A guerra de Hart

filme de 2002 dirixido por Gregory Hoblit From Wikipedia, the free encyclopedia

A guerra de Hart (en inglés: Hart's War) é un filme estadounidense de 2002 dirixido por Gregory Hoblit. O filme está ambientado nun campo de prisioneiros de guerra durante a segunda guerra mundial, e baséase na novela de John Katzenbach. Está protagonizado por Bruce Willis, no papel do Coronel William McNamara, e Colin Farrell como o Tenente Thomas Hart. No elenco tamén están presentes Terrence Howard, Cole Hauser e Marcel Iureş. Foi rodado en Barrandov Studios en Praga, e estreouse o 15 de febreiro de 2002. O filme tivo valoracións dispares da crítica mais foi un fracaso en recadación, conseguindo 33,1 millóns de dólares sobre un orzamento de 70 millóns.

Datos rápidos Ficha técnica, Título orixinal ...
A guerra de Hart
Ficha técnica
Título orixinalHart's War
DirectorGregory Hoblit
Produtor
  • Wolfgang Glattes
  • Gregory Hoblit
  • David Ladd
  • Arnold Rifkin
Guión
  • Billy Ray
  • Terry George
Baseado enHart's War
de John Katzenbach
Intérpretes
MúsicaRachel Portman
FotografíaAlar Kivilo
MontaxeDavid Rosenbloom
EstudioMetro–Goldwyn–Mayer
DistribuidoraMGM Distribution Co. (USA)
20th Century Fox (Internacional)[1]
Estrea15 de febreiro de 2002
Duración125 minutos
Orixe Estados Unidos
XéneroDrama e suspense
Orzamento70 millóns de dólares[2]
Recadación33,1 millóns de dólares[2]
Na rede
Filmaffinity: 544129 Allocine: 28921 Mojo: hartswar TCM: 431222 TV.com: movies/harts-war
Pechar

Personaxes

  • Bruce Willis como Coronel William McNamara
  • Colin Farrell como Tenente Thomas Hart
  • Terrence Howard como Tenente Lincoln Scott
  • Cole Hauser como Sarxento Vic Bedford
  • Marcel Iureş como Oberst Werner Visser
  • Linus Roache como Capitán Peter Ross
  • Vicellous Reon Shannon como Tenente Lamar Archer
  • Jonathan Brandis como soldado Lewis P. Wakely (escenas eliminadas)
  • Maury Sterling como soldado de primeira clase Dennis A. Gerber
  • Sam Jaeger como Capitán R. G. Sisk
  • Scott Michael Campbell como Comandante Joe Cromin
  • Rory Cochrane como Sarxento Carl Webb
  • Sebastian Tillinger como Soldado Bert D. "Moose" Codman
  • Rick Ravanello como Maior Joe Clary
  • Adrian Grenier como soldado Daniel E. Abrams
  • Sam Worthington como Comandante B.J. 'Depot' Guidry
  • Holger Handtke como Maior Johann Wirtz

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.