equipo estadounidense de baloncesto From Wikipedia, the free encyclopedia
Los Angeles Lakers son un equipo profesional de baloncesto da National Basketball Association (NBA) con sede nos Ánxeles. Os Lakers xogan os seus partidos como local en Staples Center, cancha que comparten co seu equipo rival da NBA, Los Angeles Clippers, e o seu equipo irmán, Los Angeles Sparks da WNBA. Os Lakers gañaron o seu último título da competición en 2020 tras derrotar nas finais aos Miami Heat, por catro partidos a dous. En xuño de 2009, o analista de baloncesto e escritor John Hollinger clasificou aos Lakers como a maior franquía da NBA de todos os tempos.[1]
Los Angeles Lakers | |
---|---|
Información xeral | |
Conferencia | Oeste |
División | Pacífico |
Fundación | 1947 |
Historia | Minneapolis Lakers (1947–1960) |
Cores | Dourado, púrpura |
G League | South Bay Lakers |
Retirados | 12 (8, 16, 13, 22, 24, 25, 32, 33, 34, 42, 44, 52) Honoríficos: (VM, GM, JP, SM, JK, CL) |
Localización | |
Cidade | Os Ánxeles (California) |
Pavillón | Staples Center |
Capacidade | 18.997 espectadores |
Inauguración | 17 de outubro de 1999 |
Persoal | |
Propietario(s) | Familia de Jerry Buss |
Presidente | Jeanie Buss |
Director | Rob Pelinka |
Adestrador | Vacante |
Títulos | |
Campión | 17 (1949, 1950, 1952, 1953, 1954, 1972, 1980, 1982, 1985, 1987, 1988, 2000, 2001, 2002, 2009, 2010, 2020) |
Conferencia | 32 (1949, 1950, 1952, 1953, 1954, 1959, 1962, 1963, 1965, 1966, 1968, 1969, 1970, 1972, 1973, 1980, 1982, 1983, 1984, 1985, 1987, 1988, 1989, 1991, 2000, 2001, 2002, 2004, 2008, 2009, 2010, 2020) |
División | 24 (1971, 1972, 1973, 1974, 1977, 1980, 1982, 1983, 1984, 1985, 1986, 1987, 1988, 1989, 1990, 2000, 2001, 2004, 2008, 2009, 2010, 2011, 2012, 2020) |
lakers.com |
A franquía dos Lakers foi fundada en 1946 en Detroit, Míchigan, antes de trasladarse a Minneapolis, onde o equipo obtivo o seu actual nome, xa que o Estado de Minnesota é coñecido como a "Terra dos 10 000 lagos" (lago en inglés é lake). Antes de mudarse aos Ánxeles en 1960, os Lakers gañaron os seus cinco primeiros campionatos, con todo, durante os anos 60 non volveron a conseguir un novo título, aínda coa axuda de xogadores como Elgin Baylor ou Jerry West, até que finalmente, en 1972, os Lakers gañaron o seu sexto título, o primeiro na cidade dos Ánxeles.
Porén, a popularidade dos Lakers disparouse sobre todo na década de 1980, cando gañou cinco títulos en nove anos baixo o liderado dos xogadores do Salón da Fama Magic Johnson, Kareem Abdul-Jabbar, James Worthy e o adestrador Pat Riley, sendo dous campionatos desta época gañados aos seus eternos rivais na final, os Boston Celtics. Tras unha serie de anos en branco, entre 2000 e 2002 os equipo anxelino gañou tres títulos consecutivos, coa axuda de Shaquille O'Neal, Kobe Bryant e do adestrador Phil Jackson. Despois de perder tanto as finais de 2004 e 2008, os Lakers conseguiron o seu décimo quinto campionato en 2009 derrotando a Orlando Magic. Os Lakers ademais posúen os récords de maior número de vitorias (3 000), mellor porcentaxe de vitorias (61,8%) e maior número de aparicións nas Finais da NBA (31), sendo o equipo con máis títulos (17) empatado cos Celtics.
Os Lakers comezaron a súa existencia co nome de Detroit Gems, xogando na NBL. O propietario orixinal da franquía foi o empresario C. King Boring, con todo o equipo tan só disputou unha tempada na NBL baixo o nome de Gems, xa que o pobre resultado tanto deportivo como financeiro fixo que en 1947 se vendese o equipo a Ben Berger e Morris Chalfen por 15.000 dólares, sendo trasladado a Minneapolis. Como os Gems o ano anterior tiveran con moita diferenza o peor rexistro de toda a liga, ao ano seguinte dispoñían da primeira elección do draft de dispersión de xogadores da Professional Basketball League of America, que usaron para elixir a George Mikan, un pivote de 2,08 metros de altura, que se convertería nun dos mellores da época. Con Mikan, novo adestrador, John Kundla, e unha remesa de antigos xogadores da Universidade de Minnesota, os Lakers gañaron o seu primeiro campionato na tempada 1947-48, uníndose a outros catro equipos da NBL no seu salto á Basketball Association of America, onde gañaron o título na tempada 1948-49. A NBL e a BAA fusionáronse ao ano seguinte xurdindo a NBA.
Os Minneapolis Lakers foron o equipo máis importante da recentemente fundada NBA. Con membros do Hall of Fame como George Mikan, Vern Mikkelsen, Jim Pollard, Slater Martin ou Clyde Lovellette, convertéronse na primeira dinastía da NBA, gañando cinco campionatos en seis anos (1949, 1950, 1952, 1953 e 1954). Na tempada 1958-59 chegou a Minneapolis, vía draft, a segunda grande estrela na historia dos Lakers, Elgin Baylor. O novato alzouse co Rookie do ano e logrou revitalizar ao equipo, que volveu chegar ás Finais en 1959. Ao final da tempada, Kundla presentou a súa dimisión como adestrador, marchándose con cinco títulos no seu haber.
Dende a retirada de Mikan, os Lakers perderon afección e a asistencia ao Minneapolis Auditorium diminuía, o que levou á franquía a reformularse a situación, facendo que en 1957 Ben Berger terminase vendendo o equipo a Bob Short.[2] Este manifestou a súa intención de trasladar o equipo a outra cidade se non obtiña o apoio dos seareiros de Minneapolis, así que o 25 de abril de 1960, anunciou que os Minneapolis Lakers pasaban a ser Los Angeles Lakers, o equipo marchaba a California.
