actor e produtor estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Leonardo Wilhelm DiCaprio, nado nos Ánxeles (California) o 11 de novembro de 1974[1], é un actor e produtor estadounidense. Foi nomeado a cinco Premios Óscar e dez Globos de Ouro. Na 88ª edición dos Óscar gañou o Óscar ó mellor actor polo seu papel no filme The Revenant. Gañou dous Globos de Ouro ó mellor actor dramático polas súas interpretación nos filmes The Aviator (2004) e The Revenant (2015), e o Globo de Ouro ó mellor actor de comedia ou musical por The Wolf of Wall Street (2013). Tamén foi nomeado ós Screen Actors Guild, Satellite Awards e ós British Academy of Film and Television Arts.[2]
DiCaprio comezou a súa carreira aparecendo en varios anuncios comerciais de televisión antes de converterse nunha personaxe recorrente de series de televisión como Santa Barbara ou Growing Pains de comezos dos anos 1990. A súa estrea nun gran filme foi This Boy's Life (1993) xunto con Robert De Niro. DiCaprio gañou recoñecemento polo seu papel seguinte en What's Eating Gilbert Grape (1993), así como por protagonizar The Basketball Diaries (1995) e Romeo + Juliet (1996). Acadou a fama internacional polo seu papel como Jack en Titanic (1997) de James Cameron.
Dende a década do 2000, DiCaprio recibiu aclamacións da crítica polo seu traballo en filmes como Catch Me If You Can (2002), Gangs of New York (2002), Diamante de sangue (2006), Infiltrados (2006), Revolutionary Road (2008), Shutter Island, Orixe (2010) e Django Unchained (2012).[3] DiCaprio posúe a súa propia produtora chamada Appian Way Productions. Un comprometido defensor do medio ambiente, DiCaprio recibiu louvanzas de grupos ecoloxistas polo seu activismo.
É fillo de George DiCaprio, autor, produtor e distribuidor de banda deseñada underground[4], e Irmelin Idenbirkin. O seu pai é metade italo-estadounidense e metade xermano-estadounidense. A súa nai é alemá. O nome de Leonardo vén porque mentres a súa nai estaba embarazada, fronte a unha pintura de Leonardo da Vinci en Italia, el pateou dentro do ventre, iso fixo que ela decidise chamalo como o famoso artista. Os seus pais divorciáronse cando tiña un ano de idade. Medrou en Boto Park, Os Ánxeles, California.
A súa carreira como actor iniciou en 1990 cando formou parte do elenco da serie de televisión baseada no filme Parenthood. O seu seguinte proxecto televisivo sería a exitosa telecomedia Growing Pains, en cuxas últimas tempadas participou comezando a adquirir popularidade en EUA. O seu debut na pantalla grande fíxoo na película Critters 3 (1991).
En 1993 traballou con Robert De Niro e Ellen Barkin en This Boy's Life e en 1996, protagonizou Romeo + Juliet, nunha versión moderna do clásico de Shakespeare.
En 1997 convértese en superestrela e ídolo de mozas cando interpreta o personaxe de Jack Dawson en Titanic. Esta película converteuse no filme máis comercial de todos os tempos e gañou 11 Premios Óscar da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas.
Traballou ademais con algúns dos mellores directores de cine, por exemplo Steven Spielberg, Martin Scorsese, Sam Raimi, James Cameron ou Woody Allen entre outros.
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Leonardo saíu oficialmente coa supermodelo brasileira Gisele Bündchen desde o 2002, pero terminaron en 2005. Dende 2006, a súa parella é a supermodelo israelí Bar Refaeli.
