rapeiro e actor estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Willard Carroll Smith II,[1] coñecido como Will Smith, nado en Filadelfia (Pensilvania) o 25 de setembro de 1968, é un rapeiro e actor de cinema e televisión estadounidense.
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Will Smith naceu e creceu no oeste de Filadelfia, fillo de Caroline Bright, unha administradora escolar quen traballou para o colexio infantil de Filadelfia, e Willard Christopher Smith, un mecánico de neveiras e refrixeradores. Os seus pais divorciáronse cando el tiña uns 13 anos. É o segundo de catro irmáns.
Smith iniciou a súa carreira rapeando no dúo de pop-rap DJ Jazzy Jeff & the Fresh Prince, creando temas humorísticos aptos para a radio comercial, como "Parents Just Don't Understand". Trasladaron o mesmo espírito humorístico aos seus vídeo-clips, nos que Smith, O príncipe do Rap, mostrou o seu carisma e vis cómica. En 1990 a cadea de televisión NBC contratouno e montou unha comedia de situación en torno a el, The Fresh Prince of Bel-Air (O príncipe de Bel-Air, en galego). Nela, interpreta a un personaxe chamado tamén Will Smith, e tamén interesado no rap. O seu compañeiro Jazzy Jeff, tivo aparicións menores en moitos dos episodios, co personaxe de Jazz. Outras figuras coñecidas participaron como invitados especiais, entre eles artistas de hip hop como Heavy D and the Boyz e Queen Latifah (que interpretou a dous personaxes diferentes).
Smith comezou unha exitosa carreira no cine de Hollywood coa película policíaca Bad Boys (1995), cuxa rodaxe puido compaxinar co de televisión. Cando a serie The Fresh Prince of Bel-Air rematou en 1996, Smith empezou a súa carreira musical como solista e seguiu en películas, interpretando ademais temas musicais para varias delas.
Pouco despois protagonizou películas destacables como Independence Day (1996), Men in Black e Homes de negro II (1997 e 2002, respectivamente), Ali (2001), pola que foi candidato ao Oscar ao mellor actor, I, Robot (2004), Hitch en 2005 , The Pursuit of Happyness e en 2006 e I Am Legend en 2007.
En 1992 casou coa actriz Sharee Zampino, coa que tivo un fillo, Willard Christopher III, tamén chamado Trey Smith. Divorciáronse en 1995. En 1997 casou coa actriz Jada Pinkett Smith, coa que tivo dous fillos: Jaden Smith (1998) e Willow Smith (2000).
Posúe xunto co seu irmán Harry a empresa Treyball Development Inc., chamada así en honor ao seu primeiro fillo "Trey".
O 2 de xullo de 2005, Smith exerceu de presentador do concerto Live 8 na súa Filadelfia natal, no que ademais rapeou xunto a Jazzy Jeff. Tamén produciu [of Us], un programa baseado libremente na súa vida persoal, cancelado en maio de 2007.
Tanto el como a súa esposa son amigos próximos de Tom Cruise e a súa esposa Katie Holmes, xerando rumores de que pertence á igrexa da Ciencioloxía. Aínda que el non o negou, declarou que considera revolucionarias algunhas das ideas desta relixión.
Ano | Filme | Papel | Notas |
---|---|---|---|
1990 | Saturday Morning Videos | Convidado | TV |
ABC Afterschool Special – "The Perfect Date" | Hawker | TV | |
O príncipe de Bel-Air | William "Will" Smith | TV (1990–1996) | |
1992 | Blossom | Fresh Prince | TV, Cameo, episodio 18 "I'm with the Band" |
Where the Day Takes You | Manny | ||
1993 | Made in America | Tea Cake Walters | |
Six Degrees of Separation | Paul | ||
1995 | Bad Boys | Detective Mike Lowrey | |
1996 | Independence Day | Capitán Steven "Steve" Hiller, USMC | MTV Movie Award ó mellor bico |
1997 | Men in Black | Axente J/James Darrell Edwards | MTV Movie Award á mellor liorta MTV Movie Award á mellor canción |
Happily Ever After: Fairy Tales for Every Child | Pinocchio | Serie de televisión; Episodio 14 da Segunda Tempada | |
1998 | Enemy of the State | Robert Clayton Dean | |
1999 | Torrance Rises | Cameo | |
Wild Wild West | Capitán James "Jim" West | ||
2000 | Welcome to Hollywood | El mesmo | |
The Legend of Bagger Vance | Bagger Vance | ||
2001 | Ali | Muhammad Ali | |
2002 | Homes de negro II | Axente J/James Darrell Edwards | |
Girlfriend by B2K | El mesmo | Vídeo musical | |
2003 | Bad Boys II | Detective Mike Lowrey | |
All of Us | Johnny | TV, 3 episodios (2003–2004); Creador/Produtor executivo | |
2004 | A Closer Walk | Narrador | Documental |
Jersey Girl | El mesmo | Cameo | |
American Chopper | El mesmo | TV, Cameo | |
I, Robot | Detective Del Spooner | Produtor | |
The Seat Filler | Produtor executivo; Filme independente | ||
Shark Tale | Oscar | Voz | |
2005 | There's a God on the Mic | Documental | |
Hitch | Alex "Hitch" Hitchens | Produtor | |
2006 | The Pursuit of Happyness | Chris Gardner | Produtor |
2007 | I Am Legend | Dr. Robert Neville | Produtor |
2008 | Hancock | John Hancock | Produtor |
Lakeview Terrace | Produtor | ||
The Secret Life of Bees | Produtor | ||
Seven Pounds | wowowowow | Produtor | |
2010 | The Karate Kid | Produtor | |
2012 | This Means War | Produtor | |
Men in Black 3 | Axente J/James Darrell Edwards | ||
2013 | After Earth | Cypher Raige | Tamén guionista e produtor |
2013 | Anchorman 2: The Legend Continues | ESPN anchor | Cameo |
2014 | Winter's Tale | Xuíz | |
2014 | Focus | Nicky Spurgeon |
Ano | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
2007 | Oscar ao mellor actor | The Pursuit of Happyness | Candidato |
2001 | Oscar ao mellor actor | Ali | Candidato |
Ano | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
2001 | Globo de Ouro ao mellor actor - Drama | Ali | Elixido |
1993 | Globo de Ouro ao mellor actor de serie de televisión - Musical ou comedia | O príncipe de Bel-Air | Nomeado |
1992 | Globo de Ouro ao mellor actor de serie de televisión - Musical ou comedia | O príncipe de Bel-Air | Nomeado |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.