Short chegou aos Angeles cun equipo competitivo, aínda que afastado do potencial dos Boston Celtics e Saint Louis Hawks, con todo o mellor reforzo ía proceder de novo do draft. Tratábase de Jerry West, elixido na segunda posición procedente de West Virginia.[3] Con West chegou tamén Fred Schaus, o seu adestrador na universidade. O técnico mantívose até 1967 e devolveu aos Lakers a unhas finais na campaña 1961-62, mais caeron derrotados ante Boston Celtics por 4 a 3.[4] Esta sería a tónica xeral da súa estancia nos Ánxeles, en sete anos xogou nada menos que catro Finais, caendo en todas a mans dos Celtics de Red Auerbach e Bill Russell. Nesas finais de 1962, Baylor estableceu un récord de anotación en playoffs que perdurou até 1986. Os 61 puntos que endosou a Boston o 14 de abril só foron superados por Michael Jordan, que precisamente rompeu esta marca en Boston con 63 puntos, 24 anos despois.[5]
Esta época viu nacer unha rivalidade que perdurou até os nosos días. Outra das rivalidades que non perdurou até a actualidade foi a que protagonizaron cos Hawks de Pettit. Os movementos tamén se sucederon nas oficinas, Jack Kent Cooke converteuse en 1965 no novo propietario do equipo tras comprar a franquía por 5 millóns de dólares. Los Angeles Lakers deixaron o Sports Area e mudáronse ao flamante Forum en 1967, coa chegada do novo adestrador Bill van Breda Kolff, quen se mantivo até 1969, dúas tempadas onde os anxelinos chegaron a senllas Finais con idéntica sorte, 4-3 para Boston. Para frear o efecto de Bill Russell, Cooke fíxose coas catro veces MVP, Wilt Chamberlain, formando con Baylor e West, un trío anotador moi prolífico. Goodrich, unha das claves destes Lakers, marchou a Phoenix Suns debido ao draft de expansión desa tempada. A pesar das seis finais que perderon estes Lakers pasaron á historia como un dos mellores equipos de todos os tempos.
Os anos 1970 comezaron como acabara a anterior década, chegando aos Finais mais caendo ante os Knicks de Willis Reed e Walt Frazier. Ao ano seguinte, Gail Goodrich regresou ao equipo, mais a historia volvía repetirse, nesta ocasión os Milwaukee Bucks de Lew Alcindor exerceron de verdugo nas finais de conferencia. A tempada 1971-72 foi unha campaña histórica, a franquía bateu o seu récord de vitorias (69), incluíndo a mítico racha de 33 vitorias consecutivas, a máis longa na historia do deporte americano profesional.[6] Poñendo finalmente a guinda co primeiro título nos Ánxeles, un campionato que os Lakers non gañaban dende 1954. Xa en 1976, Kareem Abdul-Jabbar, chega aos Lakers procedente dos Milwaukee Bucks, e no seu primeiro ano en California conseguiu o seu cuarto MVP da Tempada, mais o equipo fracasa de novo un ano máis en playoffs, caendo eliminados en Semifinais de Conferencia ante os Portland Trail Blazers, facendo o propio os Seattle SuperSonics en 1978 e 1979.
Os Lakers na tempada 1979-80 conseguiron o nº1 no draft, e o elixido foi o base Earvin "Magic" Johnson, de Michigan State, e Larry Bird, o seu gran rival universitario, foi aos Celtics, renacendo así a gran rivalidade que ambos os equipos tiveron na década dos 60 e eles en particular na NCAA.
Ese mesmo ano Kareem Abdul-Jabbar lograría o seu sexto MVP e Los Angeles finalizaron cun récord de 62-20, con todo, o gran protagonista da tempada foi "Magic", que puxo a guinda co anel de campión nun sexto encontro antolóxico. Na final esperaban os Sixers de Julius Erving. Jabbar non puido xogar por culpa do nocello e Magic, xogando de pivote, asinou 42 puntos, 15 rebotes e 7 asistencias para gañar o partido, o anel e o MVP das Finais.
Baixo o mando de Pat Riley, que substituíu a Paul Westhead na tempada 1981-82, o equipo converteuse no máis dominante dos 80, logrando pasar das 60 vitorias en seis tempadas, aparecendo nas finais oito veces na década e sendo coroados campións en cinco ocasións, incluíndo dous campionatos consecutivos en 1987 (ante Boston Celtics) e 1988 (ante Detroit Pistons), o primeiro equipo en facelo dende Boston en 1969. Á historia pasaron os enfrontamentos que ofreceron Lakers e Celtics nas súas tres finais, con imaxes históricas como o junior sky-hook de Magic para gañar o sexto partido da final de 1987 no Boston Garden.[7]
Xunto a Johnson, James Worthy e Abdul-Jabbar, os Lakers contaban con escudeiros como Byron Scott, Michael Cooper, Kurt Rambis, Jamaal Wilkes ou A.C. Green (estes dous últimos sen chegar a coincidir). Porén, a fin do showtime chegou trala derrota nas Finais de 1989 ante Detroit Pistons. Magic Johnson gañaba o seu segundo MVP mentres que Abdul-Jabbar anunciaba a súa retirada do baloncesto profesional con 42 anos. Jerry Buss, Jerry West e Pat Riley viron a necesidade de reconstruír o equipo. Deste xeito púñase fin á década máis exitosa da historia da franquía.
Os Lakers pareceron adaptarse ben á ausencia de Jabbar. O mozo Vlade Divac ocupou o seu posto como pivote titular, axudando aos Lakers a gañar 63 partidos na 1989-90 e o seu noveno título de división consecutivo, sendo ademais Johnson nomeado de novo MVP. Mais nos playoffs foron eliminados sorprendentemente polos Phoenix Suns en Semifinais de Conferencia por 4-1. Pat Riley decidiu abandonar o banco e foi substituído por Mike Dunleavy. Un ano despois o equipo acadou de novo as finais, aínda que desgraciadamente topáronse cos Chicago Bulls de Michael Jordan e Phil Jackson, que comezaban o seu novo reinado na liga. O 7 de novembro de 1991, Magic Johnson conmocionou ao mundo anunciando que era portador do virus VIH e que se retiraba inmediatamente. A pesar do seu retiro, foi seleccionado para disputar o All-Star Game de 1992, onde foi nomeado MVP do partido. En 1992, 1993 e 1994 os Lakers pasaron a súa particular travesía polo deserto, só dúas participacións en playoffs e caendo en primeira rolda.
Na 1994-95, os Lakers melloraron (48-34) e regresando aos playoffs. Harris foi nomeado Adestrador do Ano e Jerry West Mellor Executivo. Ceballos converteuse no primeiro xogador da franquía en 20 anos en anotar 50 puntos nun partido. Os Lakers gañaron a súa primeira serie de playoffs na era post-Magic, batendo aos SuperSonics, a pesar de que logo perderon ante San Antonio Spurs. Ao final do curso, Worthy retirouse do baloncesto tras doce anos vestindo a camiseta dos Lakers. Un 30 de xaneiro de 1996, Magic Johnson regresou ás canchas ante Golden State Warriors. Magic, que contaba con 36 anos, xogou a un gran nivel nas súas primeiras semanas do seu retorno e axudou ao equipo a cultivar un balance de 29-11 con el en pista. Con todo, os Lakers caeron na primeira rolda de playoffs en mans dos Houston Rockets por 3-1, retirándose definitivamente Magic Johnson trala eliminación.
