American Chopper
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
American Chopper é unha serie de televisión en formato reality documental sobre a empresa familiar dos Teutul: Orange Country Chopper (OCC) que fabrica motos no estado de Nova York, condado de Orange. A serie é emitida por Discovery Channel e está producida por Pilgrim Films & Television.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2013.) |
Mikey (á esquerda), Senior e Paulie Teutul na presentación da "Patriot Chopper" | |
Xénero | Reality Show |
---|---|
Formato | Documental |
Intérpretes | Paul Teutul (pai) Paul Teutul (fillo) Michael Teutul (fillo) Rick Petko (metal) Jason Pohl (deseñador) Vincent DiMartino (mecánico) Jim "JQ" Quinn (técnico) Cody Connelly (bolseiro) Mike Ammirati (mecánico) |
País de orixe | Estados Unidos |
Lingua(s) | Inglés |
Temporadas | seis |
Episodios | 165 |
Produtor(es) | Pilgrim Films & Television |
Localización(s) | Newburgh, Nova York |
Duración | 42 minutos |
Distribuidor | Debmar-Mercury |
Canle de orixe | Discovery Channel (2003–2007) TLC (2008–2010) |
Formato de imaxe | 1080i (HDTV) |
Primeiro episodio | 31 de marzo de 2003 |
Derradeiro episodio | 11 de febreiro de 2010 |
Seguido por | American Chopper: Senior vs Junior |
Na rede | |
http://dsc.discovery.com/fansites/amchopper/amchopper.html | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A serie baséase na familia Teutul e a súa empresa Orange Country Chopper.
Nos inicios a empresa estaba formada tamén polo terceiro fillo de Teutul e era unha empresa metalúrxica. Esta empresa quedou no negocio do traballo co metal en xeral e fóra da serie aínda que ten aparecido nalgún dos episodios. OCC foi nos seus inicios un obradoiro de motos no garaxe de Teutul pai ao cal se foron incorporando máis persoas, algunhas das cales aparecen na serie e outras son só empregados do obradoiro e a tenda.
Nos inicios a produtora buscou varias empresas do sector. Pequenas empresas, coas que se rodaron episodios piloto. Ao final elixiron OCC. Como explicaron na produtora, OCC encaixaba como empresa familiar, a estética, o ambiente no traballo (dende o inicio con constantes liortas) e a personalidade de Teutul pai, un vello moteiro metido a empresario cheo de tatuaxes.
No primeiro episodio emitido xa se vía a constante tensión no traballo. E iso foi o que emitiron. Teutul pai ten contando como ao ver o primeiro episodio pensara en coller un avión e presentarse na produtora para mallar a alguén. A boa acollida da serie terminou xustificando o enfoque que foi aceptado polos que participan nela.
Esa constante tensión no traballo, a presión da produción, as viaxes por todo o mundo para promocionar o traballo deron co enfrontamento final entre Teutul pai e fillo. Tras botar os cámaras da empresa para discutir co seu pai e acusalo de quedar cos cartos da empresa (Teutul pai ten o 80% da empresa e o fillo o 20%) Teutul fillo deixou a empresa. Despois dun ano do fin da cláusula de non competencia, Paul fillo abriu a súa propia empresa de deseño de motocicletas en abril de 2010 (Paul Jr. Design). TLC emitiu unha sétima tempada titulada American Chopper: Senior vs Junior na que se amosan os deseños das dúas empresas e a competencia nalgún caso sucia entre elas.
Tempadas | Episodios | Primeira emisión | |
---|---|---|---|
Inicio | Final | ||
Pilotos e Especiais | 18 | 29 de setembro de 2002 | - |
Primeira | 15 | 31 de marzo de 2003 | 15 de decembro de 2003 |
Segunda | 23 | 14 de xaneiro de 2004 | 6 de decembro de 2004 |
Terceira | 20 | 31 de xaneiro de 2005 | 24 de outubro de 2005 |
Cuarta | 37 | 9 de xaneiro de 2006 | 18 de outubro de 2007 |
Quinta | 26 | 17 de xaneiro de 2008 | 30 de outubro de 2008 |
Sexta | 26 | 9 de abril de 2009 | 11 de febreiro de 2010 |
Total | 165 | 29 de setembro de 2002 | 11 de febreiro de 2011 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.