||||
31. Sofía Czarnkowska | ||||||||||||||||
Películas nas que aparece o personaxe de María Luísa de Parma.
Ano | Filme | Director | Actriz que interpreta a raíña |
---|---|---|---|
2006 | Os fantasmas de Goya | Miloš Forman | Blanca Portillo |
1999 | Volavérunt | Bigas Luna | Stefania Sandrelli |
1995 | Carlota Xoaquina, Princesa do Brasil | Carla Camurati | Vera Holtz |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: María Luísa de Parma |
Predecesor: María Amalia de Saxonia |
Raíña consorte de España 1788 - 1808 |
Sucesor: María Xulia Clary |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.