filme estadounidense de 2006 dirixido por Martin Scorsese From Wikipedia, the free encyclopedia
Infiltrados[2] (en inglés: The Departed) é un filme de suspense dirixido por Martin Scorsese en 2006, gañador do Premio Oscar á mellor película na entrega número 79 dos premios da Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. Martin Scorsese recibiu o Oscar ó mellor director, Thelma Schoonmaker o Oscar á mellor montaxe e William Monahan o Oscar ó mellor guión adaptado, todos polo seu respectivo labor neste filme.
Infiltrados | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Departed |
Director | Martin Scorsese |
Produtor | Brad Pitt Brad Grey Graham King |
Guión | adaptado por William Monahan |
Baseado en | Mou gaan dou de Alan Mak & Felix Chong |
Intérpretes | Leonardo DiCaprio Matt Damon Jack Nicholson Mark Wahlberg Vera Farmiga Martin Sheen Ray Winstone Alec Baldwin |
Música | Howard Shore |
Fotografía | Michael Ballhaus |
Montaxe | Thelma Schoonmaker |
Estudio | Plan B Entertainment GK Films Vertigo Entertainment Media Asia Films |
Distribuidora | Warner Bros. Pictures |
Estrea | 2006 |
Duración | 151 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Suspense |
Orzamento | $90 000 000[1] |
Recadación | $289 847 354 |
Na rede | |
https://www.warnerbros.com/departed | |
Trátase do remake americano do aclamado filme hongkonés de 2002, Mou gaan dou (Wu jian dao), tamén coñecido coma Infernal Affairs.
The Departed está ambientada no sur de Boston, onde a policía estatal está en guerra co crime organizado. O Departamento de Policía de Massachussets enfróntase á maior banda de crime organizado da cidade e a estratexia consiste en acabar dende dentro co poderoso xefe da mafia Frank Costello (Jack Nicholson). O encargado de infiltrarse na súa banda é o novato Billy Costigan (Leonardo DiCaprio). Mentres Billy tenta gañar a confianza de Costello, outro mozo policía, Colin Sullivan (Matt Damon), ascende rapidamente e ocupa un posto na Unidade de Investigacións Especiais, grupo de elite que ten por misión acabar con Costello. Pero o que os seus superiores non saben é que Collin traballa para este.
Cada home é consumido profundamente pola súa dobre vida, reunindo información sobre os plans e as medidas en contra das operacións que penetrou. Pero cando os mafiosos e a policía se decatan de que teñen un espía entre eles, de súpeto Billy e Collin corren o perigo de seren capturados e expostos ó inimigo.
Categoría | Acode | Resultado |
---|---|---|
Mellor película | Gañadora | |
Mellor director | Martin Scorsese | Gañador |
Mellor guión adaptado | William Monahan | Gañador |
Mellor montaxe | Thelma Schoonmaker | Gañadora |
Mellor actor secundario | Mark Wahlberg | Nomeado |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.