Durante o verán de 1996, Jerry West logrou a fichaxe do pivote Shaquille O'Neal, que chegaba como axente libre procedente de Orlando Magic. Ademais, traspasou a Divac aos Charlotte Hornets a cambio dos dereitos do mozo de 18 anos Kobe Bryant.[8] Ao longo da tempada regular, tamén traspasou a Ceballos aos Phoenix Suns a cambio de Robert Horry. Os Lakers conseguiron 56 vitorias e derrotaron aos Portland Trail Blazers en primeira rolda de playoffs, mais en Semifinais de Conferencia caeron ante os Utah Jazz de John Stockton e Karl Malone por 4-1. Na tempada 1997-98, os Lakers conseguiron o mellor inicio de tempada da historia da franquía, con 11 vitorias, e un balance final de 61-21. Ademais, catro xogadores dos Lakers (O'Neal, Bryant, Van Exel e Jones) foron escollidos para disputar o All-Star Game, algo que non ocorría dende 1983. Mais por segundo ano consecutivo, os Jazz eliminaron os Lakers, esta vez nas Finais de Conferencia por un contundente 4-0. O ano seguinte, os Spurs déronlles todo un recital nas Semifinais de Conferencia vencéndolles por 4-0, os Spurs máis tarde serían campións da liga. Nesa serie, xogáronse os dous últimos partidos de playoffs no Great Western Forum.
A tempada 1999-00 foi o principio dunha nova era na historia dos Lakers. O equipo contratou ao adestrador Phil Jackson, líder dos Bulls de Jordan, e por primeira vez en 31 anos xogarían os seus partidos de casa nun lugar que non fose o Great Western Forum, xa que un novo pavillón, o Staples Center, foi construído no centro da cidade. Tras unha tempada regular brillante (67-15) na que Shaquille O'Neal conseguiu o MVP da tempada e o MVP do All-Star Game, os Lakers chegaban aos playoffs máis fortes que nunca nos últimos anos. Con todo, sufriron para eliminar os Sacramento Kings (3-2), aínda que nas Semifinais de Conferencia non tiveron problemas en bater aos Phoenix Suns.
Nas Finais de Conferencia, Lakers derrotaron nunha intensa serie aos Portland Trail Blazers por 4-3, despois de levar os anxelinos unha vantaxe de 3-1. No último partido, o equipo remontou a maior desvantaxe efectuada no último cuarto na historia de playoffs[9] (13, superando a marca que eles mesmos ostentaban dende 1973 (6), compartido cos Warriors (1975) e os Bullets (1979)) para gañar ás súas primeiras Finais dende 1991 tras superar finalmente 89-84 grazas a un 31-13 no último cuarto. Tras eliminar os Blazers, os Lakers enfrontáronse ante Indiana Pacers nas Finais de 2000, as primeiras desde 1991. O equipo venceu en seis partidos, gañando o primeiro anel dende o ano 1988. O'Neal foi nomeado co seu primeiro MVP das Finais, logrando o seu terceiro MVP nesta tempada.
Nos seguintes playoffs, os Lakers eliminaron a Portland, Sacramento e San Antonio sen perder ningún partido, chegando nun estado de forma magnífico ás Finais da NBA que lle enfrontaban aos Philadelphia 76ers de Allen Iverson. Tras empezar perdendo, remontaron para levar un 4-1, logrando o back-to-back. Ao seguinte ano os Lakers chegaron aos playoffs como o terceiro mellor equipo do Oeste. Eliminaron a Portland por terceira vez consecutiva, fixeron o propio cos Spurs e na Final de Conferencia esperaban os Kings. Tras ir perdendo 2-1 na serie, o cuarto partido puido sentenciar a eliminatoria e cambiar a historia dos Kings, pero Robert Horry salvou os Lakers cunha tripla histórica.[10] (100-99) para empatar a eliminatoria a dúas. No quinto partido, unha canastra de Mike Bibby in extremis devolvía a ilusión aos de Sacramento,[11] durándolles pouco xa que os dous seguintes encontros foron vitorias dos Lakers, e con iso, o seu pase ás Finais. Nelas atoparíanse cos New Jersey Nets de Jason Kidd, facendo a súa primeira aparición nunhas Finais. Os californianos liquidaron a eliminatoria pola vía rápida, varrendo ao seu rival (4-0) e conseguindo o three-peat (terceiro anel consecutivo).
Na tempada 2002-03, Bryant converteuse no xogador máis novo da historia da NBA en chegar aos 10.000 puntos ademais de conseguir a marca de máis triplas nun partido con 12 ante os Sonics, anotar 40 ou máis puntos en 9 partidos consecutivos (xunto con Wilt Chamberlain e Michael Jordan o único xogador capaz de facelo na historia), entre outros tantos récords que acumulou esa tempada. Os Lakers eliminaron con facilidade a Minnesota Timberwolves, pero en Semifinais de Conferencia tiveron que enfrontarse a San Antonio Spurs. Tras un 4-2 a favor dos Spurs, terminaron os soños dos Lakers de conseguir o cuarto anel consecutivo. Un ano despois, a franquía fichou aos veteranos Karl Malone e Gary Payton, que chegaron por pouco diñeiro coa idea de gañar o seu primeiro anel. Sobre o papel, Lakers conformaban un equipo para revalidar o título, con todo foi un ano duro, Malone lesionouse do xeonllo, Bryant foi acusado de agresión sexual[12] e comezaron os primeiros rozamentos entre O'Neal e Bryant. A pesar diso o equipo gañou o título de División Pacífico e chegaron ás Finais da NBA, onde caeron vapuleados, sorprendentemente, ante Detroit Pistons por 4-1.
Tralo fracaso do ano anterior os Lakers comezaron a súa particular reconstrución. Phil Jackson deixa o banco, sendo substituído por Rudy Tomjanovich. Shaquille O'Neal márchase rumbo a Miami a cambio de Lamar Odom, Brian Grant, Caron Butler e unha elección de primeira rolda para o Draft. De igual modo, Rick Fox e Gary Payton son traspasados aos Boston Celtics por Chris Mihm, Marcus Banks e Chucky Atkins. Derek Fisher, descontento pola falta de minutos, firma por Golden State e Karl Malone retírase. A pesar de que a tempada 2004-05 comezou ben, a marcha de Tomjanovich por cuestións de saúde[13] e as continuas lesións de Kobe e de Odom afectaron o equipo, que non logrou clasificarse para os playoffs por quinta vez na súa historia. O equipo saíu derrotado en 19 dos últimos 21 encontros da fase regular, para un balance final de 34-48.
A tempada 2005-06 estivo marcada polo regreso de Phil Jackson ao banco dos Lakers. O equipo fichou a Kwame Brown dos Washington Wizards a cambio de Caron Butler e Chucky Atkins, e seleccionou no draft a Andrew Bynum, procedente do instituto. O 22 de xaneiro de 2006, Bryant entrou na historia da NBA ao anotar 81 puntos na vitoria ante Toronto Raptors. Foi a segunda máxima anotación nun partido, detrás dos 100 de Chamberlain en 1962. Os Lakers clasificáronse para os playoffs cun balance de 45-37, pero caeron derrotados en primeira rolda fronte a Phoenix Suns a pesar de ir gañando a eliminatoria por 3-1. O MVP Steve Nash liderou aos Suns na remontada. Ao finalizar a tempada Bryant solicitou o seu traspaso a outro equipo se non ían chegar reforzos.
