Remove ads
actor estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Walter Bruce Willis, nado en Idar-Oberstein, Alemaña, o 19 de marzo de 1955, é un actor estadounidense.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2022.) |
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Nado como Walter Bruce Willis nunha base militar estadounidense en Alemaña de pai americano e nai alemá. Foi o irmán máis vello de catro (tres nenos e unha nena), un dos cales, David Willis é produtor de cine. Creceu en Penns Grove, Nova Jersey onde demostrou ser un grande estudante, e onde tomou clases de teatro por primeira vez, que, non obstante, ó rematar os seus estudos secundarios non iría á universidade, senón que empezaría a traballar transportando traballadores nunha fábrica local, máis tarde como garda de seguridade nunha central eléctrica. E tamén tocando a harmónica cun grupo de R&B chamado Loose Goose. Máis tarde, botando en falla a actuación, estudou arte dramática na Universidade Estatal de Montclair, da cal marchou a Nova York para comezar a súa carreira de actor.
Fixo o seu debut no cine na película The First Deadly Sin (1980), non obstante o público empezou a fixarse nel cando interpretou un papel na serie de TV Miami Vice, o que lle serviu de trampolín para conseguir o papel protagonista na afamada serie da ABC Moonlight (1985-1989). E no ano 1988 cando conseguiu o papel de John McLane na película de acción Die Hard, que acabaría marcando a súa carreira, no que redefine o heroe de acción como un home vulnerable e case sempre á beira do erro. Máis tarde, no ano 1989, Willis explorou a súa parte cómica na película Mira quen fala.
No ano 1987 casa coa súa noiva, a tamén actriz Demi Moore, coa que tivo tres fillos antes do seu divorcio no ano 2000.
No ano 1990 Willis empeza un período de altibaixos, primeiro co fracaso de crítica e público The Bonfire of the Vanities (1990), seguido do grande éxito The Last Boy Scout (1991), e un novo fracaso con Hudson Hawk (1991). E tamén neste período cando Bruce Willis ofreceu dúas das súas mellores actuacións, primeiro en Mortal Thoughts (1991), na que compartiu protagonismo coa súa muller Demi Moore, e máis tarde con Billy Bathgate (1991), non obstante o público dálle as costas.
Tras esta fase de incerteza a fama de Willis parecía ir decrecendo, non obstante volveu dar mostra da súa calidade como actor no filme de 1994 Pulp Fiction, dirixido por Quentin Tarantino. Tras este éxito Willis parece atopar de novo o rumbo e sorprende coa súa interpretación na película 12 Monkeys (1995), na que compartiu protagonismo con Brad Pitt. Estas dúas películas pareceron ser un espellismo pois as súas seguintes películas deron pobre resultado tanto en público como en crítica.
Porén, Willis volveu demostrar ser un moderno Ave Fénix coa súa interpretación no grande éxito Armageddon (1998), que recadou 200 millóns de dólares, e despois coa película O sexto sentido (1999), que lle valeu o recoñecemento por parte da crítica.
Tras películas como A guerra de Hart (2002), Bágoas do sol (2003), e Sin City (2005), a carreira de Willis semellou gozar de boa saúde.
Ano | Título | Papel | Notas |
---|---|---|---|
1980 | The First Deadly Sin | Home entrando a comer | |
1982 | O veredicto | Courtroom Observer | Sen creditar |
1985 | A Guru Comes | Extra | Sen creditar |
1987 | Cita a cegas | Walter Davis | |
1988 | The Return of Bruno | Bruno Radolini | |
1988 | Sunset | Tom Mix | |
1988 | Die Hard | John McClane | |
1989 | That's Adequate | El mesmo | |
1989 | In Country | Emmett Smith | |
1989 | Mira quen fala | Mikey | Voz |
1990 | Die Hard 2 | John McClane | |
1990 | Mira quen fala tamén | Mikey | Voz |
1990 | The Bonfire of the Vanities | Peter Fallow | |
1991 | Mortal Thoughts | James Urbanski | |
1991 | Hudson Hawk | Eddie 'Hudson Hawk' Hawkins | Guionista |
1991 | Billy Bathgate | Bo Weinberg | |
1991 | O último Boy Scout | Joseph Cornelius 'Joe' Hallenbeck | |
1992 | The Player | El mesmo | |
1992 | Death Becomes Her | Dr. Ernest Menville | |
1993 | Loaded Weapon 1 | John McClane | |
1993 | Striking Distance | Tom 'Tommy' Hardy | |
1994 | North | Narrador | |