Ano | Título | Papel | Notas |
---|---|---|---|
1991 | Critters 3 | Josh | |
1992 | Poison Ivy | Mozo | |
1993 | This Boy's Life | Tobias "Toby" Wolff | |
1993 | What's Eating Gilbert Grape | Arnie Grape | |
1994 | The Foot Shooting Party | Bud | |
1995 | The Quick and the Dead | Fee Herod, "The Kid" | |
1995 | Diario dun rebelde | Jim Carroll | |
1995 | Total Eclipse | Arthur Rimbaud | |
1996 | Romeo + Juliet | Romeo | |
1996 | O cuarto de Marvin | Hank | |
1997 | Titanic | Jack Dawson | |
1998 | The Man in the Iron Mask | Rei Lois XIV de Francia/Philippe | |
1998 | Celebrity | Brandon Darrow | |
2000 | The Beach | Richard | |
2001 | Don's Plum | Derek | |
2002 | Catch Me If You Can | Frank William Abagnale Jr. | |
2002 | Gangs of New York | Amsterdam Vallon | |
2004 | The Aviator | Howard Hughes | |
2006 | Infiltrados | Billy Costigan | |
2006 | Diamante de sangue | Danny Archer | |
2007 | The 11th Hour | Narrador/Produtor | Documental |
2008 | Rede de mentiras | Roger Ferris | |
2008 | Revolutionary Road | Frank Wheeler | |
2010 | Shutter Island | Teddy Daniels | |
2010 | Orixe | Dom Cobb | |
2011 | J. Edgar | J. Edgar Hoover | |
2012 | Django Unchained | Calvin Candie | |
2013 | The Great Gatsby | Jay Gatsby | |
2013 | The Wolf of Wall Street | Jordan Belfort | |
2015 | The Revenant | Hugh Glass |
Ano | Título | Papel | Notas |
---|---|---|---|
1989 | The New Lassie | Glen | Episodio: "New Generation" Episodio: "Snake Pit" |
1990 | The Outsiders | Rapaz loitando | Episodio: "Pilot" |
1990 | Parenthood | Garry Buckman | |
1990 | The New Lassie | Mozo novo | Episodio: "Livewire" |
1990 | Santa Barbara | Mason Capwell mozo | |
1991 | Roseanne | Darlene's Classmate | Episodio: "Home-Ec" |
1991–1992 | Growing Pains | Luke Brower | |
2008-2010 | Greensburg | Produtor executivo e co-creador | |
2014 | Saturday Night Live | Cameo | Programa: "Jonah Hill/Bastille" |
Ano | Título | Notas |
---|---|---|
2004 | O asasinato de Richard Nixon | Produtor executivo |
2004 | The Aviator | Produtor executivo |
2007 | The 11th Hour | Produtor |
2007 | Gardener of Eden | Produtor |
2008–2010 | Greensburg | Producer |
2009 | Orfa | Produtor |
2011 | Carapuchiña Vermella, a quen tes medo? | Produtor |
2011 | The Ides of March | Produtor executivo |
2013 | Runner, Runner | Produtor |
2013 | Out of the Furnace | Produtor |
2013 | The Wolf of Wall Street | Produtor |
2014 | Virunga | Produtor executivo |
2014 | Cowspiracy | Produtor executivo |
Ano | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
2015 | Óscar ó mellor actor | The Revenant | Gañador |
2013 | Óscar ó mellor filme | The Wolf of Wall Street | Candidato |
2013 | Óscar ó mellor actor | The Wolf of Wall Street | Candidato |
2006 | Óscar ó mellor actor | Diamante de sangue | Candidato |
2004 | Óscar ó mellor actor | The Aviator | Candidato |
1993 | Óscar ó mellor actor secundario | What's Eating Gilbert Grape | Candidato |
Ano | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
2015 | Globo de Ouro ó mellor actor - Drama | The Revenant | Gañador |
2013 | Globo de Ouro ó mellor actor - Comedia ou musical | The Wolf of Wall Street | Gañador |
2012 | Globo de Ouro ó mellor actor secundario | Django Unchained | Candidato |
2011 | Globo de Ouro ó mellor actor - Drama | J. Edgar | Candidato |
2008 | Globo de Ouro ó mellor actor - Drama | Revolutionary Road | Candidato |
2006 | Globo de Ouro ó mellor actor - Drama | Blood Diamond | Candidato |
2006 | Globo de Ouro ó mellor actor - Drama | Infiltrados | Candidato |
2004 | Globo de Ouro ó mellor actor - Drama | The Aviator | Gañador |
2002 | Globo de Ouro ó mellor actor - Drama | Catch Me If You Can | Candidato |
1997 | Globo de Ouro ó mellor actor - Drama | Titanic | Candidato |
1993 | Globo de Ouro ó mellor actor secundario | What's Eating Gilbert Grape | Candidato |
Ano | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
2015 | Mellor actor | The Revenant | Candidato |
2011 | Mellor actor | J. Edgar | Candidato |
2006 | Mellor actor | Blood Diamond | Candidato |
2006 | Mellor actor secundario | Infiltrados | Candidato |
2004 | Mellor actor | The Aviator | Candidato |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.