Despois de recuperar a Fisher, procedente de Utah Jazz o equipo tivo un inicio de tempada bastante bo, cunha achega notable de Andrew Bynum como pivote titular. Con todo, en xaneiro unha lesión obrigou ao adestrador a prescindir do pivote o resto da tempada e buscar un substituto de garantías. Nunha fugaz operación Kwame Brown, Javaris Crittenton e Aaron McKie, ademais de dúas eleccións de primeira rolda de Draft, foron parar a Memphis Grizzlies a cambio de Pau Gasol e unha elección de segunda rolda. Nos playoffs, os Lakers varreron en primeira rolda a Denver Nuggets por 4-0, cheagando ás Semifinais de Conferencia contra Utah Jazz. Tras comezar os dous primeiros partidos en casa gañando, os Lakers deixáronse empatar a eliminatoria a domicilio, mais finalmente conseguiron chegar ás Finais de Conferencia, onde eliminaron a San Antonio Spurs por 4-1 e accederon ás Finais por primeira vez dende 2004. Nas Finais atopáronse con Boston Celtics vinte e un anos despois. Tras dúas vitorias dos Celtics en Boston, a serie foise cara aos Ánxeles coa obriga dos Lakers de gañar o tres partidos para continuar vivos na loita polo anel. Gañaron o terceiro e quinto encontro da serie, perdendo o cuarto ao deixar escapar unha diferenza de 24 puntos sobre os Celtics, maior remontada na historia das Finais. Xa no sexto, os Celtics sentenciaron cun claro 92-131.
Ao ano seguinte, despois de superar a dura derrota nas finais ante os Celtics, conseguiron o mellor balance de vitorias da conferencia oeste (65-17), chegando aos playoffs enfrontándose en primeira rolda aos Utah Jazz, que logran vencer 4-1, para logo disputar unha dura serie ante uns Houston Rockets que contaban con moitas baixas. Finalmente clasificáronse tras vencer no sétimo partido e enfrontáronse nas finais de conferencia os Lakers enfrontaríanse aos Denver Nuggets, aos que venceron por 4-2, para acceder ás finais onde conseguiron o seu 15º campionato da NBA derrotando a Orlando Magic por 4-1, sendo Bryant nomeado MVP das Finais tras ter unha media de 32,4 puntos, 5,6 rebotes e 7,4 asistencias, converténdose Phil Jackson no adestrador máis laureado da historia da liga con 10 aneis, superando a Red Auerbach.[14]
Os Lakers manteñen unha longa rivalidade cos Boston Celtics. Chegaron a xogar até en doce finais da NBA, gañando os de Boston en nove ocasións e os anxelinos tres. A primeira destas finais entre os dous equipos foi en 1959, aínda que os Lakers saíron varridos da eliminatoria. Os equipos atopáronse nas finais até seis veces máis nos anos sesenta, con vitoria dos Celtics en tódalas ocasións. Os equipos renovaron a súa rivalidade nas Finais da década dos 80, onde xogaron en tres ocasións (1984, 1985 e 1987), sendo a serie de 1984 promocionada polos medios como Larry Bird contra Magic Johnson, chegándose a dicir que ese encontro "salvou á NBA".[15] O encontro nunha final máis recente foi en 2010, onde os Lakers gañaros aos Celtics no último encontro da serie para conseguir o seu décimo sexto título.
Ano | Campión | Resultado |
---|---|---|
1959 | Boston Celtics | 4–0 |
1962 | Boston Celtics | 4–3 |
1963 | Boston Celtics | 4–2 |
1965 | Boston Celtics | 4–1 |
1966 | Boston Celtics | 4–3 |
1968 | Boston Celtics | 4–2 |
1969 | Boston Celtics | 4–3 |
1984 | Boston Celtics | 4–3 |
1985 | Los Angeles Lakers | 4–2 |
1987 | Los Angeles Lakers | 4–2 |
2008 | Boston Celtics | 4–2 |
2010 | Los Angeles Lakers | 4–3 |
Os Lakers xogan os seus partidos en casa no Staples Center, situado no Live Center dos Ánxeles. O Staples Center foi inaugurado en 1999 e ten capacidade para 18 997 espectadores. Este pavillón é tamén fogar dos seus rivais da NBA Los Angeles Clippers e o seu equipo asociado da Women's National Basketball Association, Los Angeles Sparks. Ademais de baloncesto tamén acolle encontros da National Hockey League, concretamente os partidos como local de Los Angeles Kings e do equipo de Arena Football (fútbol americano cuberto) Los Angeles Avengers. O estadio é propiedade de AEG e de L.A. Arena Company. Antes de mudarse ao Staples Center, os Lakers xogaron os seus partidos en casa no Forum de Inglewood durante 31 anos, despois de mudarse de Los Angeles Memorial Sports Area, que utilizaron nos seus primeiros sete anos na cidade. Mentres que o equipo tiña a súa sede en Minneapolis xogou os seus partidos da casa, no AMinneapolis Auditorium (1947-1960). Aínda que o Minneapolis Auditorium foi a cancha principal dos Lakers durante esa época, durante seu último ano na cidade (1960) xogaron no Minneapolis Armory. Con todo, por conflitos de calendario, os Lakers xa xogaban a miúdo no Armory (e viceversa a última tempada). Tamén xogaron algúns partidos no St. Paul Auditorium.
Pavillón | Localización | Estado | Capacidade | Período | |
---|---|---|---|---|---|
Minneapolis Auditorium | Minneapolis | Minnesota | 10.000 | 1947 | 1959 |
Minneapolis Armory | Minneapolis | Minnesota | 8.000 | 1959 | 1960 |
Los Angeles Memorial Sports Arena | Os Ánxeles | California | 16.161 | 1960 | 1967 |
The Forum | Os Ánxeles | California | 17.505 | 1967 | 1999 |
Staples Center | Os Ánxeles | California | 18.997 | 1999 | − |
Dada a proximidade do equipo a Hollywood, a gran base de seareiros Lakers inclúe a moitos persoeiros famosos, a maioría dos cales se lles pode ver regularmente no Staples Center. Un dos casos máis coñecidos é o de Jack Nicholson, , que se senta en localidades ó pé da pista cerca do banco visitante e merca os pases de tempada dende 1967. Con todo, algúns seareiros só están presentes cando os Lakers teñen éxito, e é precisamente neses tempos cando un asento preto da cancha nun partido importante é un bo lugar no que deixarse ver. Tódalas canles de televisión que retransmiten os partidos inclúen sempre unhas cantas imaxes das celebridades presentes. Outros coñecidos seguidores da franquía son os actores Will Smith, Bruce Willis, Denzel Washington,Dustin Hoffman, Sylvester Stallone, Halle Berry, Richard Dreyfuss, Robert Downey Jr., Leonardo DiCaprio, Edward Norton, Salma Hayek, Antonio Banderas ou Andy Garcia ou os deportistas Pete Sampras e David Beckham.
