From Wikipedia, the free encyclopedia
Mercury Rising é un filme estadounidense dirixido por Harold Becker que se estreou en 1998. Está protagonizado por Bruce Willis e Alec Baldwin. O argumento baséase nunha novela de Ryne Douglas Pearson titulada Simple Simon. Willis interpreta a Art Jeffries, un axente do FBI que protexe un neno de nove anos con autismo que é perseguido por asasinos do goberno por ter descifrado un código secreto.
Mercury Rising | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Mercury Rising |
Director | Harold Becker |
Produtor | Brian Grazer Karen Kehela |
Guión | Lawrence Konner Mark Rosenthal |
Baseado en | Novela de Ryne Douglas Pearson |
Intérpretes | Bruce Willis Alec Baldwin Miko Hughes Chi McBride Kim Dickens |
Música | John Barry |
Fotografía | Michael Seresin |
Montaxe | Peter Honess |
Estudio | Imagine Entertainment |
Distribuidora | Universal Pictures |
Estrea | 3 de abril de 1998 |
Duración | 111 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Suspense |
Orzamento | $60 000 000 |
Recadación | $93 107 289 |
Na rede | |
Art Jeffries é un axente do FBI bastante insolente cos seus superiores, razón pola cal lle asignan as escoitas telefónicas. Un día, encárganlle a investigación do caso dun neno desaparecido, cuxos pais foron asasinados. Cando o atopa, resulta ser un autista de nove anos que ten unha prodixiosa capacidade para interpretar códigos do goberno teoricamente indescifrables.
A película tivo un orzamento duns 60.000.000$, e conseguiu uns 10.104.715$ na súa primeira fin de semana en 2.386 salas. En total, a película recadou en total 93.107.289$, dos que 32.935.289 foron nos Estados Unidos e 60.172.000 no resto do mundo.[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.