Salma Hayek
actriz mexicana From Wikipedia, the free encyclopedia
actriz mexicana From Wikipedia, the free encyclopedia
Salma Valgarma Hayek-Jiménez, nada en Coatzacoalcos (Veracruz) o 2 de setembro de 1966[1], é unha actriz mexicana, máis coñecida como Salma Hayek. Nomeada ós Premios Oscar da Academia como mellor actriz pola súa interpretación en Frida.
Os seus pais son o político e home de negocios Sami Hayek Dominguez, e a cantante de ópera Diana Jiménez. De pequena estudou en Luisiana (Estados Unidos de América) e viviu en Texas. De regreso a México estudou Relacións Internacionais, pero deixou os seus estudos universitarios polos de actuación.
O seu primeiro traballo artístico foi na obra Aladino e a lámpada marabillosa, onde a viu un produtor de televisión que lle ofreceu un papel na súa primeira telenovela Un Nuevo Amanecer en Televisa. A súa impactante beleza causou que o seu segundo papel fóra de protagonista na telenovela Teresa, que foi un grande éxito.
Malia ese grande éxito, decidiu deixalo todo en México e volver empezar nos Estados Unidos. Estudou interpretación nos Ánxeles (California) e obtivo pequenos papeis nalgunhas películas menores e programas de televisión por cable. O seu primeiro gran papel foi na película Desperado con Antonio Banderas. O director da película, Robert Rodríguez, elixiuna para actuar de novo con Bandeiras en Four Rooms, Spy Kids e a secuela de Desperado (O mexicano, ademais de Aberto ata o amencer con George Clooney. Actuou noutras películas con Penélope Cruz, Mike Myers, Will Smith, Matt Damon, Pierce Brosnan e a súa parella por varios anos, Edward Norton.
En 2002 presentouse a súa película Frida sobre a pintora mexicana Frida Kahlo, o traballo de varios anos da súa compañía de produción (Ventana Rosa) resultou nomeada en 6 categorías dos Oscar incluíndo Mellor Actriz para Hayek. O filme obtivo 2 premios (Maquillaxe e Música Orixinal).
Desde 2004 o seu rostro é o estandarte de Avon, anteriormente fixo a mesma función para Revlon en 1998. Ademais é considerada unha das actrices mellor vestidas de Hollywood.
En marzo de 2007 dáse a coñecer que está embarazada e comprometida co empresario francés François-Henri Pinault, cuxa firma é propietaria de Gucci e Yves Saint Laurent.
Ano | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
2003 | Oscar á mellor actriz | Frida | Candidata |
Ano | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
2003 | Globo de Ouro á mellor actriz - Drama | Frida | Candidata |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.