A popular banda de rock californiana, os Red Hot Chili Peppers, tamén adoitan asistir aos encontros cando non están de xira. De feito, as cancións do seu álbum Mother's Milk, "Salute to Kareem" e "Magic Johnson" son un tributo ao "Showtime" dos Lakers ademais, dende a tempada 2005-06, o seu baixista Flea, un recoñecido fan dos Lakers, escribe un blog sobre os Lakers para nba.com. Outra canción adicada aos Lakers por algún dos seus seareiros é "Kobe Bryant", do rapeiro Lil Wayne escribiu unha canción titulada "Kobe Bryant." A partir de 2002 e 2007 o equipo dunha media de pouco máis de 18.900 afeccionados, que aínda estaba no dez primeiros na NBA. O equipo vendido a todos os xogos en casa durante a tempada 2007-08.
Tempada | V | D | % | Play-offs | Resultados |
---|---|---|---|---|---|
Detroit Gems (NBL) (non se inclúe nos totais de V/D) | |||||
1946-47 | 4 | 40 | .091 | ||
Minneapolis Lakers (NBL) (non se inclúe nos totais de V/D) | |||||
1947-48 | 43 | 17 | .717 | Gañada primeira rolda Gañadas semifinais da NBL Gañado título da NBL | Minneapolis 3, Oshkosh 1 Minneapolis 2, Tri-Cities 0 Minneapolis 3, Rochester 1 |
Minneapolis Lakers (BAA) | |||||
1948-49 | 44 | 16 | .733 | Gañada primeira rolda Gañadas semifinais da BAA Gañado título da BAA | Minneapolis 2, Chicago 0 Minneapolis 2, Rochester 0 Minneapolis 4, Syracuse 2 |
Minneapolis Lakers (NBA) | |||||
1949-50 | 51 | 17 | .750 | Gañado encontro pola primeira praza Gañadas semifinais da división Gañadas finais da división Gañadas as semifinais da NBA Gañado título da NBA | Minneapolis sobre Rochester Minneapolis 2, Chicago 0 Minneapolis 2, Ft. Wayne 0 Minneapolis 2, Anderson 0 Minneapolis 4, Syracuse 2 |
1950-51 | 44 | 24 | .647 | Gañadas semifinais de división Perdidas finais de división | Minneapolis 2, Indianapolis 1 Rochester 3 Minneapolis 1 |
1951-52 | 40 | 26 | .606 | Gañadas semifinais de división Gañadas finais de división Gañado título da NBA | Minneapolis 2, Indianapolis 0 Minneapolis 3, Rochester 1 Minneapolis 4, New York 3 |
1952-53 | 48 | 22 | .686 | Gañadas semifinais de división Gañadas finais de división Gañado título da NBA | Minneapolis 2, Indianapolis 0 Minneapolis 3, Ft. Wayne 2 Minneapolis 4, New York 1 |
1953-54 | 46 | 26 | .639 | Round-Robin Gañadas finais de división Gañado título da NBA | Minneapolis 3-0 sobre Rochester e Ft. Wayne Minneapolis 2, Rochester 1 Minneapolis 4, Syracuse 3 |
1954-55 | 40 | 32 | .556 | Gañadas semifinais de división Perdidas finais de división | Minneapolis 2, Rochester 1 Ft. Wayne 3, Minneapolis 1 |
1955-56 | 33 | 39 | .458 | Gañado encontro pola segunda praza Perdidas semifinais de división | Minneapolis sobre St. Louis St. Louis 2, Minneapolis 1 |
1956-57 | 34 | 38 | .472 | Perdido o dempate de división Gañadas semifináis de división Perdidas finais de división | St. Louis sobre Minneapolis Minneapolis 2, Ft. Wayne 0 St. Louis 3, Minneapolis 0 |
1957-58 | 19 | 53 | .264 | ||
1958-59 | 33 | 39 | .458 | Gañadas semifinais de división Gañadas finais de división Perdida final da NBA | Minneapolis 2, Detroit 1 Minneapolis 4, St. Louis 2 Boston 4, Minneapolis 0 |
1959-60 | 25 | 50 | .333 | Gañadas semifinais de división Perdidas finais de división | Minneapolis 2, Detroit 0 St. Louis 4, Minneapolis 3 |
Los Angeles Lakers | |||||
1960-61 | 36 | 43 | .456 | Gañadas semifinais de división Perdidas finais de división | Los Angeles 2, Detroit 0 St. Louis 4, Los Angeles 3 |
1961-62 | 54 | 26 | .675 | Gañadas finais de división Perdida a final da NBA | Los Angeles 3, Detroit 2 Boston 4, Los Angeles 3 |
1962-63 | 53 | 27 | .663 | Gañadas finais de división Perdida a final da NBA | Los Angeles 4, St. Louis 3 Boston 4, Los Angeles 2 |
1963-64 | 42 | 38 | .525 | Perdidas semifinais de división | St. Louis 3, Los Angeles 2 |
1964-65 | 49 | 31 | .613 | Gañadas finais de división Perdida a final da NBA | Los Angeles 4, Baltimore 2 Boston 4, Los Angeles 1 |
1965-66 | 45 | 35 | .563 | Gañadas finais de división Perdida a final da NBA | Los Angeles 4, St. Louis 3 Boston 4, Los Angeles 3 |
1966-67 | 36 | 45 | .444 | Perdidas semifinais de división | San Francisco 3, Los Angeles 0 |
1967-68 | 52 | 30 | .634 | Gañadas semifinais de división Gañadas finais de división Perdida a final da NBA | Los Angeles 4, Chicago 1 Los Angeles 4, San Francisco 0 Boston 4, Los Angeles 3 |
1968-69 | 55 | 27 | .671 | Gañadas semifinais de división Gañadas finais de división Perdida a final da NBA | Los Angeles 4, San Francisco 2 Los Angeles 4, Atlanta 1 Boston 4, Los Angeles 3 |
1969-70 | 46 | 36 | .561 | Gañadas semifinais de conferencia Gañadas finais de conferencia Perdida a final da NBA | Los Angeles 4, Phoenix 3 Los Angeles 4, Atlanta 0 New York 4, Los Angeles 3 |