1994 | Color of Night | Dr. Bill Capa | |
1994 | Pulp Fiction | Butch Coolidge | Nomeado — Chlotrudis Award ó mellor actor secundario |
1994 | Nobody's Fool | Carl Roebuck | |
1995 | Die Hard with a Vengeance | John McClane | |
1995 | Four Rooms | Leo | |
1995 | 12 Monkeys | James Cole | |
1996 | O último home íntegro | John Smith | |
1996 | Beavis and Butt-Head Do America | Muddy Grimes | Voz |
1997 | Le Cinquième Élément | Korben Dallas | |
1997 | The Jackal | O chacal | |
1998 | Mercury Rising | Art Jeffries | |
1998 | Armageddon | Harry S. Stamper | Nomeado ó Saturn Award ó mellor actor |
1998 | The Siege | Xeneral William Devereaux | |
1999 | Franky Goes to Hollywood | El mesmo | |
1999 | Breakfast of Champions | Dwayne Hoover | |
1999 | O sexto sentido | Dr. Malcolm Crowe | Nomeado ó Saturn Award ó mellor actor |
1999 | Historia do noso | Ben Jordan | |
2000 | The Whole Nine Yards | Jimmy "The Tulip" Tudeski | |
2000 | Disney's The Kid | Russell 'Russ' Duritz | |
2000 | Unbreakable | David Dunn | |
2001 | Bandits | Joe Blake | |
2002 | A guerra de Hart | Coronel William A. McNamara | |
2002 | Grand Champion | Mr. Blandford | |
2003 | Bágoas do sol | Tenente A.K. Waters | |
2003 | Rugrats Go Wild | Spike | Voz |
2003 | Charlie's Angels: Full Throttle | William Rose Bailey | |
2004 | The Whole Ten Yards | Jimmy "The Tulip" Tudeski | |
2004 | Ocean's Twelve | El mesmo | |
2005 | Hostage | Jeff Talley | Tamén produtor |
2005 | Sin City | John Hartigan | |
2006 | Alpha Dog | Sonny Truelove | |
2006 | 16 Blocks | Jack Mosley | Tamén produtor |
2006 | Fast Food Nation | Harry Rydell | |
2006 | Lucky Number Slevin | Mr. Goodkat | |
2006 | Over The Hedge | RJ | Voz |
2007 | The Astronaut Farmer | Coronel Doug Masterson | |
2007 | Perfect Stranger | Harrison Hill | |
2007 | Grindhouse | Tte. Muldoon | |
2007 | Nancy Drew | El mesmo | |
2007 | Live Free or Die Hard | John McClane | Tamén produtor. |
2008 | What Just Happened | El mesmo | |
2008 | Assassination of a High School President | Director Kirkpatrick | |
2009 | Surrogates | Axente Tom Greer | |
2010 | Vaia dous policías | Jimmy Monroe | |
2010 | The Expendables | Mr. Church | |
2010 | Red | Frank Moses | |
2011 | Catch .44 | Mel | |
2011 | The Black Mamba | Mr. Suave | Curtametraxe |
2012 | Lay the Favorite | Dink Heimowitz | |
The Cold Light of Day | Martin Shaw | ||
Moonrise Kingdom | Captain Sharp | ||
The Expendables 2 | Mr. Church | ||
Looper | Old Joe | ||
Fogo cruzado | Mike Cella | Directo ao vídeo | |
2013 | A Good Day to Die Hard | John McClane | |
G.I. Joe: Retaliation | General Joseph Colton | ||
Red 2 | Frank Moses | ||
2014 | Sin City: A Dame to Kill For | John Hartigan]] | |
The Prince | Omar | Directo ao vídeo | |
2015 | Vice | Julian Michaels | Directo ao vídeo |
Rock the Kasbah | Bombay Brian | ||
Extraction | Leonard Turner | Directo ao vídeo | |
2016 | Precious Cargo | Eddie Pilosa | Directo ao vídeo |
Marauders | Jeffrey Hubert | Directo ao vídeo | |
Split | David Dunn | Cameo sen acreditar | |
2017 | Once Upon a Time in Venice | Steve Ford | Directo ao vídeo |
First Kill | Marvin Howell | Directo ao vídeo | |
2018 | Acts of Violence | Detective James Avery | Directo ao vídeo |
Death Wish | Paul Kersey | ||
Reprisal | James | Directo ao vídeo | |
Air Strike | Jack | Directo ao vídeo | |
2019 | Glass | David Dunn | |
The Lego Movie 2: The Second Part | El mesmo | Cameo | |
Motherless Brooklyn | Frank Minna | ||
10 Minutes Gone | Rex | Directo ao vídeo | |
Trauma Center | Lt. Steve Wakes | Directo ao vídeo | |
2020 | Survive the Night | Frank Clark | Directo ao vídeo |
Hard Kill | Donovan Chalmers | Directo ao vídeo | |
Breach | Clay Young | Directo ao vídeo | |
2021 | Cosmic Sin | James Ford | Directo ao vídeo |
Out of Death | Jack Harris | ||
Midnight in the Switchgrass | Karl Helter | ||
Survive the Game | David | Directo ao vídeo | |
Apex | Thomas Malone | ||
Deadlock | Ron Whitlock | ||
Fortress | Robert | ||
2022 | American Siege | Ben Watts | |
Gasoline Alley | Detective Freeman |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bruce Willis |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.