1970-71 | 48 | 34 | .585 | Gañadas semifinais de conferencia Perdidas finais de conferencia | Los Angeles 4, Chicago 3 Milwaukee 4, Los Angeles 1 |
1971-72 | 69 | 13 | .841 | Gañadas semifinais de conferencia Gañadas finais de conferencia Gañado título da NBA | Los Angeles 4, Chicago 0 Los Angeles 4, Milwaukee 2 Los Angeles 4, New York 1 |
1972-73 | 60 | 22 | .732 | Gañada primeira rolda Perdidas semifinais de conferencia | Los Angeles 4, Chicago 3 Golden State 4, Los Angeles 1 |
1973-74 | 47 | 35 | .573 | Perdida primeira rolda | Milwaukee 4, Los Angeles 1 |
1974-75 | 30 | 52 | .366 | ||
1975-76 | 40 | 42 | .488 | ||
1976-77 | 40 | 42 | .488 | Gañada primeira rolda Perdidas semifinais de conferencia | Los Angeles 4, Golden State 3 Portland 4, Los Angeles 0 |
1977-78 | 45 | 37 | .549 | Perdida primeira rolda | Seattle 2, Los Angeles 1 |
1978-79 | 47 | 35 | .573 | Gañada primeira rolda Perdidas semifinais de conferencia | Los Angeles 2, Denver 1 Seattle 4, Los Angeles 1 |
1979-80 | 60 | 22 | .732 | Gañadas semifinais de conferencia Gañadas finais de conferencia Gañado título da NBA | Los Angeles 4, Phoenix 1 Los Angeles 4, Seattle 1 Los Angeles 4, Philadelphia 2 |
1980-81 | 54 | 28 | .659 | Perdida primeira rolda | Houston 2, Los Angeles 1 |
1981-82 | 57 | 25 | .695 | Gañadas semifinais de conferencia Gañadas finais de conferencia Gañado título da NBA | Los Angeles 4, Phoenix 0 Los Angeles 4, San Antonio 0 Los Angeles 4, Philadelphia 2 |
1982-83 | 58 | 24 | .707 | Gañadas semifinais de conferencia Gañadas finais de conferencia Perdida a final da NBA | Los Angeles 4, Portland 1 Los Angeles 4, San Antonio 2 Philadelphia 4, Los Angeles 0 |
1983-84 | 54 | 28 | .659 | Gañada primeira rolda Gañadas semifinais de conferencia Gañadas finais de conferencia Perdida a final da NBA | Los Angeles 3, Kansas City 0 Los Angeles 4, Dallas 1 Los Angeles 4, Phoenix 2 Boston 4, Los Angeles 3 |
1984-85 | 62 | 20 | .756 | Gañada primeira rolda Gañadas semifinais de conferencia Gañadas finais de conferencia Gañado título da NBA | LA Lakers 3, Phoenix 0 LA Lakers 4, Portland 1 LA Lakers 4, Denver 1 LA Lakers 4, Boston 2 |
1985-86 | 62 | 20 | .756 | Gañada primeira rolda Gañadas semifinais de conferencia Perdidas finais de conferencia | LA Lakers 3, San Antonio 0 LA Lakers 4, Dallas 2 Houston 4, LA Lakers 1 |
1986-87 | 65 | 17 | .793 | Gañada primeira rolda Gañadas semifinais de conferencia Gañadas finais de conferencia Gañado título da NBA | LA Lakers 3, Denver 0 LA Lakers 4, Golden State 1 LA Lakers 4, Seattle 0 LA Lakers 4, Boston 2 |
1987-88 | 62 | 20 | .756 | Gañada primeira rolda Gañadas semifinais de conferencia Gañadas finais de conferencia] Gañado título da NBA | LA Lakers 3, San Antonio 0 LA Lakers 4, Utah 3 LA Lakers 4, Dallas 3 LA Lakers 4, Detroit 3 |
1988-89 | 57 | 25 | .695 | Gañada primeira rolda Gañadas semifinais de conferencia Gañadas finais de conferencia Perdida a final da NBA | LA Lakers 3, Portland 0 LA Lakers 4, Seattle 0 LA Lakers 4, Phoenix 0 Detroit 4, LA Lakers 0 |
1989-90 | 63 | 19 | .768 | Gañada primeira rolda Perdidas semifinais de conferencia | LA Lakers 3, Houston 1 Phoenix 4, LA Lakers 1 |
1990-91 | 58 | 24 | .707 | Gañada primeira rolda Gañadas semifinais de conferencia Gañadas finais de conferencia Perdida a final da NBA | LA Lakers 3, Houston 0 LA Lakers 4, Golden State 1 LA Lakers 4, Portland 2 Chicago 4, LA Lakers 1 |
1991-92 | 43 | 39 | .524 | Perdida primeira rolda | Portland 3, LA Lakers 1 |
1992-93 | 39 | 43 | .476 | Perdida primeira rolda | Phoenix 3, LA Lakers 2 |
1993-94 | 33 | 49 | .402 | ||
1994-95 | 48 | 34 | .585 | Gañada primeira rolda Perdidas semifinais de conferencia | LA Lakers 3, Seattle 1 San Antonio 4, LA Lakers 2 |
1995-96 | 53 | 29 | .646 | Perdida primeira rolda | Houston 3, LA Lakers 1 |
1996-97 | 56 | 26 | .683 | Gañada primeira rolda Perdidas semifinais de conferencia | LA Lakers 3, Portland 1 Utah 4, LA Lakers 1 |
1997-98 | 61 | 21 | .744 | Gañada primeira rolda Gañadas semifinais de conferencia Perdidas finais de conferencia | LA Lakers 3, Portland 1 LA Lakers 4, Seattle 1 Utah 4, LA Lakers 0 |
1998-99 | 31 | 19 | .620 | Gañada primeira rolda Perdidas semifinais de conferencia | LA Lakers 3, Houston 1 San Antonio 4, LA Lakers 0 |
1999-00 | 67 | 15 | .817 | Gañada primeira rolda Gañadas semifinais de conferencia Gañadas finais de conferencia Gañado título da NBA | LA Lakers 3, Sacramento 2 LA Lakers 4, Phoenix 1 LA Lakers 4, Portland 3 LA Lakers 4, Indiana 2 |
2000-01 | 56 | 26 | .683 | Gañada primeira rolda Gañadas semifinais de conferencia Gañadas finais de conferencia Gañado título da NBA | LA Lakers 3, Portland 0 LA Lakers 4, Sacramento 0 LA Lakers 4, San Antonio 0 LA Lakers 4, Philadelphia 1 |
2001-02 | 58 | 24 | .707 | Gañada primeira rolda Gañadas semifinais de conferencia Gañadas finais de conferencia Gañado título da NBA | LA Lakers 3, Portland 0 LA Lakers 4, San Antonio 1 LA Lakers 4, Sacramento 3 LA Lakers 4, New Jersey 0 |
2002-03 | 50 | 32 | .610 | Gañada primeira rolda Perdidas semifinais de conferencia | LA Lakers 4, Minnesota 2 San Antonio 4, LA Lakers 2 |
2003-04 | 56 | 26 | .683 | Gañada primeira rolda Gañadas semifinais de conferencia Gañadas finais de conferencia Perdida a final da NBA | LA Lakers 4, Houston 1 LA Lakers 4, San Antonio 2 LA Lakers 4, Minnesota 2 Detroit 4, LA Lakers 1 |
2004-05 | 34 | 48 | .415 | ||
2005-06 | 45 | 37 | .549 | Perdida primeira rolda | Phoenix 4, LA Lakers 3 |
2006-07 | 42 | 40 | .519 | Perdida primeira rolda | Phoenix 4, LA Lakers 1 |
2007-08 | 57 | 25 | .695 | Gañada primeira rolda Gañadas semifinais de conferencia Gañadas finais de conferencia Perdida a final da NBA | LA Lakers 4, Denver 0 LA Lakers 4, Utah 2 LA Lakers 4, San Antonio 1 Boston 4, LA Lakers 2 |
2008-09 | 65 | 17 | .793 | Gañada primeira rolda Gañadas semifinais de conferencia Gañadas finais de conferencia Gañado título da NBA | LA Lakers 4, Utah 1 LA Lakers 4, Houston 3 LA Lakers 4, Denver 2 LA Lakers 4, Orlando 1 |
2009-10 | 57 | 25 | .695 | Gañada primeira rolda Gañadas semifinais de conferencia Gañadas finais de conferencia Gañado título da NBA | LA Lakers 4, Oklahoma City 2 LA Lakers 4, Utah 0 LA Lakers 4, Suns 2 LA Lakers 4, Boston 3 |
2010-11 | 57 | 25 | .695 | Gañada primeira rolda Perdidas semifinais de conferencia | LA Lakers 4, New Orleans 2 Dallas 4, LA Lakers 0 |
2011-12 | 41 | 25 | .621 | Gañada primeira rolda Perdidas semifinais de conferencia | LA Lakers 4, Denver 3 Oklahoma City 4, LA Lakers 1 |
2012-13 | 45 | 37 | .549 | Perdida primeira rolda | San Antonio 4, LA Lakers 0 |
2013-14 | 27 | 55 | .329 | ||
2014-15 | 21 | 61 | .256 | ||
2015-16 | 17 | 65 | .207 | ||
2016-17 | 26 | 56 | .317 | ||
2017-18 | 35 | 47 | .427 | ||
2018-19 | 37 | 45 | .451 | ||
Total | 3333 | 2282 | .594 | ||
Play-offs | 440 | 297 | .597 | 16 Campionatos |
Los Angeles Lakers 2023–2024 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Xogadores | Adestradores | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|
Dorsais retirados por Los Angeles Lakers | ||||
Nº | Xogador | Posición | Período | Data de retiro do Nº |
---|---|---|---|---|
8 | Kobe Bryant | E | 1996–2006 | 18 de decembro de 2017 |
13 | Wilt Chamberlain | P | 1968–1973 | 9 de novembro de 1983 |
16 | Pau Gasol | AP | 2008–2014 | 7 de marzo de 2023 |
22 | Elgin Baylor | A | 1958–1971 | 9 de novembro de 1983 |
24 | Kobe Bryant | E | 1996–2006 | 18 de decembro de 2017 |
25 | Gail Goodrich | B | 1965–1968, 1970–1976 | 20 de novembro de 1986 |
32 | Magic Johnson | B | 1979–1991, 1996 | 16 de febreiro de 1992 |
33 | Kareem Abdul-Jabbar | P | 1975–1989 | 20 de marzo de 1989 |
34 | Shaquille O'Neal | P | 1996–2004 | 2 de abril de 2013 |
42 | James Worthy | A | 1982–1994 | 10 de decembro de 1995 |
44 | Jerry West | B | 1960–1974 | 19 de novembro de 1983 |
52 | Jamaal Wilkes | A | 1977–1985 | 28 de decembro de 2012 |
99 | George Mikan | P | 1948–1954, 1956 | 30 de outubro de 2022 |
Chick Hearn | − | 1961–2002 | 2 de decembro de 2002 |
Ademais dos dez xogadores sinalados, retirouse un dorsal na honra do comentarista dos partidos do equipo entre 1960 e 2002, Chick Hearn. Resaltar que no cadro de "anos" tan só se inclúe o ano do seu debut no equipo e o ano do seu último partido no mesmo, sen precisar se xogou nos Lakers en tódolos anos intermedios. Xunto cos dorsais retirados, os Lakers colgaron unha pancarta máis cos nomes de seis membros do Basketball Hall of Fame que foron imprescindibles para ó éxito da franquía durante a súa etapa de Minneapolis. Son cinco xogadores e un adestrador, John Kundla.
Dorsais honoríficos dos Minneapolis Lakers | ||||
Nº | Xogador | Posición | Período | |
---|---|---|---|---|
17 | Jim Pollard | A | 1948–1955 | |
19 | Vern Mikkelsen | A | 1949–1959 | |
25 | Slater Martin | B | 1949–1956 | |
32 | Clyde Lovellette | AP | 1953–1957 | |
99 | George Mikan | P | 1948–1956 | |
-- | Chick Hearn | − | 1948–1959 |
Os seguintes xogadores e adestradores foron incluídos no Basketball Hall of Fame. Tamén foron incluídos Chick Hearn, comentarista do equipo dende 1960 até o ano do seu falecemento, 2002, e Jerry Buss, propietario do club desde 1979 até 2013.
Membros do Basketball Hall of Fame de Los Angeles Lakers | |||||||||
Xogadores | |||||||||
Nº | Nome | Posicións | Período | Ingreso | Nº | Nome | Posicións | Período | Ingreso |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
4 | Adrian Dantley | A | 1977–1979 | 2008 | 25 | Gail Goodrich | B | 1965–1968; 1970–1976 | 1996 |
10 | Steve Nash | B | 2012–2015 | 2018 | 31 | Zelmo Beaty | P | 1974–1975 | 2016 |
11 | Karl Malone | AP | 2003–2004 | 2010 | 31 | Spencer Haywood | AP | 1979–1980 | 2015 |
11 | Bob McAdoo | AP | 1981–1985 | 2000 | 32 | Magic Johnson | B | 1979–1991; 1996 | 2002 |
11 | Charlie Scott | B / E | 1977–1978 | 2018 | 33 | Kareem Abdul-Jabbar | P | 1975–1989 | 1995 |
12 | Vlade Divac | P | 1989–1996; 2004–2005 | 2019 | 34 | Clyde Lovellette | AP | 1953–1957 | 1988 |
13 | Wilt Chamberlain | P | 1968–1973 | 1979 | 34 | Shaquille O'Neal | P | 1996–2004 | 2016 |
17 | Jim Pollard | AP | 1948–1955 | 1978 | 42 | Connie Hawkins | A | 1973–1975 | 1992 |
19 | Vern Mikkelsen | AP | 1949–1959 | 1995 | 42 | James Worthy | A | 1982–1994 | 2003 |
20 | Gary Payton | B | 2003–2004 | 2013 | 44 | Jerry West | B | 1960–1974 | 1980 |
22 | Elgin Baylor | A | 1958–1971 | 1977 | 52 | Jamaal Wilkes | A | 1977–1985 | 2012 |
22 | Slater Martin | B | 1949–1956 | 1982 | 73 | Dennis Rodman | AP | 1999 | 2011 |
23 | Mitch Richmond | E | 2001–2002 | 2014 | 99 | George Mikan | P | 1948–1954; 1955–1956 | 1959 |
Adestradores | |||||||||
Nº | Nome | Posicións | Período | Ingreso | Nº | Nome | Posicións | Período | Ingreso |
– | John Kundla | Adestrador | 1948–1957; 1958–1959 | 1995 | – | Phil Jackson | Adestrador | 1999–2004; 2005–2011 | 2007 |
– | Bill Sharman | Adestrador | 1971–1976 | 2004 | – | Tex Winter | Asistente | 1999–2008 | 2011 |
– | Pat Riley | Adestrador | 1981–1990 | 2008 | |||||
Contribuidores | |||||||||
Nº | Nome | Posicións | Período | Ingreso | Nº | Nome | Posicións | Período | Ingreso |
– | Jerry Buss | Propietario | 1979–2013 | 2010 | Chick Hearn | Locutor | 1961–2002 | 2003 |
Tipo | Xogador | Tempadas nos Lakers | Rexistro |
---|---|---|---|
Número de encontros | Kobe Bryant | 1996 - 2016 | 1 234 |
Minutos xogados | Kobe Bryant | 1996 - 2016 | 45 166 |
Puntos anotados | Kobe Bryant | 1996 - 2016 | 31 457 |
Rebotes | Elgin Baylor | 1958 - 1971 | 11 463 |
Asistencias | Magic Johnson | 1979 - 1991, 1996 | 10 141 |
Perdas | Kobe Bryant | 1996 - 2016 | 3 700 |
Roubos | Kobe Bryant | 1996 - 2016 | 1 819 |
Tapóns | Kareem Abdul-Jabbar | 1975 - 1989 | 2 694 |
Lanzamentos anotados | Kobe Bryant | 1996 - 2016 | 10 976 |
Porcentaxe de anotación de tiros de campo | Wilt Chamberlain | 1968 - 1973 | 60,5% |
Triplas anotadas | Kobe Bryant | 1996 - 2016 | 1 629 |
Porcentaxe de anotación de triplas | Larry Drew | 1989 - 1991 | 40,4% |
Tiros libres anotados | Kobe Bryant | 1996 - 2016 | 7 876 |
Porcentaxe de anotación de tiros libres | Cazzie Russell | 1974 - 1977 | 87,7% |
Dorsal | Xogador | Universidade | Ano |
---|---|---|---|
33 | Earvin Johnson | Michigan State | 1979 |
52 | James Worthy | North Carolina | 1982 |
# | Nome | Período | PX | V | D | V% | PPX | PV | PD | PV% | Títulos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | John Kundla | 1948–1957 | 653 | 390 | 263 | 59,7 | 82 | 54 | 28 | 65,9 | 5 (1949, 1950, 1952, 1953, 1954) |
2 | George Mikan | 1957 | 39 | 9 | 30 | 23,1 | — | — | — | — | |
- | John Kundla | 1958 | 72 | 33 | 39 | 45,8 | 13 | 6 | 7 | 46,2 | |
3 | John Castellani | 1959 | 36 | 11 | 25 | 30,6 | — | — | — | — | |
4 | Jim Pollard | 1959 | 39 | 14 | 25 | 35,9 | 9 | 5 | 4 | 55,6 | |
5 | Fred Schaus | 1960–1966 | 560 | 315 | 245 | 56,3 | 71 | 33 | 38 | 46,5 | |
6 | Butch van Breda Kolff | 1967–1968 | 164 | 107 | 57 | 65,2 | 33 | 21 | 12 | 63,6 | |
7 | Joe Mullaney | 1969–1970 | 164 | 94 | 70 | 57,3 | 30 | 16 | 14 | 53,3 | |
8 | Bill Sharman | 1971–1975 | 410 | 246 | 164 | 60,0 | 37 | 22 | 15 | 59,5 | 1 (1972) |
9 | Jerry West | 1976–1978 | 246 | 145 | 101 | 58,9 | 22 | 8 | 14 | 36,4 | |
10 | Jack McKinney | 1979 | 14 | 10 | 4 | 71,4 | — | — | — | — | |
11 | Paul Westhead | 1979–1981 | 161 | 111 | 50 | 68,9 | 19 | 13 | 6 | 68,4 | 1 (1980) |
12 | Pat Riley | 1981–1989 | 727 | 533 | 194 | 73,3 | 149 | 102 | 47 | 68,5 | 4 (1982, 1985, 1987, 1988) |
13 | Mike Dunleavy | 1990–1991 | 164 | 101 | 63 | 61,6 | 23 | 13 | 10 | 56,5 | |
14 | Randy Pfund | 1992–1993 | 146 | 66 | 80 | 45,2 | 5 | 2 | 3 | 40,0 | |
15 | Bill Bertka | 1993 | 2 | 1 | 1 | 50,0 | — | — | — | — | |
16 | Magic Johnson | 1993 | 16 | 5 | 11 | 31,3 | — | — | — | — | |
17 | Del Harris | 1994–1998 | 340 | 224 | 116 | 65,9 | 36 | 17 | 19 | 47,2 | |
— | Bill Bertka | 1998 | 1 | 1 | 0 | 100 | — | — | — | — | |
18 | Kurt Rambis | 1998 | 37 | 24 | 13 | 64,9 | 8 | 3 | 5 | 37,5 | |
19 | Phil Jackson | 1999–2003 | 410 | 287 | 123 | 70,0 | 92 | 64 | 28 | 69,6 | 3 (2000, 2001, 2002) |
20 | Rudy Tomjanovich | 2004 | 43 | 24 | 19 | 55,8 | — | — | — | — | |
21 | Frank Hamblen | 2004 | 39 | 10 | 29 | 25,6 | — | — | — | — | |
— | Phil Jackson | 2005–2011 | 492 | 323 | 169 | 65,7 | 89 | 54 | 35 | 60,7 | 2 (2009, 2010) |
22 | Mike Brown | 2011–2012 | 71 | 42 | 29 | 59,1 | 12 | 5 | 7 | 41,7 | |
23 | Bernie Bickerstaff | 2012 | 5 | 4 | 1 | 80,0 | — | — | — | — | |
24 | Mike D'Antoni | 2012–2014 | 154 | 67 | 87 | 43,5 | 4 | 0 | 4 | 00,0 | |
25 | Byron Scott | 2014–2016 | 164 | 38 | 126 | 22,7 | — | — | — | — | |
26 | Luke Walton | 2016–2019 | 246 | 98 | 148 | 39,8 | — | — | — | — | |
27 | Frank Vogel | 2019– | 71 | 52 | 19 | 73,2 | 21 | 16 | 5 | 76,2 | 1 (2020) |
|
|
|
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.